Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
Patton foi o fillo primoxénito de [[George S. Patton (1856–1927)|George Smith Patton Sr.]] e Ruth Wilson. Tivo unha irmá menor, chamada Anne. A súa familia era de ascendencia [[Irlandeses Americanos|irlandesa]], [[Escoceses-Irlandeses Americanos|escocesa-irlandesa]], [[pobo inglés|inglesa]] e [[pobo galés|galesa]]. A súa bisavoa pertencera a unha familia de aristócratas galeses, descendentes de lores galeses de [[Glamorgan]].{{sfn|Axelrod|2006|p=13}} Durante a súa vida Patton sostivo que en vidas anteriores fora un soldado e amosouse orgulloso de posuír ligazóns místicas cos seus devanceiros.<ref>{{cita libro|autor=Army Times Publishing Company|título=Warrior; the story of General George S. Patton|ano=1967|editorial=Putnam|páxina=15}}</ref><ref>{{cita libro|nome=Michael|apelidos= Keane|título=George S. Patton: Blood, Guts, and Prayer|url=https://books.google.com/books?id=byMjBQAAQBAJ&pg=PA84|ano=2014|editorial=Regnery Publishing |páxina=84|isbn=9781621572985}}</ref>{{sfn|Randall|Nahra|2014|pp=3-4}}<ref>{{cita libro|nome=Jonathan W.|apelidos= Jordan|título=Brothers, Rivals, Victors: Eisenhower, Patton, Bradley and the Partnership that Drove the Allied Conquest in Europe|url=https://books.google.com/books?id=G001xz-FDhEC&pg=PT252|ano=2011|editorial=Penguin|páxina=252|isbn=9781101475249}}</ref> Aínda que sen ser descendente directo de [[George Washington]], Patton trazaba parte das súas raíces coloniais ó bisavó de George Washington,<ref name="George S page 23">{{Cita libro|título=George S. Patton|nome=Earle|apelidos= Rice|páxina=23|editorial=Infobase Publishing|ano=2009|isbn=9781438103280}}</ref> así como a descendentes de [[Eduardo I de Inglaterra]] e a [[Filipe III de Francia]].<ref name="George S page 23"/> A crenza familiar mantiña que os Patton eran descendentes de dezaseis dos baróns asinantes da [[Carta Magna]].<ref name="George S page 23"/>
 
Patton era descendente de [[Hugh Mercer]], morto na [[Batallabatalla de Princeton]] durante a [[Revolución Americana]]. O avó por parte de pai de Patton era o Coronel [[George S. Patton Sr.|George Smith Patton]], quen comandara o 22º Rexemento de Infantería Confederada de Virxinia baixo as ordes de [[Jubal Early]] durante a [[Guerra Civil Estadounidense|guerra civil estadounidense]] e falecera na [[Terceira Batalla de Winchester]], mentres que o seu tio avó o Coronel [[Waller T. Patton]] falecera mentres lideraba o 7º Rexemento de Infantería Confederada de Virxinia na [[Carga de Pickett]] durante a [[Batalla de Gettysburg]]. O pai de Patton graduouse no [[Instituto Militar de Virxinia]], pasando a exercer de avogado e posteriormente de fiscal do distrito do [[Condado de Los Angeles]]. O avó por parte de nai de Patton fora [[Benjamin Davis Wilson]], quen fora alcalde de [[Los Angeles]] e obtivera grande éxito financeiro como comerciante. A súa familia era acomodada, e Patton pasou a súa infancia na súa propiedade familiar de 800&nbsp;[[hectárea]]s.{{sfn|Zaloga|2010|p=6}}
 
