Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
A súa primeira participación militar tivo lugar durante a [[Expedición Pancho Villa]] en 1916, formando parte da primeira acción militar estadounidense que utilizou vehículos a [[motor de combustión|motor]]. Uniuse posteriormente ó naquel entón recentemente creado Corpo de Tanques da [[Forza Expedicionaria dos Estados Unidos]], participando na [[Primeira Guerra Mundial]] comandando a escola estadounidense de tanques en Francia e recibindo unha ferida mentres lideraba un corpo de [[tanque]]s durante un combate cara ó final da guerra. Durante o [[período de entreguerras]] Patton mantívose como unha figura central no desenvolvemento da doutrina de [[guerra blindada]] do exército estadounidense, servindo en diversos postos administrativos por todo o país. Tras varios ascensos, atopábase no mando da Segunda División Blindada no momento en que Estados Unidos entrou na Segunda Guerra Mundial.
 
Patton liderou as tropas estadounidenses no [[Teatro de operacións Mediterráneo na Segunda Guerra Mundial|Mediterráneo]] cunha invasión de [[Casablanca]] durante a [[Operación Torch]] en 1942, establecéndose como un comandante efectivo trala súa rápida rehabilitación do 2º Corpo do Exército. Liderou o 7º Exército durante a [[invasión aliada de Sicilia]], sendo o primeiro comandante aliado en chegar a [[Messina]]. Alí viuse involucrado nunha controversia cando [[Incidentes das labazadas de George S. Patton|lle propinou unha labazada a dous soldados]] en estado de [[shock]] que estaban baixo o seu mando, polo que foi temporalmente destituído do mando. Retornou ó mando do 3º Exército trala [[Desembarco de Normandía|invasión de Normandía]] en xuño de 1944, liderando con éxito o rápido avance blindado dos Aliados a través de Francia. Liderou a liberación das tropas estadounidenses asediadas enno [[Asedioasedio de Bastogne]] durante a [[Batalla das Ardenas (1944)|Batallabatalla das Ardenas]], chegando co seu 3º exército a territorio da [[Alemaña Nazi]] cara ó final da guerra.
 
Trala guerra pasou a ser o gobernador militar de [[Bavaria]], pero foi destituído deste posto tralas súas afirmacións sobre a [[desnazificación]]. Pasou a comandar o 15º Exército dos Estados Unidos durante pouco máis de dous meses, falecendo en [[Heidelberg]] o 21 de decembro de 1945 como resultado das feridas sufridas nun accidente [[automóbil|automobilístico]] doce días antes.
Patton foi o fillo primoxénito de [[George S. Patton (1856–1927)|George Smith Patton Sr.]] e Ruth Wilson. Tivo unha irmá menor, chamada Anne. A súa familia era de ascendencia [[Irlandeses Americanos|irlandesa]], [[Escoceses-Irlandeses Americanos|escocesa-irlandesa]], [[pobo inglés|inglesa]] e [[pobo galés|galesa]]. A súa bisavoa pertencera a unha familia de aristócratas galeses, descendentes de lores galeses de [[Glamorgan]].{{sfn|Axelrod|2006|p=13}} Durante a súa vida Patton sostivo que en vidas anteriores fora un soldado e amosouse orgulloso de posuír ligazóns místicas cos seus devanceiros.<ref>{{cita libro|autor=Army Times Publishing Company|título=Warrior; the story of General George S. Patton|ano=1967|editorial=Putnam|páxina=15}}</ref><ref>{{cita libro|nome=Michael|apelidos= Keane|título=George S. Patton: Blood, Guts, and Prayer|url=https://books.google.com/books?id=byMjBQAAQBAJ&pg=PA84|ano=2014|editorial=Regnery Publishing |páxina=84|isbn=9781621572985}}</ref>{{sfn|Randall|Nahra|2014|pp=3-4}}<ref>{{cita libro|nome=Jonathan W.|apelidos= Jordan|título=Brothers, Rivals, Victors: Eisenhower, Patton, Bradley and the Partnership that Drove the Allied Conquest in Europe|url=https://books.google.com/books?id=G001xz-FDhEC&pg=PT252|ano=2011|editorial=Penguin|páxina=252|isbn=9781101475249}}</ref> Aínda que sen ser descendente directo de [[George Washington]], Patton trazaba parte das súas raíces coloniais ó bisavó de George Washington,<ref name="George S page 23">{{Cita libro|título=George S. Patton|nome=Earle|apelidos= Rice|páxina=23|editorial=Infobase Publishing|ano=2009|isbn=9781438103280}}</ref> así como a descendentes de [[Eduardo I de Inglaterra]] e a [[Filipe III de Francia]].<ref name="George S page 23"/> A crenza familiar mantiña que os Patton eran descendentes de dezaseis dos baróns asinantes da [[Carta Magna]].<ref name="George S page 23"/>
 
