Pelaxe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 9:
[[Ficheiro:Down Awn and guard hairs of cat 2012 11 13 9203r.JPG|miniatura|Tipos de pelo que forman a pelame dun gato doméstico.]]
A pelame dos animais xeralmente consta de dúas capas principais de pelo con distintas características, que son:
*PeloPelos da capa inferior de tipo peluxe. A capa inferior consta de pelos lanosos, xeralmente ondulados ou rizados sen porcións rectas nin puntas bicudas; adoitan ser pelos curtos, planos, rizados e máis numerosos que os da capa superior. A súa principal función é a [[termorregulación]]; manteñen unha capa de aire seco a rentes da pel e repelen a auga, o que proporciona o illamento térmico.
*Pelos da capa superior ou de cobertura. A capa superior constaq de pelos máis longos, xeralmente máis bastos, con talos case rectos, que fan protrusión entre os pelos da capa inferior. Os extremos distais destes pelos orixinan a capa visible externamente da pelame da maioría dos animais con pelame ben desenvolvida. Esta capa mostra a [[pigmento biolóxico|pigmentación]] e brillo máis marcado, incluíndo os patróns de debuxo e coloración adaptados para a exhibición ou a [[camuflaxe]]. Tamén está adaptada a protexer da auga e bloquear a luz solar, protexenco así a capa inferior e a pel de factores externos como a chuvia e a [[luz ultravioleta]]. Moitos animais, como os gatos domésticos, poden ourizar os pelos desta capa comoparte da súa exhibición de ameaza cando son inquietados.