Abrir o menú principal

Cambios

Os elementos esquerdistas, que alonxan a ETA da tradición conservadora e católica do PNV, quedan máis definidos a partir da II Asemblea, na que se constatan afinidades entre o ideario de ETA e o comunismo. Esta asemblea celebrouse en [[Baiona, Francia|Baiona]] na primavera de 1963.
 
Na III Asemblea, que se reuniu aproximadamente entre abril e maio de 1964, tomouse a decisión de que a loita armada era o mellor modo de acadar os fins propostos. AO ponenciarelatorio publicouse máis tarde co título "A insurrección en Euskadi". Nesta asemblea, ademais decidiuse unanimemente a ruptura co PNV, cuxo labor ETA consideraba «contrario ós intereses da liberación nacional». A influencia do pensamento de [[Federico Krutwig]] deixou en segundo plano os membros máis moderados da dirección.
 
Resulta difícil precisar cal foi o primeiro atentado de ETA, xa que a autoría dos primeiros que se atribúen a esta organización non está clara. Hai fontes que sinalan que o primeiro foi o asasinato da nena de 22 meses Begoña Urroz Ibarrola o [[27 de xuño]] de [[1960]], a causa da colocación dunha bomba en Donostia, e outras que foi un intento falido de descarrilar un tren de veteráns de guerra en 1961. En todo caso, o primeiro ataque reivindicado foi a morte do garda civil José Pardines Arcay o [[7 de xuño]] de [[1968]]. Onde si semella haber máis unanimidade é en que foi en 1968 cando cometeron o seu primeiro atentado de gran repercusión: o asasinato de [[Melitón Manzanas]], xefe da policía secreta de [[Donostia]] e torturador franquista. En 1970, varios membros de ETA son xulgados e condenados a morte no [[proceso de Burgos]], pero a presión internacional fai que se conmute a pena, que xa fora aplicada a outros membros de ETA con anterioridade. O atentado de maior repercusión durante a ditadura foi en decembro de 1973, cando asasinaron ó almirante e presidente de goberno [[Luis Carrero Blanco]] en Madrid, acción que foi aplaudida por moitos exiliados políticos e ETA convértese nunha referencia para boa parte da esquerda española.
196.557

edicións