Patton era descendente de [[Hugh Mercer]], morto na [[batalla de Princeton]] durante a [[Revolución Americana]]. O avó por parte de pai de Patton era o Coronel [[George S. Patton Sr.|George Smith Patton]], quen comandara o 22º Rexemento de Infantería Confederada de Virxinia baixo as ordes de [[Jubal Early]] durante a [[Guerra Civil Estadounidense|guerra civil estadounidense]] e falecera na [[Terceiraterceira Batallabatalla de Winchester]], mentres que o seu tio avó o Coronel [[Waller T. Patton]] falecera mentres lideraba o 7º Rexemento de Infantería Confederada de Virxinia na [[Carga de Pickett]] durante a [[Batallabatalla de Gettysburg]]. O pai de Patton graduouse no [[Instituto Militar de Virxinia]], pasando a exercer de avogado e posteriormente de fiscal do distrito do [[Condado de Los Angeles]]. O avó por parte de nai de Patton fora [[Benjamin Davis Wilson]], quen fora alcalde de [[Los Angeles]] e obtivera grande éxito financeiro como comerciante. A súa familia era acomodada, e Patton pasou a súa infancia na súa propiedade familiar de 800&nbsp;[[hectárea]]s.{{sfn|Zaloga|2010|p=6}}
 
[[Ficheiro:Patton at VMI 1907.jpg|miniatura|esquerda|Patton no [[Instituto Militar de Virxinia]]]]
O 10 de novembro de 1917 Patton foi enviado a establecer a nova Escola de Tanques Lixeiros do exército estadounidense.{{sfn|Zaloga|2010|p=10}} Deixou París e marchou cara á escola de adestramento de blindados do [[Francia na Primeira Guerra Mundial|exército francés]] en Champlieu, preto de [[Orrouy]], onde conduciu un [[tanque lixeiro]] [[Renault FT]]. O 20 de novembro os [[Reino Unido na Primeira Guerra Mundial|británicos]] [[Batalla de Cambrai (1917)|lanzaron unha ofensiva]] cara ó centro ferroviario de [[Cambrai]], usando un número sen precedentes de tanques.{{sfn|D'Este|1995|pp=204–208}} Patton viaxou ata [[Albert, Somme|Albert]], a uns 48&nbsp;[[kilómetro|km]] de Cambrai, para informarse dos resultados deste ataque entrevistándose co Coronel británico [[J. F. C. Fuller]].{{sfn|Blumenson|1972|pp=480–483}} De regreso a París, visitou a fábrica de [[Renault]] para ver como se fabricaban alí os tanques. Patton foi ascendido a comandante o 26 de xaneiro de 1918.{{sfn|Axelrod|2006|p=49}} Recibiu os primeiros dez tanques asignados a súa unidade o 23 de marzo de 1918 na Escola de Tanques de [[Langres]]. Sendo o único soldado estadounidense con experiencia na condución de tanques, Patton sacou persoalmente sete dos tanques do tren no que chegaron.{{sfn|Blumenson|1972|pp=552–553}} Na escola Patton adestrou a tripulacións de tanques para operar como apoio para a infantería, e promoveu a súa aceptación entre os oficiais de infantería.{{sfn|Axelrod|2006|pp=50–52}} Foi subsecuentemente ascendido a tenente coronel o 3 de abril de 1918.{{sfn|Axelrod|2006|p=53}}
 
