Diferenzas entre revisións de «Goberno provisional ruso»

http://academia.gal/dicionario/-/termo/deterioraci%C3%B3n
(http://academia.gal/dicionario/-/termo/deterioraci%C3%B3n)
 
=== O abastecemento das cidades e da fronte ===
O problema do transporte, incapaz de abastecer<ref name="pethybridge83">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 83</ref> á vez á fronte e de satisfacer as necesidades dos civís das cidades,<ref name="pethybridge388"/> agravouse<ref name="pethybridge14">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 14</ref> trala caída da autocracia, en parte polas accións dos propios ferroviarios.<ref name="pethybridge379">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 379</ref> Fronte aos 4272&nbsp;km de liñas construídos o ano anterior, en 1917 só se instalaron 995, o número de vagóns dispoñibles afundiuse de 463.419 a 174.346, e tamén o fixo o número de locomotoras. O transporte por ferrocarril era caótico.<ref name="pethybridge11">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 11</ref> O importante transporte fluvial, xestionado por empresas privadas,<ref name="pethybridge83"/> era tamén moi deficiente e apenas controlado parcialmente polo Estado desde 1916.<ref name="pethybridge379"/><ref name="pethybridge84">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 84</ref> As condicións dos traballadores deste transporte eran tan malas que creceu o número dos que cambiaban de traballo. O número de barcos dispoñibles tamén decreceu coa guerra e moitos estaban en malas condicións.<ref name="pethybridge84"/> O sistema de estradas era tan anticuado,<ref name="pethybridge84"/> e a falta de animais de tiro tan grande debido ás requisicións do Exército (dous millóns de cabalos<ref name="pethybridge84"/>) que non tiña un papel relevante nos transportes rusos.<ref name="pethybridge380">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 380</ref> A falta destes animais complicaba moito o traslado das colleitas ata as estacións de ferrocarril e reducía as zonas que aprovisionaban ao resto do país.<ref name="pethybridge84"/> A crise do transporte levou ao desabastecemento, a inflación<ref name="pethybridge28">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 28</ref> e paro por falta de materias primas nas cidades, o desperdicio no campo, a especulación no comercio,<ref name="pethybridge28"/> oa deteriorodeterioración das comunicacións, e problemas na subministración da fronte. Todo isto facilitou a radicalización da revolución.<ref name="pethybridge14"/> A capital, con gran poboación e dependente do abastecemento exterior, sufriu pronto a inflación e a escaseza de alimentos, ao igual que [[Moscova]].<ref name="pethybridge87"/> Os ferroviarios, a pesar de estar mal pagados, tardaron, porén, en mostrar activamente o seu descontento mediante folgas ata comezos do verán.<ref name="pethybridge30">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 30</ref> O Goberno tratou de atrasar a satisfacción das exixencias destes ata a convocatoria da [[Asemblea Constituínte Rusa|Asemblea Constituínte]] e tratou en balde de calmar os ánimos con subidas de algúns soldos, en parte por non contar cos fondos para máis.<ref name="pethybridge31">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 31</ref>
 
