Abrir o menú principal

Cambios

→‎Legado: Arranxos
 
== Legado ==
A extravagante personalidade de Patton, o seu enérxico estilo de liderado e o seu éxito como comandante, combinados cos seus frecuentes tropezos políticos, produciron unha imaxe mixta e frecuentemente contraditoria del. As súas capacidades como orador considéranse integrais para a capacidade que tiña para inspirar ásas tropas baixo o seu mando.{{sfn|Axelrod|2006|p=ix}} O historiador [[Terry Brighton]] concluíu que Patton era "arrogante, publicitario e persoalmente imperfecto, pero ... estiboestivo entre os maiores xenerais da guerra."{{sfn|Brighton|2009|p=xv}} Emporiso, o seu impacto na guerra blindada e no liderado militar foi substancial, e o Exército dos Estados Unidos adoptou moitas das súas agresivas estratexias para os seus programas de adestramento trala súa morte. Moitos oficiais militares declararon terse inspirado no seu legado, e o primeiro carro de combate blindado deseñado trala guerra foi denominado como moelo [[M46 Patton]].{{sfn|Axelrod|2006|p=viii}}
 
Dende o seu primeiro día como comandante puxo unha grande énfase na necesidade de manter as forzas blindadas en contacto constante coas forzas inimigas. A súa preferencia polos movementos ofensivos quedou tipificada nunha resposta a un correspondente de guerra durante unha conferencia en 1944. Respondendo a unha pregunta sobre se a rápida ofensiva a través de Francia do 3º Exército debería frearse para reducir o número de baixas estadounidenses, respondeu: "¨Cando freas algo, malgastas vidas humanas".{{sfn|Blumenson|1974|p=542}} Foi tamén sobre esta época cando un reporteiro, tras escoitar un discurso no que Patton afirmaba que facía falla "sangue e cerebro" (''"blood and brains"'') para gañar no combate, comezou a chamarlle ''"Blood and Guts"'' ("sangue e coraxe"), alcume que lle acompañaría durante o resto da súa vida.{{sfn|Axelrod|2010|p=73}}{{sfn|Lovelace|2014|p=110}} Os soldados baixo o seu mando adoitaban facer brincadeiras con isto, dicindo "a nosa sangue, o seu coraxe" (''"our blood, his guts"''). Así a todo, os homes baixo o seu mando tíñanlle unha grande admiración,{{sfn|Axelrod|2006|p=2}} e adoitaban referirse a el simplemente como ''"The Old Man"'' ("O Vello").{{sfn|Brighton|2009|p=84}}
 
Foi representado por varios actores no cine, o máis notable deles [[George C. Scott]] no filme de 1970 ''[[Patton (filme)|Patton]]''. A icónica representación de Scott, en particular do famoso discurso ó 3º Exército, valeulle para gañar un [[Premios Oscar|Premio Oscar]], e considérase fundamental na introdución de Patton na cultura popular como un heroe nacional estadounidense.{{Sfn|D'Este|1995|p=1}} Scott volvería a representar este papel no filme para a televisión de 1986 titulado ''[[The Last Days of Patton]]''.<ref name="imdb"/> Outros actores que representaron a Patton no cine inclúen, entre outros, a [[Stephen McNally]] no episodio de 1957 da serie da [[American Broadcasting Company|ABC]] ''[[Crossroads]]'' titulado "The Patton Prayer", [[John Larch]] no filme de 1963 ''[[Miracle of the White Stallions]]'', [[Kirk Douglas]] en ''[[Is Paris Burningbrûle-t-il?]]'' do ano 1966, [[George Kennedy]] no filme de 1978 titulado ''[[Brass Target]]'', [[Mitchell Ryan]] en ''[[Double Exposure: The Story of Margaret Bourke-White]]'' de 1989, [[Edward Asner]] no filme de 1997 titulado ''[[The Long Way Home]]'', [[Gerald McRaney]] na miniserie de 2004 ''[[Ike: Countdown to D-Day]]'', e [[Kelsey Grammer]] no filme de 2008 ''[[An American Carol]]''.<ref name="imdb">{{cita web|url=http://www.imdb.com/character/ch0028822/?ref_=fn_al_ch_1 |título=George S. Patton |páxina-web=[[Internet Movie Database|IMDb]] |data-acceso=6 de xaneiro de 2013}}</ref>
 
=== Imaxe ===
28.911

edicións