Abrir o menú principal

Cambios

m
→‎Imaxe: vós neste caso. Por exemplo, "Non vos tería solicitado isto se non fose que..." é distinto que "Todo o mundo ten a mirada posta en vós".
A súa visión da raza foi complicada e habitualmente negativa, probablemente pola súa orixe e raíces familiares no [[Estados Confederados de América|sur de Estados Unidos]].{{sfn|Brighton|2009|p=18}} Sobre os soldados de [[raza negra]] escribiu: "Individualmente eran bos soldados, pero comentei a miña crenza naquel entón, e nunca vin necesario cambiala, de que un soldado de cor non pode pensar suficientemente rápido para loitar nun blindado".<ref>{{Cita libro|apelidos=Patton |nome=George S. |título=War as I Knew It |editorial=Houghton Mifflin Co.|ano=1947 |isbn=978-1-4193-2492-5|p=60}}</ref> Non obstante, tamén declarou que os feitos eran máis importantes para el que a raza ou a afiliación relixiosa: "Impórtame un carallo quen é o home. Pode ser un ''negrata'' ou un xudeu, pero se ten o que hai que ter e cumpre o seu deber, pode quedar con todo o que teño".{{sfn|Hirshson|2003|p=864}} O historiador Hugh Cole destacou que Patton foi o primeiro en integrar a soldados brancos e negros nas compañías de fusileiros.{{sfn|D'Este|1995|p=726}} Nun discurso perante o 761º Batallón de Tanques declarou:
 
{{Cita|"Homes, sodes os primeiros soldados de tanques negros en loitar no Exército Americano. Non vos tería solicitado se non fósedes bos. Eu só teño o mellor no meu exército. Non me importa de que cor sexades, mentres que vaiades aló arriba e matedes a eses fillos de puta de cabezas cadradas! Todo o mundo ten a mirada posta en vosvós e espera grandes cousas de vosvós. Por riba de todo, a vosa raza está expectante por vosvós. Non os decepcionedes e, malditos sexades, non me decepcionedes a min!".|Tradución do orixinal{{sfn|D'Este|1995|p=726}}}}
 
Con respecto ós soviéticos, Patton declarou estar impresionado coa [[Unión Soviética]], pero menosprezaba ós rusos tachándoos de "borrachos sen consideración pola vida humana".{{sfn|D'Este|1995|p=739}} Nos últimos anos da súa vida comezou tamén a expresar sentimentos de antisemitismo e [[anticomunismo]], como resultado das súas habituais controversias coa prensa.{{sfn|Axelrod|2006|pp=165–166}}
174.329

edicións