[[Ficheiro:Patton at VMI 1907.jpg|miniatura|esquerda|Patton no [[Instituto Militar de Virxinia]]]]
En xullo de 1932 Patton estaba destinado como oficial executivo do 3º de Cabalería, que estaba destacado en Washington por orde do xeneral [[Douglas MacArthur]]. O 28 de xullo MacArthur ordenou que as tropas de Patton avanzasen contra un grupo de veteranos coñecidos como o ''[[Bonus Army]]'' que estaban a manifestarse empregando [[gas lacrimóxeno]] e [[baioneta]]s. Patton non estaba de acordo coa actitude de MacArthur neste aspecto, xa que recoñecía a lexitimidade das queixas dos veteranos e xa tiña rexeitado anteriormente empregar a forza para dispersalos. Posteriormente afirmaría que aínda que consideraba ese deber "moi desagradable" tamén consideraba que dispersando ós manifestantes prevíase unha insurrección e estábanse salvando vidas e evitándose danos materiais. Acabou liderando persoalmente ó 3º de Cabalería a través de [[Pennsylvania Avenue (Washington, D.C.)|Pennsylvania Avenue]], dispersando a manifestación.{{sfn|Axelrod|2006|pp=69–70}}{{sfn|Brighton|2009|pp=58–59}}<ref>{{cita libro|apelidos1=Allen |nome1=Thomas |apelidos2=Dickson |nome2=Paul |título=The Bonus Army: An American Epic |editorial=Walker & Company |ano=2006 |lugar=Londres |isbn=978-0-80277-738-6|p=194}}</ref>
 
Patton foi ascendido a tenente coronel no exército regular o 1 de marzo de 1934, e foi asignado á División de Hawai a comezos de 1935. Alí comezou a darlle seguimento ás cada vez maiores hostilidades e aspiracións de conquista do [[Xapón]]. Deseñou un plan para internar ós xaponeses que vivían nas illas en caso dun ataque, como resultado das atrocidades acometidas polos xaponeses contra a poboación [[China|chinesa]] durante a [[Guerraguerra Sinosino-Xaponesaxaponesa]]. En 1937 escribiu un artigo titulado ''"Surprise"'' que predicía, co que segundo o historiador D'Este foi unha "precisión inquietante", un ataque sorpresa por parte dos xaponeses en Hawai.{{sfn|D'Este|1995|p=361}} Deprimido pola falta de previsións de novos conflitos, Patton comezou a beber en exceso e mantivo unha breve relación cunha sobriña política súa de 21 anos, [[Jean Gordon]].{{sfn|Axelrod|2006|pp=71–72}}
 
Nesta época Patton continuaba practicando o [[polo (deporte)|polo]] e a [[Navegación marítima|navegación]]. En 1937, durante unhas vacacións en [[Los Angeles]], recibiu un couce dun cabalo que lle fracturou a perna, derivándolle nunha severa [[flebite]]. Este incidente estivo a piques de deixalo fora do servizo activo, pero tras unha asignación administrativa de seis meses no Departamento Académico da Escola de Cabalería en Fort Riley serviulle para recuperarse da lesión.{{sfn|Axelrod|2006|pp=71–72}} Foi ascendido a coronel o 24 de xullo de 1938 e recibiu o mando do 5º Rexemento de Cabalería en [[Fort Clark, Texas]] durante seis meses, posición que lle desagradaba. En decembro volveu a Fort Myer de novo como comandante do 3º de Cabalería e coñeceu a [[George C. Marshall]]. Marshall quedou impresionado con Patton, e considerábao un candidato prioritario para un ascenso a xeneral. Porén, en tempos de paz mantívose no rango de coronel para seguir estando dispoñible para comandar un rexemento.{{sfn|Axelrod|2006|pp=73–74}}
=== Campaña de Lorena ===
<!-- {{AP|Campaña de Lorena}} -->
A ofensiva de Patton detívose o 31 de agosto de 1944, cando o 3º Exército quedou sen combustible preto do [[Ríorío Moselle]], na periferia de [[Metz]].<ref>{{cita libro|apelidos=Zaloga |nome=Steven |título=Armored Thunderbolt: The U.S. Army Sherman in World War II |editorial=Stackpole Books |ano=2008 |lugar=Mechanicsburg, Pensilvania |isbn=978-0-8117-0424-3|pp=184–193}}</ref> Patton esperaba que o comandante do teatro de guerra mantería o fluxo de combustible e das subministracións para apoiar os avances con éxito, pero Eisenhower favoreceu unha estratexia de "fronte ampla" para o esforzo de guerra en terra, crendo que un único empuxe provocaría unha perda da protección dos flancos, e perdería rapidamente o seu empuxe. Considerando as restricións do esforzo de guerra global, Eisenhower deulle a Montgomery e ó seu 21º Grupo do Exército unha maior prioridade na subministración de recursos para a [[Operación Market Garden]].<ref>{{cita libro|apelidos=Ambrose |nome=Stephen E. |título=Eisenhower: Soldier and President |editorial=Simon & Schuster |ano=2007 |lugar=Nova York |isbn=978-0-945707-39-4|pp=162–164}}</ref> Patton vía que as súas forzas estaban moi preto da [[Liña Sigfrido]] e díxolle a Bradley que cuns 400&nbsp;000 [[galón]]s (1&nbsp;500&nbsp;000 litros) de [[gasolina]] podería estar en Alemaña en dous días.{{sfn|Axelrod|2006|p=141}} A finais de setembro un gran contraataque de [[Panzer]]s alemáns foi enviado especificamente para deter o avance do 3º Exército de Patton, pero foi derrotado pola 4ª División Blindada dos Estados Unidos na [[Batallabatalla de Arracourt]]. Malia a vitoria conseguida nesta batalla, o 3º Exército mantívose onde estaba por mor da orde de Eisenhower, e os comandantes alemáns pola súa parte consideraron que a contraofensiva tivera éxito ó conseguir deter o avance de Patton.<ref>{{cita libro|apelidos= von Mellenthin |nome=Frederich W. |título=Panzer Battles: A Study of the Employment of Armor in the Second World War |ano=2006 |editorial=Konecky & Konecky |lugar=Old Saybrook, Connecticut |isbn=978-1-56852-578-5|pp=381–382}}</ref>
 
