Abrir o menú principal

Cambios

Arranxos
'''George Smith Patton Jr.''', nado en [[San Gabriel, California|San Gabriel]], [[California]], o [[11 de novembro]] de [[1885]] e finado en [[Heidelberg]], [[Alemaña]] o [[21 de decembro]] de [[1945]], coñecido tamén como o '''xeneral Patton''', foi un oficial do [[Exército dos Estados Unidos de América|exército dos Estados Unidos]]. Comandou o 7º Exército dos Estados Unidos nos teatros de operacións [[Teatro de operacións Europeo na Segunda Guerra Mundial|de Europa]] e [[Teatro de operacións Mediterráneo na Segunda Guerra Mundial|do Mediterráneo]] durante a [[Segunda Guerra Mundial]], aínda que é máis coñecido por liderar o 3º Exército dos Estados Unidos en [[Fronte Occidental (Segunda Guerra Mundial)|Francia e Alemaña]] trala [[Desembarco de Normandía|invasión de Normandía]] por parte dos [[Aliados da Segunda Guerra Mundial|Aliados]] en xuño de 1944.
 
Nado en 1885 no seo dunha familia cunha longa tradición militar, Patton asistiu ó [[Instituto Militar de Virxinia]] e posteriormente á [[Academia Militar dos Estados Unidos]] en [[West Point, Nova York|West Point]]. Participou nos [[Xogos Olímpicos de 1912]] na disciplina de [[péntatlon moderno|péntatlon]], acadando a quinta posición. Tras esta participación, Patton estudou [[esgrima]] en [[Francia]], e deseñou o [[Sabre de Cabalería M1913]], que pasaría a ser coñecido como a "Espada Patton" e do que o Departamento de Guerra ordenou producir 20 000 unidades en 1913. Nese mesmo ano Patton foi destinado como "Mestre da Espada" e principal instrutor dun novo curso de loita con espadas na Mounted Service School de [[Fort Riley, Kansas|Fort Riley]], Kansas.
 
A súa primeira participación militar tivo lugar durante a [[Expedición Pancho Villa]] en 1916, formando parte da primeira acción militar estadounidense que utilizou vehículos a [[motor de combustión|motor]]. Uniuse posteriormente ó naquel entón recentemente creado Corpo de Tanques da [[Forza Expedicionaria dos Estados Unidos]], participando na [[Primeira Guerra Mundial]] comandando a escola estadounidense de tanques en Francia e recibindo unha ferida mentres lideraba un corpo de [[tanque]]s durante un combate cara ó final da guerra. Durante o [[período de entreguerras]] Patton mantívose como unha figura central no desenvolvemento da doutrina de [[guerra blindada]] do exército estadounidense, servindo en diversos postos administrativos por todo o país. Tras varios ascensos, atopábase no mando da Segunda División Blindada no momento en que Estados Unidos entrou na Segunda Guerra Mundial.
 
Patton liderou as tropas estadounidenses no [[Teatro de operacións Mediterráneo na Segunda Guerra Mundial|Mediterráneo]] cunha invasión de [[Casablanca]] durante a [[Operación Torch]] en 1942, establecéndose como un comandante efectivo trala súa rápida rehabilitación do 2º Corpo do Exército. Liderou o 7º Exército durante a [[invasión aliada de Sicilia]], sendo o primeiro comandante Aliadoaliado en chegar a [[Messina]]. Alí viuse involucrado nunha controversia cando [[Incidentes das labazadas de George S. Patton|lle propinou unha labazada a dous soldados]] en estado de [[shock]] que estaban baixo o seu mando, polo que foi temporalmente destituído do mando. Retornou ó mando do 3º Exército trala [[Desembarco de Normandía|invasión de Normandía]] en xuño de 1944, liderando con éxito o rápido avance blindado dos Aliados a través de Francia. Liderou a liberación das tropas estadounidenses asediadas en [[Asedio de Bastogne]] durante a [[Batalla das Ardenas (1944)|Batalla das Ardenas]], chegando co seu 3º exército a territorio da [[Alemaña Nazi]] cara ó final da guerra.
 
Trala guerra pasou a ser o gobernador militar de [[Bavaria]], pero foi destituído deste posto tralas súas afirmacións sobre a [[desnazificación]]. Pasou a comandar o 15º Exército dos Estados Unidos durante pouco máis de dous meses, falecendo en [[Heidelberg]] o 21 de decembro de 1945 como resultado das feridas sufridas nun accidente [[automóbil|automobilístico]] doce días antes.
 
