Abrir o menú principal

Cambios

→‎Posguerra: Arranxos
 
== Posguerra ==
Tralo fin da Segunda Guerra Mundial Patton expresou de forma aberta un sentimento de [[antisemitismo]] e un desprezo cara ós [[pobo xudeu|xudeus]] que se atopaban nos anteriormente [[campo de concentración|campos de concentración]], chamados trala guerra [[campo de persoas desprazadas|campos de persoas desprazadas]].<ref name="Waiting">{{Cita libro|título=Waiting for Hope: Jewish Displaced Persons in Post-World War II Germany|nome1=Angelika|apelidos1=Königseder|nome2=Juliane|apelidos2=Wetzel|editorial=Northwestern University Press|ano=2001|isbn=9780810114777|páxinas=26-27}}</ref> Segundo varios recontos, Patton escribiu no seu diario que a xente cría que "as Persoas Desprazadas son seres humanos, cousa que non son, e isto aplicaaplícase particularmente ós xudeus que son menos que animais".<ref name="Waiting"/><ref>{{cita novas|apelidos1=Lichtblau|nome1=Eric|título=Surviving the Nazis, Only to Be Jailed by America|url=http://www.nytimes.com/2015/02/08/sunday-review/surviving-the-nazis-only-to-be-jailed-by-america.html?rref=opinion|data-acceso=9 de febreiro de 2015|xornal=[[The New York Times]]|data=7 de febreiro de 2015}}</ref>
 
[[Ficheiro:Patton during a welcome home parade in Los Angeles, June 9, 1945.jpg|miniatura|Patton nun desfile o 9 de xuño de 1945 en [[Los Angeles]]]]
Patton pediu que lle asignasenasignase un mando no [[Teatro de operacións do Pacífico na Segunda Guerra Mundial|Teatro de operacións do Pacífico]], rogándolle a Marshall que o enviase a esa guerra como fose posible, e Marshall indicoulle que só podería facelo se os [[República de China (1912–49)|chineses]] conseguían asegurar un porto maior para a súa entrada, un escenario que dificilmente tería lugar.{{sfn|Axelrod|2006|pp=160–162}} A mediados de maio Patton voou ata [[París]] e de alí ata [[Londres]]. O 7 de xuño chegou a [[Bedford, Massachusetts]] nun permiso estendido para estar coa súa familia, e foi recibido por milleiros de espectadores. Patton viaxou entón ata [[Hatch Memorial Shell]] e deu un discurso perante unhas 20&nbsp;000 persoas, incluíndo uns 400 veteranos feridos do 3º Exército. Neste discurso provocou certa controversia cando afirmou que "un home que morre en batalla é habitualmente un parvo".{{sfn|Blumenson|1974|p=721}} Pasou un tempo en [[Boston]] antes de visitar [[Denver]] e dar outro discurso alí, para posteriormente viaxar a [[Los Angeles]], onde deu un discurso perante uns 100&nbsp;000 espectadores no [[Los Angeles Memorial Coliseum|Memorial Coliseum]]. Realizou unha última parada en [[Washington, D.C.|Washington]] antes de volver a Europa en xullo para servir nas [[Ocupación aliada de Alemaña|forzas de ocupación]].{{sfn|Axelrod|2006|pp=163–164}}
 
Patton foi designado gobernador militar de [[Bavaria]], onde liderou óo 3º Exército nas tarefas de [[desnazificación]].{{sfn|Axelrod|2006|pp=163–164}} Cando recibiu a nova de que a guerra no Pacífico contra o [[Xapón]] chegara ó seu fin, escribiu no seu diario: "Outra guerra que remata, e con ela a miña utilidade para o mundo".{{sfn|Axelrod|2006|pp=163–164}} Descontento coa súa posición e deprimido ó crer que nunca loitaría de novo noutra guerra, o seu comportamento e as súas afirmacións tornáronse cada vez máis erráticas. Existen varias teorías sobre o seu comportamento a partir deste momento. Carlo D'Este indicou que "semella virtualmente inevitable que Patton experimentase algún tipo de dano cerebral por mor de demasiadas lesións na cabeza", lesións debidas a diversos accidentes ó longo da súa vida, o máis grave o que sufriu en 1936 mentres xogaba ó [[polo (deporte)|polo]].{{sfn|D'Este|1995|pp=535–536}}
 
