Euskadi Ta Askatasuna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 104:
En [[1992]], a cúpula dirixente de ETA ao completo é detida en [[Bidarte]], o que forzou o cambio de dirección. Tras unha tregua de dous meses, adoptan postulados máis radicais, sendo a principal consecuencia deste cambio de rumbo a suposta creación dos «[[comandos Y]]», formados por mozos (xeralmente menores de idade) dedicados á chamada ''[[kale borroka]]'' («loita na rúa» en vasco), cuxas actividades incluirían a queima de autobuses e mobiliario urbano, e o lanzamento de [[cóctel molotov|cócteles molotov]]. A súa aparición atribúese a unha hipotética debilidade de ETA, que lles obrigaría a recorrer a menores para manter ou aumentar o seu impacto na sociedade tras importantes detencións dos seus militantes, incluída a súa cúpula militar. Tamén empezaron a ser ameazados os concelleiros de partidos políticos non nacionalistas vascos. Con todo, dentro do chamado [[Movemento de Liberación Nacional Vasco]] négase a existencia dos [[Comandos Y]], e afírmase que a súa descrición é unha manobra para impoñer unha maior pena de prisión a quen realiza estas accións. O papel de ETA como organizador da ''kale borroka'' foi considerado probado pola Audiencia Nacional; doutra banda, desde distintos sectores políticos de esquerda (principalmente da esquerda abertzale) négase este papel.
 
En [[1995]], a organización lanzou unha serie de esixencias ao goberno español como condición para o cesecesamento da violencia. A chamada [[Alternativa Democrática]] actualizaba e viña substituír á alternativa KAS como proposta de mínimos para o recoñecemento de Euskal Herria. A partir do recoñecemento por parte do Goberno Español da territorialidade vasca, de que a soberanía reside no [[pobo vasco]] e de que este ten o dereito de autodeterminarse, derivaríase o cesecesamento total das actividades armadas de ETA. O goberno español rexeitou as esixencias de ETA, intentou silenciar a súa difusión e os tribunais procesaron á mesa nacional de HB por aproveitar os espazos gratuítos de publicidade electoral para difundir as esixencias, engadindo ao seu anuncio algunhas imaxes extraídas dun vídeo de ETA.
 
O [[19 de abril]] dese mesmo ano fracasou un atentado con coche bomba contra o líder da oposición conservadora [[José María Aznar]], que pronto sería elixido presidente de goberno, e, segundo as forzas de seguridade, foi abortado o asasinato do rei [[Juan Carlos I]], aínda que o acto de maior impacto social veu ao ano seguinte. O [[10 de xullo]] de [[1997]] secuestraron ao concelleiro do [[Partido Popular]] de [[Ermua]] [[Miguel Ángel Blanco]], ameazando con matalo se o goberno español non cedía ás súas esixencias. Seis millóns de persoas manifestáronse, tanto no País Vasco como no resto de España, para esixir a súa liberación. Ao cabo de dous días ETA cumpriu a súa ameaza, o que desencadeou manifestacións masivas de rexeitamento ao berro de «¡Asasinos!», «Vascos si, ETA non» e outros. Denominouse a isto entón o «[[espírito de Ermua]]».