A comezos do período interrevolucionario, ao problema do transporte engadíase a imposibilidade de satisfacer á vez as necesidades do Exército e da poboación civil: calcúlase que o país contaba con gran unicamente para o 50% das necesidades do primeiro e apenas o 41% das da segunda.<ref name="pethybridge87">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 87</ref> Os campesiños preferían vender os seus produtos ao Exército, en parte polo carácter campesiño da maioría dos seus recrutas.<ref name="pethybridge87"/> Xa na primavera, as principais zonas produtoras de alimentos comezaran a gardar os seus excedentes e a non distribuír nas cidades e noutras rexións menos favorecidas.<ref name="pethybridge87"/><ref name="pethybridge382">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 382</ref> As cidades mostráronse ademais incapaces de abastecer de produtos manufacturados ao campesiñado e á propia poboación urbana debido ao gran consumo do Exército, as malas comunicacións e o aumento da demanda.<ref name="pethybridge384">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 384</ref> As fábricas sufrían ademais de falta de combustible para operar.<ref name="pethybridge384"/> A hostilidade política entre traballadores e patróns afectaba tamén á produción.<ref name="pethybridge385">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 385</ref> O enorme aumento do prezo dos produtos manufacturados e a imposición gobernamental pouco despois da revolución dun prezo fixo polo gran acrecentaron o desabastecemento das cidades ao desincentivar a venda deste polos campesiños.<ref name="pethybridge90"/> Os escasos esforzos do Goberno por impoñer prezos fixos tamén aos produtos manufacturados<ref name="pethybridge90"/> de primeira necesidade foron inútiles.<ref name="pethybridge385"/> Os campesiños, convencidos da próxima desaparición dos impostos e incapaces de comprar os produtos industriais que desexaban coa venda do seu gran a un prezo excesivamente baixo, non vían razón para facelo.<ref name="pethybridge386">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 386</ref>
Os soviets ata o outono de 1917 non constituíron unha ameaza seria para o Goberno ao estar controlados maioritariamente polos partidos socialistas moderados ([[menxevique]]s e [[Partido Social-Revolucionario]]), partidarios de manter a coalición cos elementos burgueses e do mantemento do esforzo bélico ata o logro dunha paz negociada.<ref name="rabinowitch29"/><ref name="rabinowitchxiii"/> Os elementos máis radicais, entre eles os [[bolxevique]]s de [[Lenin]], recen regresado a Rusia en abril, eran minoritarios,<ref name="rabinowitch30">[[#Bibliografía|Rabinowitch (1991)]], p. 30</ref> tanto nos soviets como nas simpatías dos soldados, campesiños e traballadores, e contaban entre eles cunha parte moderada ([[Lev Kamenev]]) contraria ao enfrontamento co Goberno e a ruptura cos demais socialistas, máis moderados.<ref name="rabinowitchxiii"/> A situación de debilidade dos radicais fixo que o propio [[Partido bolxevique]] se comprometese en abril só vagamente a emprender unha revolución socialista, sen fixar data nin procedemento para levala a cabo («[[Teses de abril]]»).<ref name="rabinowitchxxv">[[#Referencias|Rabinowitch (1978)]], p. XXV</ref>
 
OA deteriorodeterioración da situación económica ao longo da primavera supuxo, porén, unha desilusión crecente dunha parte importante da poboación co novo Goberno.<ref name="rabinowitchxxv"/> A continuación da guerra,<ref name="wade9"/> o aumento da crise alimentaria e a escaseza de artigos, a inflación crecente e o caos nos abastecemento ás cidades e ao campo, o fracaso do racionamento implantado polo Goberno desluciron as esperanzas orixinais.<ref name="rabinowitchxxv"/> Ao longo da primavera, o interese do Goberno por manter a fronte e as súas declaracións patrióticas fixeron que un número crecente de traballadores e soldados comezase a velo como o representante unicamente das clases adiñeiradas, lonxe do pobo.<ref name="rabinowitchxxvi">[[#Referencias|Rabinowitch (1978)]], p. XXVI</ref> Os soviets gañaron prestixio, considerándose as institucións verdadeiramente democráticas, en contraste co Goberno.<ref name="rabinowitchxxvi"/>
 