A sobriña de Patton, Jean Gordon, volveu a aparecer na súa vida neste punto. Pasaron un tempo xuntos en Londres no ano 1944, e de novo en Bavaria en 1945.{{sfn|D'Este|1995|p=744}} Patton adoitaba facer alarde dos seus éxitos sexuais con ela, pero os biógrafos de Patton amosáronse escépticos ó respecto. Segundo Hirshson a relación era casual,{{sfn|Hirshson|2003|p=535}} e Showalter indicou que Patton, baixo un severo estrés físico e psicolóxico, inventaba as historias de conquistas sexuais para demostrar a súa virilidade.<ref>{{cita libro|apelidos=Showalter |nome=Dennis E.| título = Patton And Rommel: Men of War in the Twentieth Century |ano=2006 |editorial = Berkley Books |isbn= 978-0-425-20663-8 |lugar=Nova York|pp=412–13}}</ref> D'Este concorda nisto, indicando que "Oo seu comportamento suxire que tanto en 1936 [en Hawai] e 1944-45, a presenza da xove e atractiva Jean foi un medio para aliviar as ansiedades dun home de mediana idade atribulado pola súa virilidade e polo medo ó envellecemento".{{sfn|D'Este|1995|p=743}}
 
Patton suscitou tamén controversia como gobernador militar cando se fixo público que varios antigos membros do [[Partido Nazi]] continuaban mantendo postos políticos na súa rexión.{{sfn|Axelrod|2006|pp=163–164}} Nas respostas ós medios sobre este tema, Patton comparou repetidamente os nazis ós [[Partido Demócrata dos Estados Unidos|demócratas]] e [[Partido Republicano dos Estados Unidos|republicanos]] indicando que a maioría da xente con experiencia na dirección de infraestruturas foran atraídas a unirseunírense ó partido durante a guerra. Estas declaracións causaron un aumento de prensa negativa e enfureceuenfureceron a Eisenhower.{{sfn|Axelrod|2006|pp=165–166}}{{sfn|Brighton|2009|p=16}} O 28 de setembro de 1945, tras unha acalorada discusión con Eisenhower polas súas declaracións, Patton foi relevado da súa posición como gobernador militar. O 7 de outubro dese mesmo ano foi relevado como comandante do 3º Exército, afirmando no seu discurso de despedida: "Tódalas cousas boas deben chegar ó seu fin. O mellor que nunca me pasou ata hoxe foi a honra e privilexio de ter comandado o 3º Exército".{{sfn|Axelrod|2006|pp=165–166}}
O último destino militar de Patton sería o de comandar o 15º Exército dos Estados Unidos, con base en [[Bad Nauheim]]. O 15º Exército naquel momento consistía só dun pequeno grupo de persoal de cuartel xeral coa tarefa de recompilar a historia da guerra en Europa. Patton aceptara este posto por mor da súa afección á historia, pero perdeu rapidamente o interese neste deber. Realizou variosvarias viaxes, visitando París, [[Rennes]], [[Chartres]], [[Bruxelas]], Metz, [[Reims]], Luxemburgo e [[Verdún]].{{sfn|Axelrod|2006|pp=165–166}} Tomou a decisión de deixar o mando do 15º Exército e non retornar a Europa en canto saíse o 10 de decembro cara ós Estados Unidos para o permiso de Nadal. Tiña a intención de debater coa súa esposa se debería continuar no exército nalgún posto dentro do país ou se debía retirarse.{{sfn|Axelrod|2006|p=167}}
 
=== Accidente e morte ===
27.359

edicións