En agosto de 1918 foi asignado ó mando da 1ª Brigada Provisional de Tanques, que posteriormente pasou a designarse 304ª Brigada de Tanques o 6 de novembro de 1918. A brigada de tanques lixeiros de Patton formaba parte do Corpo de Tanques do coronel [[Samuel Rockenbach]], que a súa vez era parte do 1º Exército dos Estados Unidos.{{sfn|Blumenson|1972|pp=661–670}} Supervisou persoalmente a loxística dos tanques a primeira vez que se empregaron en combate, e tras facer un recoñecemento da zona obxectivo do ataque el mesmo, Patton ordenou que non se rendería ningún tanque estadounidense.{{sfn|Axelrod|2006|p=53}}{{sfn|Brighton|2009|p=38}} Comandou os tanques Renault FT con tripulación estadounidense na [[Batallabatalla de Saint-Mihiel]],{{sfn|Blumenson|1972|pp=706–708}} liderándoos dende a fronte da batalla durante gran parte do ataque que comezou o 12 de setembro. Entrou a pé á fronte dos tanques na vila de [[Essey-et-Maizerais|Essey]], ocupada polos alemáns, e montou riba dun tanque durante o ataque de [[Pannes]], procurando servir de inspiración para os seus homes.{{sfn|Axelrod|2006|pp=54–55}}
A súa brigada foi entón trasladada para apoiar o 1º Corpo do Exército na [[Ofensiva de Meuse-Argonne]] o 26 de setembro.{{sfn|Blumenson|1972|pp=706–708}} Liderou persoalmente unha tropa de tanques a través dunha mesta néboa mentres avanzaban uns 8&nbsp;km a través das liñas alemás. Ó redor das 9:00 da mañá, Patton sufriu unha ferida mentres lideraba a seis homes e un tanque nun ataque a un posto de [[metralladora]]s alemás preto da vila de [[Cheppy]].{{sfn|Axelrod|2006|pp=56–57}}{{sfn|Brighton|2009|p=40}} O seu ordenanza, o soldado de primeira [[Joe Angelo]], foi quen o salvou, polo que recibiría posteriormente a [[Cruz ó Servizo Distinguido]].{{sfn|Blumenson|1972|pp=764–766}} Patton comandou a batalla durante unha hora máis antes da súa evacuación, e parou nun posto de mando da retagarda para dar o seu informe antes de ir cara a un hospital. [[Sereno E. Brett]], comandante do 326º Batallón de Tanques dos Estados Unidos, tomou o mando da brigada de Patton durante a súa ausencia. Patton escribiulle nunha carta a súa muller: "A bala entrou pola parte dianteira da miña perna esquerda e saíu xusto na división do meu traseiro a unhas dúas polgadas á esquerda do meu recto. Foi disparada a uns 50&nbsp;m así que fixo un furado do tamaño dun dólar [de prata] por onde saíu."<ref>{{Cita libro|título=The Patton Papers|nome=Martin|apelidos=Blumenson|páxinas=616–617|lugar=Nova York|editorial=Da Capo Press|ano=1998|isbn=978-0306808623}}</ref>
Baixo as ordes do xeneral [[Dwight D. Eisenhower]], Patton foi asignado para axudar a planear a invasión [[Aliados da Segunda Guerra Mundial|aliada]] do norte de África como parte da [[Operación Torch]] no verán de 1942.{{sfn|Brighton|2009|pp=117–119}}{{sfn|Axelrod|2006|pp=88–90}} Comandou a Forza Blindada Occidental, que constaba de 33&nbsp;000 homes en 100 barcos, nos desembarcos centrados en [[Casablanca]], [[Marrocos]], o 8 de novembro de 1942. Alí atoparon a oposición das forzas da [[Francia de Vichy]], mais os homes de Patton conseguiron unha [[cabeza de praia]] con rapidez e presionaron ás forzas inimigas. Casablanca caeu o 11 de novembro, e Patton negociou un [[armisticio]] co xeneral francés [[Charles Noguès]].{{sfn|Axelrod|2006|pp=91–93}}{{sfn|Brighton|2009|pp=165–166}} O [[Mohammed V de Marrocos|Sultán de Marrocos]] quedou impresionado e outorgoulle a Patton a distinción da [[Orde de Ouissam Alaouite]], coa cita "''Les Lions dans leurs tanières tremblent en le voyant approcher''" (Os leóns nas súas goridas tremen cando se aproxima).<ref name="Edey">{{cita libro|apelidos=Edey |nome=Maitland A. |título=Time Capsule 1943 |editorial=Littlehampton Book Services |ano=1968 |isbn=978-0705402705|pp=60, 160-166}}</ref> Patton supervisou a conversión de Casablanca nun porto militar e foi o anfitrión da [[Conferencia de Casablanca]] en xaneiro de 1943.{{sfn|Axelrod|2006|pp=94}}
 