A pesar da promesa de reunir a [[Asemblea Constituínte Rusa|Asemblea Constituínte]] o antes posible, o Goberno realizou os preparativos moi lentamente: a xunta que debía redactar o estatuto regulador das votacións na Asemblea só fundouse formalmente o {{xulgregdata|7|4|1917|curto=true}}, os delegados do soviet á xunta elixíronse a mediados de maio e esta reuniuse por primeira vez o {{xulgregdata|7|6|1917|curto=true}}.<ref name="kochan183"/> O Goberno finalmente propuxo a data de eleccións para o {{xulgregdata|30|9|1917|curto=true}} e a apertura da Asemblea para o {{xulgregdata|13|10|1917|curto=true}}, propostas que [[Kerenskii]] reiterou o {{xulgregdata|21|7|1917|corto=true}}. Porén, o {{xulgregdata|22|8|1917|corto=true}}, o Goberno decidiu atrasar as eleccións ao {{xulgregdata|25|11|1917|corto=true}}<ref name="wade172"/> e a reunión da Asemblea ao {{xulgregdata|11|12|1917|corto=true}}.<ref name="kochan184">[[#Bibliografía|Kochan (1967)]], p. 184</ref> A lentitude nos traballos preparatorios e o pospoñer a reunión da Asemblea Constituínte debeuse en gran parte á actitude dos ''[[kadete]]s''.<ref name="mosse104">[[#Referencias|Mosse (1967)]], p. 104</ref><ref name="kochan184"/> A primeira data elixida polo Goberno fixouse pola presión dos bolxeviques nas rúas, ante as continuas discrepancias na xunta electoral e os intentos dos ''kadetes'' de atrasar as eleccións e a apertura da Asemblea.<ref name="kochan188">[[#Bibliografía|Kochan (1967)]], p. 188</ref> Para cando finalmente se levaron a cabo as eleccións á Asemblea, o Goberno Provisional xa fora substituído polo soviético, o [[Sovnarkom]].<ref name="wade172"/>
Os sucesivos gabinetes, inexpertos na xestión do Estado, mostráronse incapaces de formular políticas claras<ref name="anin446">[[#Bibliografía|Anin (1967)]], p. 446</ref> e de aplicalas coa celeridade necesaria pola situación de crise.<ref name="gill253"/> Os cinco gabinetes mostraron ademais unha perpetua división<ref name="anin446"/> entre as tendencias presentes no seu seo: a dereita, que desconfiaba da institución do [[Soviet de Petrogrado]], e a esquerda, temerosas das posibles accións do alto mando militar.<ref name="gill253"/> As tensións internas levaban continuamente a compromisos de mínimos para lograr un acordo interno.<ref name="gill254">[[#Bibliografía|Gill (1978)]], p. 254</ref> O empeño dos socialistas moderados en manter a coalición cos liberais a pesar das diferenzas levou ademais á parálise do Goberno e ao desprestixio dos socialistas.<ref name="wade36">[[#Bibliografía|Wade (1968)]], p. 36</ref> Os diversos Gobernos non lograron tampouco acabar coa guerra, un dos principais intereses da poboación, esgotada polo conflito.<ref name="wade37">[[#Bibliografía|Wade (1968)]], p. 37</ref> O programa liberal, constituído fundamentalmente pola promulgación dunha amnistía e da extensión de dereitos e liberdades civís á poboación, cumpriuse practicamente nos dous primeiros meses do período revolucionario, pero os obxectivos máis desexados polas masas (o fin da guerra, a recuperación económica e o repartimento de terras) non foron alcanzados polo Goberno.<ref name="uldricks614">[[#Bibliografía|Uldricks (1975)]], p. 614</ref><ref name="pethybridgeIX">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. IX</ref> A maioría da poboación non cifraba as súas esperanzas en cambios políticos, senón noutros, sociais e económicos, que os bolxeviques souberon sintetizar nos seus lemas favorables ao control obreiro das fábricas, o repartimento das leiras dos terratenentes e o fin da guerra mundial.<ref name="pethybridgeX">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. X</ref> Os liberais entorpeceron en gran medida a súa consecución ao defender a continuación dos combates ata a vitoria, manter os obxectivos de guerra imperialista do antigo réxime, opoñerse á reforma agraria ou rexeitar control obreiro da industria. Lograron ademais pospoñer a reunión da [[Asemblea Constituínte Rusa|Asemblea Constituínte]]. A insistencia gobernamental en pospoñer calquera medida fundamental —a reforma agraria, a situación das minorías…— ata a reunión da Asemblea Constituínte, e o continuo atraso da súa convocatoria minaron a súa posición.<ref name="wade277">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 277</ref> Estes atrasos permitiron duras críticas da oposición, causaron o temor da poboación a unha contrarrevolución que terminase por impedir a súa reunión, e favoreceron aos partidarios de que os soviets tomasen o poder como salvagarda da Asemblea.
 
Os socialistas moderados, convencidos da natureza burguesas da revolución que acabara coa autocracia tsarista, rexeitaron tomar o poder.<ref name="uldricks614"/> Temían ademais que unha radicalización da revolución levase á alianza das forzas liberais e as reaccionarias que conducise á contrarrevolución, como entendían que sucedera na [[Revolución Rusa de 1905|revolución de 1905]].<ref name="uldricks615">[[#Bibliografía|Uldricks (1975)]], p. 615</ref> A moderación da súa posición privounos paulatinamente do apoio das masas, cada vez máis radicais<ref name="uldricks615"/> ante oa deteriorodeterioración da situación económica causado pola guerra e a propia revolución.<ref name="uldricks616"/> Opostos unha e outra vez á toma do poder a pesar das crecentes peticións das masas, membros menores da coalición e incapaces de aplicar as reformas exixidas por campesiños, soldados e obreiros, os socialistas moderados acabaron por perder o respaldo inicial e facilitar o auxe dos [[bolxevique]]s, única oposición disposta a defender os obxectivos da poboación.<ref name="uldricks618"/> A esquerda radical viuse favorecida por unha crecente crise económica que xerou descontento e agudizou os problemas políticos e sociais.<ref name="wade186">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 186</ref>
 
== Primeiros ministros do goberno provisional ==
7.964

edicións