Diferenzas entre revisións de «Euskal Herritarrok»

m
→‎top: Arranxos varios
m (Bot: Substitución automática de texto (-estatus +status))
m (→‎top: Arranxos varios)
'''Euskal Herritarrok''' ("Cidadáns Vascos", en [[éuscaro]]) foi unha coalición [[independentismo|independentista]] e de [[esquerda]]s [[Euskal Herria|vasca]] xurdida en [[1998]] como órgano electoral da [[esquerda abertzale]]. Euskal Herritarrok tivo unha vida efémera e a súa presentación a uns comicios electorais limitouse ás eleccións autonómicas de 1998 e ás municipais e forais de [[1999]]. En ambas convocatorias superou a marca electoral que un partido defendendo esa ideoloxía nunca obtivera na comunidade autónoma vasca: 223.264 persoas lles deron o voto{{cómpre referencia}}. Nas eleccións municipais estableceron unha coalición con outros partidos de esquerda extraparlamentar e superaron a marca anterior, aínda que cómpre ter en conta que Euskal Herritarrok se presentaba nun territorio maior en extensión, ao presentar listas aos municipios e ao [[Parlamento de Navarra]].
 
Por discrepancias coa liña política seguida e a organización interna, produciuse a escisión de [[Aralar]]. O partido [[Batzarre]], que preexistía á coalición e que non é independentista, participou da coalición electoral Euskal Herritarrok, coalición que abandonou trala ruptura da tregua de [[ETA]], ao non haber condena algunha por parte de Euskal Herritarrok.
Máis adiante, diversas correntes da esquerda ''abertzale'' entraron nun proceso de discusión e refundación de onde xurdiu [[Batasuna]], partido político que foi declarado ilegal en España no ano [[2002]], permanecendo legal en Francia.
 
O proxecto no que se apoiaba Euskal Herritarrok era o da creación dun Estado independente para as sete provincias vascas de [[Euskal Herria]], catro das cales están baixo administración española e tres baixo administración francesa. Para isto a esquerda ''abertzale'' defende o [[dereito de autodeterminación]]. A aplicación do mesmo consistiría na celebración dun [[referendo]] sobre o status que debería ter o País Vasco nas sete provincias. A esquerda ''abertzale'' herda un ideario [[socialista]]. Se ben a forma en que ese socialismo sería definido é difícil, acuñaron o termo de "socialismo identitario" como unha forma de socialismo adaptado á situación do País Vasco. Respecto ao emprego da violencia, a esquerda ''abertzale'' entende que esta é produto dun conflito político, e polo tanto considera a condena como unha ferramenta fútil e avoga pola superación do conflito mediante o recoñecemento da territorialidade vasca e o exercicio do dereito de autodeterminación.
 
==Véxase tamén==
393.002

edicións