Francisco de Aguiar Seijas e Ulloa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 19:
Foi fillo de [[Alonso Vázquez de Seixas e Lobeira]], rexedor perpetuo de Betanzos, e de Mariana de Ulloa. Estudou nas universidades de [[USC|Santiago de Compostela]] e de [[Universidade de Salamanca|Salamanca]], chegando a ser reitor da primeira entre [[1668]] e [[1674]].
 
O [[20 de agosto]] de [[1677]] foi nomeado bispo de Michoacán (actual [[arquidiocese de Morelia]]), polo que embarcou cara a [[América]] ao ano seguinte. Permaneceu tres anos no cargo, ao ser nomeado arcebispo de [[Nueva España]] (actual [[Arquidiocese Primada de México|Arquidiocese de México]]) por [[Inocencio XI]] en [[1680]]. Ocupou a cátedra o [[2 de xaneiro]] de [[1682]], sendo unha das súas primeiras medidas a fundación e construción do [[Seminario Conciliar de México]]. Tamén mandou construír diversas obras adicadas á beneficencia, coma un hospital para enfermas mentais, o colexio de San Miguel de Belén e a Casa de Misericordia. En [[1695]] acometeu o derriboderrubamento e o inicio das obras do [[Santuario da Nosa Señora de Guadalupe]], rematado en [[1709]].
 
Ascético e moralista, da súa labor coma arcebispo destacan a prohibición das [[pelexa de galos|pelexas de galos]], das [[tourada]]s e das [[teatro|representacións teatrais]]. Ademais, durante o seu episcopado tivo fortes conflitos coa poetisa e dramaturga [[Juana Inés de la Cruz|Sor Juana Inés de la Cruz]]: en plena [[Inquisición española]], o prelado vía incompatible a súa condición de relixiosa co carácter profano de gran parte da súa obra.