George S. Patton: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m →‎Imaxe: vós neste caso. Por exemplo, "Non vos tería solicitado isto se non fose que..." é distinto que "Todo o mundo ten a mirada posta en vós".
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Imaxe: Arranxos
Liña 224:
Patton cultivou de forma deliberada unha imaxe ostentosa e distintiva considerando que así inspiraría as súas tropas. Levaba consigo un revólver [[Colt Single Action Army]] do calibre .45 prateado cunha empuñadura de marfil gravada, na cadeira dereita, e habitualmente levaba tamén un [[Smith & Wesson Modelo 27]] do calibre .357 cunha empuñadura de marfil na súa cadeira esquerda.{{sfn|Zaloga|2010|p=9}}{{sfn|Brighton|2009|p=xvi}} Adoitaba levar un casco moi pulido, pantalóns de montar e botas altas de cabalería.{{Sfn|D'Este|1995|p=478}} Así mesmo, poñía unha expresión seria que el mesmo chamaba a súa "cara de guerra".{{sfn|Lovelace|2014|p=110}} Adoitaba supervisar as manobras de adestramento subido a un tanque pintado de vermello, branco e azul, e o seu [[jeep]] levaba uns grandes indicadores de rango diante e atrás. Patton propuxo un novo uniforme para os emerxentes Corpos de Tanques, que incluía botóns pulidos, un casco dourado e traxes grosos e escuros. Os medios ridiculizaron esta proposta denominándoa "A avéspora verde", e o Exército rexeitouna.{{sfn|Axelrod|2006|pp=77–79}}
 
O historiador [[Alan Axelrod]] escribiu que "para Patton, o liderado non consistía simplemente en facer plans e dar ordes, consistía en transformarse un mesmo nun símbolo".{{sfn|Axelrod|2006|pp=80–82}} Patton expresou de forma intencionada un desexo evidente de gloria, algo atípico nos corpos de oficiais da época, algo que reforzaba mesturándose coas tropas no campo de batalla. Era admirador do almirante [[Horatio Nelson]] polas súas accións liderando a [[batalla de Trafalgar]] nun uniforme de gala completo.{{sfn|Axelrod|2006|pp=80–82}} A valentía das tropas supoñía unha preocupación para Patton,{{sfn|Axelrod|2006|pp=14–15}} levando as súas insignias de rango de forma notable durante o combate. Nunha ocasión durante a [[Primeira Guerra Mundial]] avanzou subido na parte superior dun tanque cara a unha vila controlada polos alemáns, procurando inspirar ósos homes baixo o seu mando.{{sfn|Axelrod|2006|pp=54–55}} Era un [[fatalismo|fatalista]] devoto,{{sfn|Axelrod|2006|p=4}} e cría na [[reencarnación]], chegando a afirmar que nunha vida pasada podería ter sido un líder militar do exército de [[Napoleón]] falecido en combate, ou un [[lexionario]] [[Imperio Romano|romano]].{{sfn|Axelrod|2006|pp=11–12}}{{sfn|Brighton|2009|pp=36–37}} En marzo de 1944 adquiriu un can de raza [[Bull terrier]], ó que chamou "Willie" por [[Guillerme I de Inglaterra]] e que o acompañaba en tódalas súas viaxes.<ref>{{Cita novas|url=http://www.dailymail.co.uk/news/article-2240750/Dogs-War-How-canines-helped-FDR-Patton-Eisenhower-win-Second-World-War.html|título=Dogs of War: How canines helped FDR, Patton and Eisenhower win the Second World War|nome=Leslie|apelidos=Larson|data=30 November 2012|xornal=DayliMail|url-arquivo=https://web.archive.org/web/20121201065143/http://www.dailymail.co.uk/news/article-2240750/Dogs-War-How-canines-helped-FDR-Patton-Eisenhower-win-Second-World-War.html|data-arquivo=1 de decembro de 2012|deadurl=no}}</ref><ref>{{Cita novas|título=The tales of Fala, Willie and Telek|xornal=WND|url=http://www.wnd.com/2012/11/the-tales-of-fala-willie-and-telek/|data=26 de novembro de 2012|url-arquivo=https://web.archive.org/web/20160205135841/http://www.wnd.com/2012/11/the-tales-of-fala-willie-and-telek/|data-arquivo=5 de febreiro de 2016|deadurl=no}}</ref>
 
Desenvolveu unha grangrande habilidade para dar discursos carismáticos, en parte polas súas dificultades coa lectura.{{sfn|Axelrod|2006|pp=67–68}} Usaba palabras malsoantes nos seus discursos, o que habitualmente resultaba ofensivo para outros xenerais, incluíndo Bradley, pero que encaixaba ben entre as tropas.{{sfn|D'Este|1995|p=578}} Os máis famosos foron unha serie de discursos perante o 3º Exército antes da Operación Overlord.{{sfn|Axelrod|2006|pp=130–131}} Cando falaba facíao con franqueza e ocorrencia. Nunha ocasión dixo: "As dúas armas máis perigosas que teñen os alemáns son os nosos propios [[semi-eiruga]]s e jeeps. Os semi-eirugas porque os rapaces neles póñense en plan heroico, pensando que van nun tanque. Os jeeps porque temos demasiados condutores espantosos".<ref name="Evans">{{Cita libro|apelidos=Evans |nome=Colin |título=Great feuds in history : ten of the liveliest disputes ever |editorial=John Wiley and Sons |lugar=Nova York |ano=2001 |isbn=0-471-38038-5|pp=151–168}}</ref> Durante a batalla das Ardenas afirmou que os Aliados deberían "deixar que os fillos de puta [alemáns] vaian todo o camiño ata París, entón cortariámolos e arrodeariámolos".<ref name="Evans"/> Tamén chegou a facer unha broma dicindo que o seu 3º Exército sería capaz de "facer retroceder ósos británicos cara ó mar para outro [[Batalla de Dunquerque|Dunquerque]]".<ref name="Evans"/>
 
