Carlos VIII de Francia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
Liña 29:
Este acordo levouse a cabo a pesar de estar xa prometido Carlos VIII con Margarita de Austria, porén os por aquel entón rexentes estableceron como prioridade anexionar o ducado. A pesar de todo Austria interpuxo protestas xa que legalmente Ana da Bretaña xa estaba casada, con [[Maximiliano I de Habsburgo|Maximiliano I de Austria]], aínda que non chegara a consumarse, polo que as protestas non prosperaron. A [[voda]] levouse a cabo en [[Langeais]] o [[6 de decembro]] de [[1491]].
 
Exiliados [[Italia|italianositalia]]nos na corte francesa animaron ao rei Carlos VIII a intervir nas loitas intestinas que vivía o país, dividido en diferentes principados. Así reivindicou os seus dereitos de herdanza sobre o [[Reino de Nápoles]] adquiridos a través da súa avoa [[María de Anjou]], e entrando en disputa así con [[Fernando II de Aragón]].
 
Tras acordos territoriais e económicos co [[Imperio austríaco]] e [[Inglaterra]] para contar coa súa non intervención, entrou en Italia con 30.000 homes en agosto de [[1494]]. En [[1495]] conquistou Nápoles pero foi derrotado polas tropas de [[Gonzalo Fernández de Córdoba]], baixo cuxo mando directo se atopaba o nobre galego [[Fernando de Andrade e Pérez das Mariñas]], [[Conde de Andrade]].