Donicela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 27:
| range_map_caption = Distribución de ''Mustela nivalis''
}}
A '''donicela'''<ref>{{DRAG|donicela}}</ref> (''Mustela nivalis''), tamén coñecida como '''doniña'''<ref>{{DRAG|doniña}}</ref>, '''denociña'''<ref>{{DRAG|denociña}}</ref>, '''garridiña''' <ref>{{DRAG|garridiña}}</ref> ou '''saltaparedes'''<ref>{{DRAG|saltaparedes}}</ref>, é un animal [[mamífero]], membro da familia [[Mustelidae]] moi semellante ao [[armiño]] (''Mustela erminea'') o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o [[mustélido]] máis pequeno. Prefire as paisaxes abertas, os campos, praderías, lindes dos [[bosque]]s e terreos baldíos invadidos pola maleza. É un animal bastante común, que se alimenta sobre todo de pequenos [[roedor]]es, aos que persegue ata nos seus [[tobo]]s, debido á súa delgadez.
 
As donicelas poden presentar sorprendentes variacións de tamaño. Estas débense, por unha banda, ao [[dimorfismo sexual]], xa que as femias son bastante máis pequenas que os machos e, por outra, á existencia nas poboacións de individuos de tamaño moi reducido, considerados ata hai pouco como pertencentes a unha especie autónoma.
Liña 49:
A donicela é quen de curarse da picadura dunha [[víbora]]. Para iso busca unha herba chamada ''saramago'', sobre a que se refrega e come algunhas follas, curando completamente.
== Nomes en galego ==
A donicela recibe en galego múltiples nomes, donicela e as súas variantes derivan de dona, aínda que se perdeu a identificación coa orixe etimolóxica, o que se manifesta na gran cantidade de formas deturpadas<ref>[http://www.culturaspopulares.org/textos2/articulos/acunagarrosa.pdf Ana Acuña e José Luis Garrosa “Os nomes dos animais, das doenzas e doutros elementos relacionados coas crenzas en
Galicia: estudo comparativo”] ''Culturas Populares'' nº 2 (maio-agosto 2006)</ref> Derivadas de dona: '''adelociña''', '''delonciña''', '''delosiña''', '''delunciña''', '''denidela'''<ref>Recollida en Hermisende (Zamora): Luis Cortés Vázquez (1954) ''El dialecto galaico-portugués hablado en Lubián (Zamora). Toponimia, textos y vocabulario'' Universidad de Salamanca</ref>, '''denociña''', '''denosiña''', '''denosiña''', '''denouciña''', '''denuciña''', '''denunciela''', '''denunciña''', '''dernicela''', '''dinicela''', '''dinoncela''', '''dinucela''', '''dinuciña''', '''dolosiña''', '''dona''', '''dona das paredes''', '''dondicella'''<ref>Recollido en Boal: Menédez Pidal ''Orígenes del español'', p. 401</ref>, '''donexina''', '''donicella'''<ref>Recollido en Boal: Menédez Pidal ''Orígenes del español'', p. 401</ref>, '''donidela'''<ref>Recollida en Calabor (Zamora) Luis Cortés Vázquez (1954): ''El dialecto galaico-portugués hablado en Lubián (Zamora). Toponimia, textos y vocabulario'' Universidad de Salamanca</ref>, '''doniña''', '''donirla''', '''donisela''', '''donociña''', '''donosiña''', '''donuciña''', '''dunicela''', '''durusiña'''<ref>[http://www.anosafala.com/wp-content/uploads/2014/05/TIT-léxico.pdf Arantxa Román Domínguez "Contribución ao léxico do galego exterior. O Val do Río Ellas (Cáceres)"]</ref> ou '''gunicela'''. Relacionada coas anteriores está a forma '''dama das paredes'''.<ref>Recollida en Pías (Zamora) Luis Cortés Vázquez (1954) ''El dialecto galaico-portugués hablado en Lubián (Zamora). Toponimia, textos y vocabulario'' Universidad de Salamanca</ref> Mais tamén recibe nomes de orixes diferentes como '''farridiña''', '''feiticeira''', '''galana''', '''galaniña''', '''garridiña''', '''pombiña''', '''listiña''', '''lusiña das paredes''', '''preciosiña''' ou '''ruliña'''.
 
Non existe en galego derivado ningún do ''mustela'' latino malia incluír [[Xoán Cuveiro Piñol|Cuveiro]] mustela no seu [[Diccionario gallego|dicionario]], non se rexistrou en ningunha recollida léxica.<ref>Emilio Montero "El eufemismo en Galicia. Su comparación con otras áreas romances" ''Verba'' Anexo: 17-18, p.156</ref>
 
== Notas ==