[[Ficheiro:Patton's .357 revolver.jpg|miniatura|esquerda|O [[Smith & Wesson Modelo 27]] do calibre .357 de Patton]]
Segundo foi medrando o interese dos medios por Patton, a súa franqueza provocou controversias. Comezando en África do Norte, varios reporteiros informaron que estaba a achegarse demasiado a antigos oficiais da [[Francia de Vichy]] simpatizantes do [[Potencias do Eixe|Eixe]].{{sfn|Lovelace|2014|p=111}} A súa imaxe pública resultou máis danada cando se fixo público os dous incidentes das labazadas ós seus soldados.{{sfn|Lovelace|2014|p=113}} Nunha visita ós Estados Unidos trala guerra saltou de novo ós titulares da prensa cando nun discurso tentou honrar os veteranos de guerra feridos chamándoos "os verdadeiros heroes", ofendendo desta forma sen intención ásas familias dos soldados que faleceran en combate.{{sfn|Axelrod|2006|pp=163–164}} O seu último escándalo nos medios tivo lugar en setembro de 1945, cando acosado por varios reporteiros declarou que "a desnazificación sería como eliminar tódolos republicanos e os demócratas que teñen un cargo, que tiveron un cargo público ou que foran case demócratas ou republicanos, e iso levaría un tempo". Isto provocou que Eisenhower destituíse a Patton do mando do 3º Exército.{{sfn|Lovelace|2014|p=117}}
 
Como líder era coñecido por ser moi crítico, corrixindo os seus subordinados sen piedade pola menor das infraccións, pero tamén era rápido para loar os seus logros.{{sfn|Axelrod|2006|pp=77–79}} Malia ter unha reputación como xeneral impaciente e impulsivo, con pouca tolerancia ós oficiais que non conseguían éxitos, só destituíu a un xeneral durante a Segunda Guerra Mundial, [[Orlando Ward]], e fíxoo tras dúas advertencias.{{sfn|D'Este|1995|pp=467–468}} Considerábase que Patton tiña un gran respecto polos homes servindo baixo o seu mando, en particular os feridos en combate.{{sfn|Atkinson|2007|p=147}} Moitas das súas directivas tiñan unha consideración especial no coidade dos homes baixo o seu mando, e adoitaba conseguir subministracións adicionais para os soldados do campo de batalla, incluíndo mantas, calcetíns, botas e outros obxectos habitualmente escasos na fronte de guerra.{{sfn|Wallace|2000|p=97}}
 
A súa visión da raza foi complicada e habitualmente negativa, probablemente pola súa orixe e raíces familiares no [[Estados Confederados de América|sur de Estados Unidos]].{{sfn|Brighton|2009|p=18}} Sobre os soldados de [[raza negra]] escribiu: "Individualmente eran bos soldados, pero comentei a miña crenza naquel entón, e nunca vin necesario cambiala, de que un soldado de cor non pode pensar suficientemente rápido para loitar nun blindado".<ref>{{Cita libro|apelidos=Patton |nome=George S. |título=War as I Knew It |editorial=Houghton Mifflin Co.|ano=1947 |isbn=978-1-4193-2492-5|p=60}}</ref> Non obstante, tamén declarou que os feitos eran máis importantes para el que a raza ou a afiliación relixiosa: "Impórtame un carallo quen é o home. Pode ser un ''negrata'' ou un xudeu, pero se ten o que hai que ter e cumpre o seu deber, pode quedar con todo o que teño".{{sfn|Hirshson|2003|p=864}} O historiador Hugh Cole destacou que Patton foi o primeiro en integrar a soldados brancos e negros nas compañías de fusileiros.{{sfn|D'Este|1995|p=726}} Nun discurso perante o 761º Batallón de Tanques declarou:
 
{{Cita|"Homes, sodes os primeiros soldados de tanques negros en loitar no Exército Americano. Non vos tería solicitado se non fósedes bos. Eu só teño o mellor no meu exército. Non me importa de que cor sexades, mentres que vaiades aló arriba e matedes a eses fillos de puta de cabezas cadradas! Todo o mundo ten a mirada posta en vós e espera grandes cousas de vós. Por riba de todo, a vosa raza está expectante por vós. Non os decepcionedes e, malditos sexades, non me decepcionedes a min!".|Tradución do orixinal{{sfn|D'Este|1995|p=726}}}}
 
Con respecto ós soviéticos, Patton declarou estar impresionado coa [[Unión Soviética]], pero menosprezaba ósos rusos tachándoos de "borrachos sen consideración pola vida humana".{{sfn|D'Este|1995|p=739}} Nos últimos anos da súa vida comezou tamén a expresar sentimentos de antisemitismo e [[anticomunismo]], como resultado das súas habituais controversias coa prensa.{{sfn|Axelrod|2006|pp=165–166}}
 
=== Visión doutros líderes Aliados e do Eixe ===