Euskadi Ta Askatasuna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 126:
O [[26 de xaneiro]] de [[2004]], o xornal [[ABC (xornal)|ABC]] desvelaba que o entón ''"[[conseller en cap]]"'' da [[Generalitat de Cataluña]], [[Josep-Lluís Carod-Rovira]] entrevistárase os días 3 e 4 de xaneiro na localidade norcatalana de [[Perpinyá]] con dirixentes de ETA e que ultimaba un pacto coa banda terrorista segundo o cal esta comprometeríase a non atentar en [[Cataluña]] a cambio de que o líder de [[Esquerra Republicana de Catalunya]] proclamara unha declaración independentista en favor do dereito de autodeterminación dos pobos. O mesmo día, e trala publicación da información en ABC, o propio Carod-Rovira confirmou <ref>''Carod-Rovira reuniuse con ETA cando xa era «conseller en cap». El Mundo.'' [http://www.elmundo.es/elmundo/2004/01/26/espana/1075118145.html]</ref> a reunión, aínda que asegurou que, pese a ter falado de política, non chegara a ningún "''pacto, nin ningún acordo nin ningunha contraprestación, porque non falaba en nome de ningún goberno''". Pediu desculpas á Generalitat por non ter informado e por facelo cando era o número dous da mesma, tralo cal presentou a súa dimisión, que foi aceptada polo [[Presidente da Generalitat de Cataluña|presidente da Generalitat]], [[Pasqual Maragall]], permanecendo como conselleiro sen carteira ata o día [[3 de febreiro]] de [[2004]].
 
O [[18 de febreiro]], ETA anunciaba <ref>''Comunicado de ETA anunciando unha tregua en Cataluña. 18 de febreiro de 2004.'' [http://www.elmundo.es/elmundo/2004/02/18/espana/1077110325.html]</ref> unha tregua unicamente para o territorio de Cataluña co ''"desexo de unir os lazos entre o pobo vasco e o catalán"''. O entón presidente do goberno, [[José María Aznar]], declarou que este anuncio era a contribución de ETA a ''"esta estratexia repulsiva, promovida por Esquerra Republicana de Catalunya"''<ref>''Declaración íntegra de José María Aznar tralo anuncio de ETA de tregua en Cataluña.'' [http://www.elmundo.es/elmundo/2004/02/18/espana/1077124492.html]</ref>. O líder do PSOE, [[José Luis Rodríguez Zapatero]], opinaría que "''o contido do comunicado de establecer unha tregua en Cataluña é absolutamente rexeitable e inadmisible e, dende logo, debe ter consecuencias políticas''"<ref>''Declaración íntegra de José Luís Rodriguez Zapatero tralo auncio de ETA de tregua en Cataluña.'' [http://www.elmundo.es/elmundo/2004/02/18/espana/1077114746.html]</ref>. O presidente da Generalitat, [[Pasqual Maragall]] diría "''Que digan que non matarán en Catalunya nos indigna máis todavíaaínda polo que ten de perversión. Non queremos o perdón de ETA. Repúgnanos''"<ref>''Declaración íntegra de Pasqual Maragall tralo anuncio de ETA de tregua en Cataluña.'' [http://www.elmundo.es/elmundo/2004/02/18/espana/1077118190.html]</ref>. Pola súa banda, Carod-Rovira insistiu en que na súa reunión non se chegou a ningunha clase de pacto á vez que pediu a súa extensión ó resto do [[Estado español]], o abandono das armas e que deixara de matar.<ref>''Declaración íntegra de Josep-Lluis Carod Rovira tralo anuncio de ETA de tregua en Cataluña.'' [Declaración del secretario general de ERC, Josep-Lluís Carod-Rovira]</ref>
 
==== Persecución policial ====