O 6 de marzo de 1943, trala derrota do 2º Corpo dos Estados Unidos sufrida na [[Batallabatalla do Paso de Kasserine]] perante os [[Afrika Korps]] alemáns comandados por [[Erwin Rommel]], Patton substituíu o xeneral [[Lloyd Fredendall]] como comandante xeneral do 2º Corpo e foi ascendido a tenente xeneral. Posteriormente reasignou a [[Omar Bradley]] ó seu Corpo como comandante adxunto.<ref>{{cita libro|apelidos=Blumenson |nome=Martin |título=Patton: The Man Behind the Legend |isbn=978-0-688-13795-3 |editorial=William Morrow and Company |lugar=Nova York |ano=1985|p=182}}</ref> Con ordes de levar á formación de novo cara á fronte nun tempo de 10 días, Patton introduciu varios cambios drásticos no Corpo, ordenándolles os seus soldados que levasen uniformes limpos e completos, establecendo horarios rigorosos e requirindo a estrita adherencia ó protocolo militar. Paseaba continuamente polo posto de mando falando e presionando ós seus homes, procurando "moldealos" en soldados eficientes.{{sfn|Axelrod|2006|pp=96–97}}
 
O adestramento de Patton probou ser efectivo, e o 17 de marzo a 1ª División de Infantería tomou [[Gafsa]], gañando a [[Batallabatalla de El Guettar]] e rexeitando ás forzas blindadas alemás e [[Reino de Italia (1861-1946)|italianas]] en dúas ocasións. O 5 de abril destituíu ó xeneral [[Orlando Ward]] do mando da 1ª División Blindada pola súa pobre actuación en [[Maknassy]] contra unha forza alemá inferior en número. Avanzando cara a [[Gabès]], o exército de Patton impuxo a súa presión na [[Liña Mareth]].{{sfn|Axelrod|2006|pp=96–97}} Durante este tempo reportoulle ó comandante británico [[Harold Alexander]], e tivo un conflito co vicemariscal da forza aérea británica [[Arthur Coningham]] pola falta de apoio aéreo ás súas tropas. Coningham enviou a tres oficiais ó cuartel xeral de Patton para convencelo de que os británicos estaban a darlles un amplo apoio aéreo. Durante a súa reunión con Patton as forzas aéreas alemás atacaron o cuartel, e parte do teito da oficina de Patton caeu preto deles. En declaracións posteriores, Patton dixo dos pilotos alemáns que levaron a cabo ese ataque: "Se puidese atopar ós fillos de puta que voaron eses avións, enviaríalles unha medalla por correo a cada un deles".{{sfn|Axelrod|2006|pp=98–99}} Cando as forzas aliadas chegaron a Gabès, os alemáns xa abandonaran o lugar. Cedeu entón o mando do 2º Corpo a Bradley e volveu ó mando do 1º Corpo Blindado en Casablanca para axudar nos plans da [[Invasión Aliada de Sicilia|Operación Husky]] para invadir [[Sicilia]]. Por medo a que as forzas estadounidenses fosen afastadas do combate no norte de África, convenceu ós comandantes británicos que lle permitisen seguir loitando ata o final da [[Campaña de Tunisia]] antes de partir cara a esta nova misión.{{sfn|Axelrod|2006|pp=98–99}}{{sfn|Brighton|2009|p=188}}
 
