Abrir o menú principal

Cambios

O [[24 de outubro]] de [[2006]] unha célula presuntamente etarra robou 300 pistolas, munición e recambios en Francia.<ref>[http://www.gara.net/idatzia/20061025/art186010.php La Policía sospecha que fue ETA quien robó anteayer 350 pistolas en Nimes] ("A policía sospeita que foi ETA quen robou 350 pistolas onte en Nîmes"), ''Gara'', 25 de Outubro de 2006</ref>
 
O [[4 de novembro]] de [[2006]] o xornal [[Gara]] publicou extractos do boletín de ETA ''[[Zutabe]]'' no.111, no que a organización pondera que "se o goberno español non cumpre os seus compromisos e non hai pasos visibeis, o proceso de paz romperá". ETA tamén anunciou que eles "harían un renovado esforzo nas negociacións co goberno español". A ETA "lamenta que no tempo transcurridotranscorrido dende a declaración de marzo de alto o fogo (…) un tempo precioso ten sido malgastado". Eles demandan ó presidente [[José Luis Rodríguez Zapatero]] "dar unha resposta positiva" ós dous aspectos centrais: (1) "á demanda específica do total cumprimento dos compromisos que adoptou de deixar de lado a represión e cesar os ataques" e (2) "el terá que comprometerse claramente a respectar a decisión do proceso en [[Euskal Herria]], isto é: o desexo dos cidadáns vascos".<ref>[http://gara.euskalherria.com/idatzia/20061104/art187359.php ETA constata la crisis del proceso y anuncia «un nuevo esfuerzo»]''Gara'', 4/11/2006</ref>
 
O [[30 de decembro]] de [[2006]] a explosión dunha furgoneta bomba no [[Aeroporto de Barajas]], atribuída á ETA, supuxo a fin implícita do ''alto ó fogo permanente'', se ben o grupo terrorista entendeu que a tregua continuaba e que as dúas persoas falecidas nese atentado se deberon a un erro. Porén, o [[5 de xuño]] de [[2007]] diversos xornais publicaron un comunicado<ref>[http://www.vieiros.com/nova/58779/comunicado-integro-da-eta Comunicado traducido e publicado por Vieiros, 5 de xuño de 2007]</ref> da ETA a rotura definitiva da tregua, que entraría en vigor ás cero horas do día [[6 de xuño|6]] e «quedando abertas todas as frontes».
188.591

edicións