A súa imaxe peculiar xunto coa súa personalidade ambiciosa e enerxética, así como o seu éxito como comandante militar, víronse en diversas ocasións escurecidos polas súas controvertidas declaracións públicas e algunhas afirmacións privadas [[racismo|racistas]] e [[antisemitismo|antisemitas]]. A súa filosofía de liderar dende a fronte e a súa capacidade para inspirar ásas tropas con discursos cheos de vulgaridades, como por exemplo o [[Discurso de George S. Patton ó Terceiro Exército|seu discurso ó 3º Exército]], fixeron que recibise unha consideración favorable, mentres que a súa énfase nas accións militares ofensivas rápidas e agresivas resultaron ser efectivas no transcurso da guerra. Mentres que os líderes Aliados mantiñan opinións moi diversas sobre Patton, os seus opoñentes do [[Oberkommando der Wehrmacht|Alto Mando Alemán]] tiñan unha gran consideración del. O filme biográfico de 1970 ''[[Patton (filme)|Patton]]'' acadou unha gran popularidade e axudou a que Patton pasase a ser considerado un heroe popular para os estadounidenses.
 
== Xuventude e educación ==
De neno tivo dificultades para ler e escribir, mais conseguiu superalas posteriormente, chegando a coñecérselle como un ávido lector na súa vida adulta. Segundo os historiadores [[Carlo D'Este]] e [[Alan Axelrod]] estas dificultades foron probablemente o resultado dunha [[dislexia]] non diagnosticada.{{sfn|Axelrod|2006|pp=11–12}} Recibiu educación na casa ata que cumpriu os once anos de idade, cando se alistou na Stephen Clark's School for Boys, unha escola privada de [[Pasadena, California|Pasadena]], pasando alí os seus seguintes seis anos. Alí describiron a Patton como un neno intelixente e versado na [[historia militar]] clásica, particularmente en [[Aníbal]], [[Escipión o Africano]], [[Xulio César]], [[Xoana de Arco]] e [[Napoleón Bonaparte|Napoleón]], así como do amigo da familia [[John Singleton Mosby]], quen adoitaba visitalos cando el aínda era un neno.{{sfn|Axelrod|2006|pp=11–12}} Foi naquel entón cando se converteu tamén nun asiduo practicante da [[equitación]].{{sfn|Axelrod|2006|p=13}}
 
Durante unhas vacacións familiares á [[Illa Santa Catalina, California|Illa Santa Catalina]] en 1902, Patton coñeceu a Beatrice Banning Ayer, filla do industrial de [[Boston]] [[Frederick Ayer]].{{sfn|Axelrod|2006|pp=14–15}} Casaron o 26 de maio de 1910 en [[Beverly Farms, Massachusetts]], e tiveron tres fillos, Beatrice Smith (nada en marzo de 1911),{{sfn|Axelrod|2006|pp=28–29}} Ruth Ellen (nada en febreiro de 1915),{{sfn|Axelrod|2006|p=35}} e [[George Patton IV]] (nado en decembro de 1923).{{sfn|Axelrod|2006|pp=65–66}}{{refn|Patton consideraba óo seu fillo como o cuarto en levar o nome familiar, tras George Hugh Smith, George Smith Patton Sr. e el mesmo.{{sfn|Axelrod|2006|pp=65–66}}|group=lower-alpha}}
 
Patton nunca chegou a considerar seriamente unha carreira que non fose dentro do exército.{{sfn|Axelrod|2006|p=13}} Cando tiña dezasete anos escribiulle unha carta ó [[Senado dos Estados Unidos de América|senador]] [[Thomas R. Bard]], procurando unha reunión para entrar na [[Academia Militar dos Estados Unidos]], e Bard indicoulle que debía completar un exame de admisión. Temendo obter un pobre resultado neste exame, Patton inscribiuse en varias universidades que contaban con programas de Corpos de Adestramento de Oficiais de Reserva. Patton foi admitido na [[Universidade de Princeton]] pero finalmente decidiu inscribirse no Instituto Militar de Virxinia.{{sfn|Axelrod|2006|pp=14–15}} Asistiu a este instituto de 1903 ata 1904, con problemas na lectura e na escritura pero cunha gran cualificación nas inspeccións de uniforme e aparencia así como nos [[exercicio militar|exercicios militares]], o que lle gañou a admiración dos seus compañeiros cadetes e o respecto dos estudantes máis vellos ca el. O 3 de marzo de 1904, tras varias cartas enviadas por Patton e un bo resultado no exame de admisión, Bard recomendouno para a súa entrada en West Point.{{sfn|Blumenson|1972|p=92}}
27.336

edicións