=== Campaña de Sicilia ===
=== Campaña de Lorena ===
<!-- {{AP|Campaña de Lorena}} -->
A ofensiva de Patton detívose o 31 de agosto de 1944, cando o 3º Exército quedou sen combustible preto do [[río MoselleMosela]], na periferia de [[Metz]].<ref>{{cita libro|apelidos=Zaloga |nome=Steven |título=Armored Thunderbolt: The U.S. Army Sherman in World War II |editorial=Stackpole Books |ano=2008 |lugar=Mechanicsburg, Pensilvania |isbn=978-0-8117-0424-3|pp=184–193}}</ref> Patton esperaba que o comandante do teatro de guerra mantería o fluxo de combustible e das subministracións para apoiar os avances con éxito, pero Eisenhower favoreceu unha estratexia de "fronte ampla" para o esforzo de guerra en terra, crendo que un único empuxe provocaría unha perda da protección dos flancos, e perdería rapidamente o seu empuxe. Considerando as restricións do esforzo de guerra global, Eisenhower deulle a Montgomery e ó seu 21º Grupo do Exército unha maior prioridade na subministración de recursos para a [[Operación Market Garden]].<ref>{{cita libro|apelidos=Ambrose |nome=Stephen E. |título=Eisenhower: Soldier and President |editorial=Simon & Schuster |ano=2007 |lugar=Nova York |isbn=978-0-945707-39-4|pp=162–164}}</ref> Patton vía que as súas forzas estaban moi preto da [[Liña Sigfrido]] e díxolle a Bradley que cuns 400&nbsp;000 [[galón]]s (1&nbsp;500&nbsp;000 litros) de [[gasolina]] podería estar en Alemaña en dous días.{{sfn|Axelrod|2006|p=141}} A finais de setembro un gran contraataque de [[Panzer]]s alemáns foi enviado especificamente para deter o avance do 3º Exército de Patton, pero foi derrotado pola 4ª División Blindada dos Estados Unidos na [[batalla de Arracourt]]. Malia a vitoria conseguida nesta batalla, o 3º Exército mantívose onde estaba por mor da orde de Eisenhower, e os comandantes alemáns pola súa parte consideraron que a contraofensiva tivera éxito ó conseguir deter o avance de Patton.<ref>{{cita libro|apelidos= von Mellenthin |nome=Frederich W. |título=Panzer Battles: A Study of the Employment of Armor in the Second World War |ano=2006 |editorial=Konecky & Konecky |lugar=Old Saybrook, Connecticut |isbn=978-1-56852-578-5|pp=381–382}}</ref>
 
A inmobilización do 3º Exército durante o mes de setembro foi suficiente como para permitir que os alemáns conseguisen reforzar as [[fortificacións de Metz]]. En outubro e novembro o 3º Exército atopouse nunha situación de táboas cos alemáns durante a [[Batallabatalla de Metz]], cun gran número de baixas en ambos bandos. Patton tentou [[Batalla de Fort Dirant|capturar Fort Dirant]] ó sur de Metz, pero foi derrotado. Malia as dificultades, cara a mediados de novembro, os estadounidenses conseguiron asegurar a cidade de Metz.{{sfn|Axelrod|2006|p=142}} As decisións tomadas por Patton á hora de tomar esta cidade foron criticadas. Varios comandantes alemáns entrevistados trala guerra indicaron que Patton podería ter evitado a cidade e terse desprazado cara ó norte ata [[Luxemburgo]], illando así ó 7º Exército Alemán.{{sfn|Hirshson|2003|p=546}} O comandante alemán de Metz, o xeneral [[Hermann Balck]], declarou tamén que un ataque máis directo tería resultado nunha vitoria aliada máis decisiva na cidade. O historiador [[Carlo D'Este]] escribiu tempo despois que a [[Campaña de Lorena]] foi unha das que menos éxito tivo para Patton, indicando que fora culpa súa non despregar as súas divisións de forma máis agresiva e decisiva.{{sfn|D'Este|1995|p=669}} Por mor da falta de subministración e pola prioridade que Montgomery estaba a recibir ata que os aliados puidesen contar có porto de [[Antwerp]], Patton sentiuse frustrado pola falta de progreso das súas forzas. Dende o 8 de novembro ata o 15 de decembro, o seu exército non foi capaz de avanzar máis duns 65&nbsp;km.{{sfn|Axelrod|2006|pp=143–144}}
 
