Abrir o menú principal

Cambios

Na súa maioría, os comandantes británicos non tiñan gran consideración por Patton. O mariscal de campo [[Alan Brooke]] escribiu en xaneiro de 1943:
 
{{Cita|"Tiña oído falar del, pero debo confesar que a súa brava personalidade excedeu as miñas expectacións. Non me formei unha grangrande opinión del, nin tiven motivos para alterar esta visión en datas posteriores. Un líder galanteador, valente, bravo e pouco balanceado, bo para operacións que requiren impulso e empuxe pero sen saber que facer en calquera operación que requira talento e xuízo."|Tradución do orixinal{{sfn|D'Este|1995|p=451}}}}
 
Unha posible excepción foi o mariscal de campo [[Bernard Montgomery]]. Malia que a súa rivalidade con Patton foi ben coñecida, Montgomery aparentemente admiraba a capacidade de Patton para comandar as tropas no campo de batalla, mais non o seu xuízo estratéxico.{{sfn|D'Este|1995|p=549}} Outros comandantes aliados amosáronse máis impresionados con Patton. O xeneral da [[Francia Libre]] [[Henri Giraud]] quedou incrédulo cando se decatou de que Eisenhower destituíra a Patton a finais de 1945, e invitouno a París para recibir a condecoración por parte do presidente [[Charles de Gaulle]] nun banquete de estado. O presidente de Gaulle deu un discurso no que comparou os logros de Patton ós de [[Napoleón I de Francia|Napoleón]].{{sfn|Blumenson|1974|p=801}} O líder soviético [[Iosif Stalin]] tamén tiña unha boa consideración por Patton, afirmando que o [[Exército Vermello]] non podería ter planeado ou executado un avance blindado tan rápido a través de Francia.{{Sfn|Hirshson|2003|p=562}}
Mentres que as opinións dos líderes Aliadosaliados sobre as capacidades de Patton eran mixtas, o Alto Mando Alemán expresou un maior respecto por el.{{sfn|Axelrod|2006|p=127}} [[Adolf Hitler]] chegou a chamarlle "ese tolo xeneral vaqueiro".{{sfn|D'Este|1995|p=815}} [[Erwin Rommel]] acreditouno pola execución do "logro máis asombroso na guerra mecanizada".{{Sfn|Brighton|2009|p=xvii}} [[Alfred Jodl]], xefe de persoal do Exército Alemán, afirmou que Patton "era o [[Heinz Guderian|Guderian]] americano. Era moi valente e prefería os grandes movementos. Correu grandes riscos e acadou grandes éxitos."{{sfn|D'Este|1995|p=815}} [[Albert Kesselring]] declarou que "Patton desenvolveu a guerra blindada ata o punto da arte, e comprendeu como manexar os tanques no campo de batalla de forma brillante", comparando as súas capacidades neste aspecto coas de Rommel.{{sfn|D'Este|1995|p=815}} O mariscal de campo [[Gerd von Rundstedt]], nunha entrevista para o diario ''[[Stars and Stripes]]'' xusto despois da súa captura, dixo soamente de Patton: "É o mellor que tedes".{{sfn|Axelrod|2006|p=1}}
 
== Galería de imaxes ==
27.384

edicións