Abrir o menú principal

Cambios

En maio de [[1999]] produciuse en [[Suíza]] unha reunión entre representantes da banda terrorista ETA e enviados do goberno español. Esa reunión pretendía ser para ETA un primeiro contacto para unha serie de reunións nas que se abordasen cuestións políticas. Para o goberno pretendía ser un modo de tratar de verificar de primeira man se a banda estaba disposta a cesar dun modo definitivo as súas actividades criminais. A reunión non prosperou.
 
En setembro dese mesmo ano, ETA propuxo a PNV e EA subscribir unha actualización <ref>[http://www.el-mundo.es/eta/documentos/propuesta_agosto99.html ''Propuesta de pacto de ETA a PNV y EA. Agosto de 1999'']</ref> do compromiso adquirido o ano anterior, no que buscaban a materialización dos obxectivos fixados, mediante a celebración dunhas eleccións en toda [[Euskal Herría]] (tanto a parte española como francesa) que elixise un parlamento encargado de redactar unha [[Constitución]] para o novo Estado. ETA condicionaba o cesecesamento definitivo das súas actividades terroristas á "fortaleza e estabilidade" do novo parlamento. Este novo acordo foi rexeitado polos firmantes do pacto anterior e xa que logo non chegou a formalizarse.
 
O [[28 de novembro]] ETA anunciaba <ref>''Comunicado de ETA en el que anuncia la ruptura de la tregua. 28 de noviembre de 1999.'' [http://www.el-mundo.es/nacional/eta/tregua/ruptura.html]</ref> a ruptura da tregua mantida durante un ano. No seu comunicado, recordaba o pacto asinado con PNV e EA e as formulacións do Pacto de Estella, e aludía como razóns para a reanudación das súas actividades criminais, a presión exercida polos gobernos de España e Francia e a pretensión do goberno español de "''que de ser un proceso de construción nacional pasase a ser un proceso de paz sen contido, intentando afogar á esquerda abertzale na «normalidade» política e coa intención obstinada e maligna de que a interrupción «provisional» das accións de ETA pasase a ser «definitiva» e irreversible.''". Tamén se queixaba de que PNV e EA non responderan á súa proposta de actualización de pacto. Anunciábase a data do [[3 de decembro]] como a escolleita para a volta á violencia.
188.299

edicións