=== Batalla das Ardenas ===
{{AP|Batalla das Ardenas (1944)}}
[[Ficheiro:General Omar Bradley, General Dwight Eisenhower, and General George Patton, all graduates of West Point, survey war damage in Bastogne, Belgium. 1944-1945.jpg|miniatura|[[Omar Bradley|Bradley]], [[Dwight D. Eisenhower|Eisenhower]] e Patton trala liberación de Bastogne a comezos de 1945]]
En decembro de 1944, o exército alemán baixo o mando do mariscal de campo [[Gerd von Rundstedt]] lanzou unha última ofensiva a través de [[Bélxica]], [[Luxemburgo]] e o nordeste de [[Francia]]. O 16 de decembro, concentrou 29 divisións cun total de 250&nbsp;000 homes nun punto débil das liñas aliadas, e durante as primeiras fases da consecuente [[Batalla das Ardenas (1944)|Batallabatalla das Ardenas]], conseguiu un avance significativo cara ó [[río Meuse]] durante o peor inverno que tivera [[Europa]] en anos. Eisenhower organizou unha reunión de tódolos comandantes en xefe aliados da fronte occidental nun cuartel xeral preto de [[Verdún]] a mañá do 19 de decembro, para planear unha estratexia e unha resposta a este asalto alemán.{{sfn|D'Este|1995|pp=675–678}}
 
Naquel momento o 3º Exército estaba ocupado en combate preto de [[Saarbrücken]]. Supoñendo a intención da reunión, Patton ordenou ó seu equipo que preparase tres ordes de continxencia por separado para retirar os elementos do 3º Exército da súa posición naquel momento e comezar operacións ofensivas cara a varios obxectivos na zona das Ardenas ocupada polas forzas alemás.{{sfn|McNeese|2003|p=77}} Eisenhower liderou a reunión, á que asistiron Patton, Bradley, o xeneral [[Jacob L. Devers|Jacob Devers]], o xeneral maior [[Kenneth Strong]], o comandante supremo adxunto e mariscal en xefe do aire [[Arthur Tedder]], e varios outros oficiais.{{sfn|Blumenson|1974|p=599}} Cando Eisenhower lle preguntou a Patton canto tardaría en retirar seis divisións do seu 3º Exército para comezar o contraataque ó norte e relevar á 101ª División Aerotransportadas dos Estados Unidos, atrapada en [[Bastogne]], Patton respondeu; "Tan cedo como remates aquí comigo".{{sfn|McNeese|2003|p=75}} Patton explicou que xa tiña preparada unha orde operativa para un contraataque por parte de tres divisións ó completo para o 21 de decembro, tan só 48 horas despois da reunión.{{sfn|McNeese|2003|p=75}} Eisenhower amosouse incrédulo ante isto, e dixo: "Non sexas fatuo, George. Se tentas ir tan cedo non terás as tres divisións preparadas e acabarás en anacos". Patton respondeulle que o seu equipo xa tiña as ordes de continxencia preparadas. Aínda non convencido, Eisenhower ordenoulle a Patton que atacase durante a mañá do 22 de decembro, empregando polo menos tres divisións.{{sfn|Axelrod|2006|pp=148–149}}
Patton cultivou de forma deliberada unha imaxe ostentosa e distintiva considerando que así inspiraría as súas tropas. Levaba consigo un revólver [[Colt Single Action Army]] do calibre .45 prateado cunha empuñadura de marfil gravada, na cadeira dereita, e habitualmente levaba tamén un [[Smith & Wesson Modelo 27]] do calibre .357 cunha empuñadura de marfil na súa cadeira esquerda.{{sfn|Zaloga|2010|p=9}}{{sfn|Brighton|2009|p=xvi}} Adoitaba levar un casco moi pulido, pantalóns de montar e botas altas de cabalería.{{Sfn|D'Este|1995|p=478}} Así mesmo, poñía unha expresión seria que el mesmo chamaba a súa "cara de guerra".{{sfn|Lovelace|2014|p=110}} Adoitaba supervisar as manobras de adestramento subido a un tanque pintado de vermello, branco e azul, e o seu [[jeep]] levaba uns grandes indicadores de rango diante e atrás. Patton propuxo un novo uniforme para os emerxentes Corpos de Tanques, que incluía botóns pulidos, un casco dourado e traxes grosos e escuros. Os medios ridiculizaron esta proposta denominándoa "A avéspora verde", e o Exército rexeitouna.{{sfn|Axelrod|2006|pp=77–79}}
 
