Enrique Tierno Galván: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios
Liña 9:
Foi procesado en [[1957]] polas súas actividades políticas. En agosto de [[1965]] foi expulsado da universidade por apoiar as protestas estudantís en contra da ditadura franquista, xunto cos profesores universitarios [[José Luis López Aranguren]] e [[Agustín García Calvo]]. En [[1966]] trasládase aos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] onde foi profesor na [[Universidade de Princeton]] ([[1966]]-[[1967]]). Afiliado ó [[PSOE]] (Partido Socialista Obrero Español) na clandestinidade, e expulsado despois por diferenzas doutrinais, ó volver a [[España]], en [[1968]], funda o [[Partido Socialista del Interior]] (PSI), que posteriormente, en [[1974]], pasou a chamarse [[Partido Socialista Popular (España)|Partido Socialista Popular]] (PSP). Ese mesmo ano, xunto ó [[Partido Comunista de España]] (PCE), o [[Partido del Trabajo de España]] (PTE), o [[Partido Carlista (1970)|Partido Carlista]] (PC) e numerosas personalidades independentes, formaría a [[Xunta Democrática de España]] (XDE).
 
Morto [[Francisco Franco]] en [[1975]], ó ano seguinte foi reposto na súa cátedra. Nas primeiras eleccións democráticas, o [[15 de xuño]] de [[1977]], obtivo a acta de deputado por [[Madrid]], nas listas do PSP (o PSP obtivo en ditas eleccións seis deputados), pero rematou por integrar o seu partido no PSOE, do que foi elixido presidente de honra (abril de [[1978]]). Nas primeiras eleccións municipais da democracia (abril de [[1979]]) preséntase á alcaldía de [[Madrid]]. Aínda que o seu partido non é o máis votado (foi a [[UCD]]), unha coalición co PCE dálle a alcaldía. É reelixido, tamén co apoio do PCE nas eleccións de maio de [[1983]]. Permaneceu no cargo ata o seu pasamento en xaneiro de [[1986]]. Durante os case que sete anos de mandato, levou a fin importantes reformas, alcanzando unha grande popularidade. Escribiu un interesante libro de memorias, ''Cabos sueltos'' (1981), nunha prosa culta e irónica excelente. Porén, os seus adversarios acusárono de desfigurar a súa propia traxectoria.
 
Aínda así, gañou o agarimo dos madrileños cos seus humorísticos e ben escritos Bandos municipais e con iniciativas que coidaban os detalles pequenos como devolver os parrulos ó [[río Manzanares]] e as flores ós parques públicos, incluso entre a xente nova, ó apoiar a chamada [[Movida madrileña]]. O seu enterro, o día [[21 de xaneiro]], converteuse nunha das concentracións máis numerosas ocorridas na capital de [[España]].
Liña 29:
Ademais foi o encargado de redactar o preámbulo da [[Constitución española de 1978]].
 
{{ORDENAR:Tierno Galvan, Enrique}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Tierno Galvan, Enrique}}
[[Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados]]
[[Categoría:Alcaldes de Madrid]]