A inmobilización do 3º Exército durante o mes de setembro foi suficiente como para permitir que os alemáns conseguisen reforzar as [[fortificacións de Metz]]. En outubro e novembro o 3º Exército atopouse nunha situación de táboas cos alemáns durante a [[Batalla de Metz]], cun gran número de baixas en ambos bandos. Patton tentou [[Batalla de Fort Dirant|capturar Fort Dirant]] ó sur de Metz, pero foi derrotado. Malia as dificultades, cara a mediados de novembro, os estadounidenses conseguiron asegurar a cidade de Metz.{{sfn|Axelrod|2006|p=142}} As decisións tomadas por Patton á hora de tomar esta cidade foron criticadas. Varios comandantes alemáns entrevistados trala guerra indicaron que Patton podería ter evitado a cidade e terse desprazado cara ó norte ata [[Luxemburgo]], illando así ó 7º Exército Alemán.{{sfn|Hirshson|2003|p=546}} O comandante alemán de Metz, o xeneral [[Hermann Balck]], declarou tamén que un ataque máis directo tería resultado nunha vitoria aliada máis decisiva na cidade. O historiador [[Carlo D'Este]] escribiu tempo despois que a [[Campaña de Lorena]] foi unha das que menos éxito tivo para Patton, indicando que fora culpa súa non despregar as súas divisións de forma máis agresiva e decisiva.{{sfn|D'Este|1995|p=669}} Por mor da falta de subministración e pola prioridade que Montgomery estaba a recibir ata que os aliados puidesen contar có porto de [[Antwerp]], Patton sentiuse frustrado pola falta de progreso das súas forzas. Dende o 8 de novembro ata o 15 de decembro, o seu exército non foi capaz de avanzar máis duns 65&nbsp;km.{{sfn|Axelrod|2006|pp=143–144}}
Naquel momento o 3º Exército estaba ocupado en combate preto de [[Saarbrücken]]. Supoñendo a intención da reunión, Patton ordenou ó seu equipo que preparase tres ordes de continxencia por separado para retirar os elementos do 3º Exército da súa posición naquel momento e comezar operacións ofensivas cara a varios obxectivos na zona das Ardenas ocupada polas forzas alemás.{{sfn|McNeese|2003|p=77}} Eisenhower liderou a reunión, á que asistiron Patton, Bradley, o xeneral [[Jacob L. Devers|Jacob Devers]], o xeneral maior [[Kenneth Strong]], o comandante supremo adxunto e mariscal en xefe do aire [[Arthur Tedder]], e varios outros oficiais.{{sfn|Blumenson|1974|p=599}} Cando Eisenhower lle preguntou a Patton canto tardaría en retirar seis divisións do seu 3º Exército para comezar o contraataque ó norte e relevar á 101ª División Aerotransportadas dos Estados Unidos, atrapada en [[Bastogne]], Patton respondeu; "Tan cedo como remates aquí comigo".{{sfn|McNeese|2003|p=75}} Patton explicou que xa tiña preparada unha orde operativa para un contraataque por parte de tres divisións ó completo para o 21 de decembro, tan só 48 horas despois da reunión.{{sfn|McNeese|2003|p=75}} Eisenhower amosouse incrédulo ante isto, e dixo: "Non sexas fatuo, George. Se tentas ir tan cedo non terás as tres divisións preparadas e acabarás en anacos". Patton respondeulle que o seu equipo xa tiña as ordes de continxencia preparadas. Aínda non convencido, Eisenhower ordenoulle a Patton que atacase durante a mañá do 22 de decembro, empregando polo menos tres divisións.{{sfn|Axelrod|2006|pp=148–149}}
 