O historiador [[Alan Axelrod]] escribiu que "para Patton, o liderado non consistía simplemente en facer plans e dar ordes, consistía en transformarse un mesmo nun símbolo".{{sfn|Axelrod|2006|pp=80–82}} Patton expresou de forma intencionada un desexo evidente de gloria, algo atípico nos corpos de oficiais da época, algo que reforzaba mesturándose coas tropas no campo de batalla. Era admirador do almirante [[Horatio Nelson]] polas súas accións liderando a [[Batallabatalla de Trafalgar]] nun uniforme de gala completo.{{sfn|Axelrod|2006|pp=80–82}} A valentía das tropas supoñía unha preocupación para Patton,{{sfn|Axelrod|2006|pp=14–15}} levando as súas insignias de rango de forma notable durante o combate. Nunha ocasión durante a [[Primeira Guerra Mundial]] avanzou subido na parte superior dun tanque cara a unha vila controlada polos alemáns, procurando inspirar ós homes baixo o seu mando.{{sfn|Axelrod|2006|pp=54–55}} Era un [[fatalismo|fatalista]] devoto,{{sfn|Axelrod|2006|p=4}} e cría na [[reencarnación]], chegando a afirmar que nunha vida pasada podería ter sido un líder militar do exército de [[Napoleón]] falecido en combate, ou un [[lexionario]] [[Imperio Romano|romano]].{{sfn|Axelrod|2006|pp=11–12}}{{sfn|Brighton|2009|pp=36–37}} En marzo de 1944 adquiriu un can de raza [[Bull terrier]], ó que chamou "Willie" por [[Guillerme I de Inglaterra]] e que o acompañaba en tódalas súas viaxes.<ref>{{Cita novas|url=http://www.dailymail.co.uk/news/article-2240750/Dogs-War-How-canines-helped-FDR-Patton-Eisenhower-win-Second-World-War.html|título=Dogs of War: How canines helped FDR, Patton and Eisenhower win the Second World War|nome=Leslie|apelidos=Larson|data=30 November 2012|xornal=DayliMail|url-arquivo=https://web.archive.org/web/20121201065143/http://www.dailymail.co.uk/news/article-2240750/Dogs-War-How-canines-helped-FDR-Patton-Eisenhower-win-Second-World-War.html|data-arquivo=1 de decembro de 2012|deadurl=no}}</ref><ref>{{Cita novas|título=The tales of Fala, Willie and Telek|xornal=WND|url=http://www.wnd.com/2012/11/the-tales-of-fala-willie-and-telek/|data=26 de novembro de 2012|url-arquivo=https://web.archive.org/web/20160205135841/http://www.wnd.com/2012/11/the-tales-of-fala-willie-and-telek/|data-arquivo=5 de febreiro de 2016|deadurl=no}}</ref>
Desenvolveu unha gran habilidade para dar discursos carismáticos, en parte polas súas dificultades coa lectura.{{sfn|Axelrod|2006|pp=67–68}} Usaba palabras malsoantes nos seus discursos, o que habitualmente resultaba ofensivo para outros xenerais, incluíndo Bradley, pero que encaixaba ben entre as tropas.{{sfn|D'Este|1995|p=578}} Os máis famosos foron unha serie de discursos perante o 3º Exército antes da Operación Overlord.{{sfn|Axelrod|2006|pp=130–131}} Cando falaba facíao con franqueza e ocorrencia. Nunha ocasión dixo: "As dúas armas máis perigosas que teñen os alemáns son os nosos propios [[semi-eiruga]]s e jeeps. Os semi-eirugas porque os rapaces neles póñense en plan heroico, pensando que van nun tanque. Os jeeps porque temos demasiados condutores espantosos".<ref name="Evans">{{Cita libro|apelidos=Evans |nome=Colin |título=Great feuds in history : ten of the liveliest disputes ever |editorial=John Wiley and Sons |lugar=Nova York |ano=2001 |isbn=0-471-38038-5|pp=151–168}}</ref> Durante a Batallabatalla das Ardenas afirmou que os Aliados deberían "deixar que os fillos de puta [alemáns] vaian todo o camiño ata París, entón cortariámolos e arrodeariámolos".<ref name="Evans"/> Tamén chegou a facer unha broma dicindo que o seu 3º Exército sería capaz de "facer retroceder ós británicos cara ó mar para outro [[Batalla de Dunquerque|Dunquerque]]".<ref name="Evans"/>
 
[[Ficheiro:Patton's .357 revolver.jpg|miniatura|esquerda|O [[Smith & Wesson Modelo 27]] do calibre .357 de Patton]]
10.308

edicións