Patton saíu da sala da conferencia, chamou o seu oficial de mando e pronunciou dúas palabras: ''"Play ball"'' ("A xogar"). Esta frase en código iniciou unha orde operativa predefinida para os oficiais de Patton, mobilizando a tres divisións&nbsp;– a—a 4ª División Blindada, a 80ª División de Infantería e a 26ª División de Infantería&nbsp;–Infantería— dende onde se atopaba o 3º Exército desprazándoas cara ó norte ata Bastogne.{{sfn|McNeese|2003|p=77}} En total Patton reposicionou seis divisións ó completo, o 3º Corpo e o 12º Corpo, dende as súas posicións da fronte do [[Río Saar]] ata unha liña que ía dende Bastogne ata [[Diekirch]] e [[Echternach]].{{sfn|McNeese|2003|p=78}} Nuns poucos días, máis de 133&nbsp;000 vehículos do 3º Exército foron redirixidos cara á nova ofensiva cubrindo unha distancia media de máis de 18&nbsp;km por vehículo, seguidos dos equipos de subministración cun total dunhas 62&nbsp;000 toneladas.{{sfn|McNeese|2003|p=79}}
 
O 21 de decembro Patton reuniuse con Bradley para revisar o próximo avance, dicíndolle ó comezo da reunión: "Brad, desta vez os cabezas cadradas meteron a cabeza na trituradora, e eu teño a manivela agarrada".{{sfn|McNeese|2003|p=77}} Durante a reunión Patton indicou que o seu 3º Exército debería atacar cara a [[Koblenz]], cortando o terreo recuperado polos alemáns pola base e atrapando así o exército alemán involucrado na ofensiva. Tras unha breve consideración, Bradley vetou esta proposta, indicando que a preocupación principal era a liberación de Bastogne antes de que fose invadida.{{sfn|Axelrod|2006|pp=148–149}} O 26 de decembro, as primeiras unidades da 4ª División Blindada do 3º Exército chegaron a Bastogne, abrindo unha corredoira para a liberación e resubministración das forzas alí asediadas. A habilidade de Patton para retirar a seis divisións da liña da fronte de combate no medio do inverno para entón dirixilas cara ó norte e liberar Bastogne foi un dos seus logros máis remarcados da guerra.{{sfn|Axelrod|2006|pp=152–153}} Posteriormente escribiría que a liberación de Bastogne fora "A operación máis brillante que fixemos ata o de agora, e na miña opinión a fazaña máis destacada da guerra. Esta é a miña maior batalla".{{sfn|McNeese|2003|p=79}}
Patton foi designado gobernador militar de [[Bavaria]], onde liderou ó 3º Exército nas tarefas de [[desnazificación]].{{sfn|Axelrod|2006|pp=163–164}} Cando recibiu a nova de que a guerra no Pacífico contra o [[Xapón]] chegara ó seu fin, escribiu no seu diario: "Outra guerra que remata, e con ela a miña utilidade para o mundo".{{sfn|Axelrod|2006|pp=163–164}} Descontento coa súa posición e deprimido ó crer que nunca loitaría de novo noutra guerra, o seu comportamento e as súas afirmacións tornáronse cada vez máis erráticas. Existen varias teorías sobre o seu comportamento a partir deste momento. Carlo D'Este indicou que "semella virtualmente inevitable que Patton experimentase algún tipo de dano cerebral por mor de demasiadas lesións na cabeza", lesións debidas a diversos accidentes ó longo da súa vida, o máis grave o que sufriu en 1936 mentres xogaba ó [[polo (deporte)|polo]].{{sfn|D'Este|1995|pp=535–536}}
 
A sobriña de Patton, Jean Gordon, volveu a aparecer na súa vida neste punto. Pasaron un tempo xuntos en Londres no ano 1944, e de novo en Bavaria en 1945.{{sfn|D'Este|1995|p=744}} Patton adoitaba facer alarde dos seus éxitos sexuais con ela, pero os biógrafos de Patton amosáronse escépticos ó respecto. Segundo Hirshson a relación era casual,{{sfn|Hirshson|2003|p=535}} e Showalter indicou que Patton, baixo un severo estrés físico e psicolóxico, inventaba as historias de conquistas sexuais para demostrar a súa virilidade.<ref>{{cita libro|apelidos=Showalter |nome=Dennis E.| título = Patton And Rommel: Men of War in the Twentieth Century |ano=2006 |editorial = Berkley Books |isbn= 978-0-425-20663-8 |lugar=Nova York|pp=412–13}}</ref> D'Este concorda nisto, indicando "O seu comportamento suxire que tanto en 1936 [en Hawai] e 1944–451944-45, a presenza da xove e atractiva Jean foi un medio para aliviar as ansiedades dun home de mediana idade atribulado pola súa virilidade e polo medo ó envellecemento".{{sfn|D'Este|1995|p=743}}
 
Patton suscitou tamén controversia como gobernador militar cando se fixo público que varios antigos membros do [[Partido Nazi]] continuaban mantendo postos políticos na súa rexión.{{sfn|Axelrod|2006|pp=163–164}} Nas respostas ós medios sobre este tema, Patton comparou repetidamente os nazis ós [[Partido Demócrata dos Estados Unidos|demócratas]] e [[Partido Republicano dos Estados Unidos|republicanos]] indicando que a maioría da xente con experiencia na dirección de infraestruturas foran atraídas a unirse ó partido durante a guerra. Estas declaracións causaron un aumento de prensa negativa e enfureceu a Eisenhower.{{sfn|Axelrod|2006|pp=165–166}}{{sfn|Brighton|2009|p=16}} O 28 de setembro de 1945, tras unha acalorada discusión con Eisenhower polas súas declaracións, Patton foi relevado da súa posición como gobernador militar. O 7 de outubro dese mesmo ano foi relevado como comandante do 3º Exército, afirmando no seu discurso de despedida: "Tódalas cousas boas deben chegar ó seu fin. O mellor que nunca me pasou ata hoxe foi a honra e privilexio de ter comandado o 3º Exército".{{sfn|Axelrod|2006|pp=165–166}}
 
[[Ficheiro:General Montgomery with Generals Patton (left) and Bradley (centre) at 21st Army Group HQ, Normandy, 7 July 1944. B6551.jpg|miniatura|esquerda|Patton, [[Omar Bradley|Bradley]] e [[Bernard Montgomery|Montgomery]] en [[Normandía]] o 7 de xullo de 1944]]
Á marxe da estima que Eisenhower tiña das capacidades de realizar plans estratéxicos de Patton, a visión xeral do que tiña do seu valor militar para acadar a vitoria Aliada en Europa quedou patente no rexeitamento de Eisenhower de tan sequera considerar enviar a Patton de volta ós Estados Unidos tralos incidentes das labazadas ós soldados en 1943, tralos que declarou en privado: "Patton é indispensable para o esforzo de guerra&nbsp;– un—un dos garantes da nosa vitoria".{{sfn|D'Este|1995|p=536}} Trala morte de Patton, Eisenhower escribiu o seu propio tributo: "Foi un deses homes nados para ser soldado, un líder idóneo para o combate&nbsp;... Non esaxero ó dicir que o nome de Patton metía o medo no corpo do inimigo".{{sfn|D'Este|1995|p=818}}
 
[[Carlo D'Este]] insistiu en que Bradley non simpatizaba con Patton tanto persoalmente como profesionalmente,{{sfn|D'Este|1995|pp=466–467}}<ref name="Deste2002"/> pero o biógrafo de Bradley Jim DeFelice indicou que as probas indican o contrario.<ref>{{Cita libro|apelidos=DeFelice |nome=Jim |título=Omar Bradley: General at War |ano=2011 |editorial=Regenery History |lugar=Washington, DC |isbn=9781596981393 |p=402}}</ref> O presidente [[Franklin D. Roosevelt]] tiña unha grande estima aparente por Patton e as súas capacidades, afirmando del que era "un dos nosos mellores xenerais".{{sfn|D'Este|1995|p=755}} Por outra banda, o sucesor de Roosevelt, [[Harry S. Truman]], presentou unha antipatía aparente cara a Patton, chegando a comparalo tanto a el como a [[Douglas MacArthur]] con [[George Armstrong Custer]].{{sfn|D'Este|1995|p=755}}
10.308

edicións