Batu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios
Liña 11:
Tras estas vitorias, o fillo de Ögödei, [[Güyük]], puxo en cuestión o liderado de Batu tras ofendelo nun banquete. Ögödei amoestouno duramente chamándoo a Mongolia e obrigándoo a retornar con Batu disciplinadamente.
 
Batu enviou espías a [[Hungría]], [[Austria]] e [[Polonia]] co fin de preparar o ataque ao corazón de Europa. Decidiu avanzar protexendo os flancos penetrando en Europa central en tres grupos. O primeiro esmagou as forzas combinadas do [[Henrique o piadoso]] e o Gran Mestre da [[Orde Teutónica]] en [[Batalla de Legnica|Legnica]]. Un segundo grupo cruzou os [[Cárpatos]], e un terceiro seguiu a ribeira do [[Danubio]]. Güyük avanzou triunfalmente por [[Transilvania]], ao tempo que Bujk se lanzaba sobre o [[río Sajo]] e infrinxía unha contundente derrota ao rei [[Bela IV]]] e os seus aliados na [[batalla de Mohi]]. Bela fuxía a [[Croacia]] perseguido por Khadan. Batu ordenaba xa acuñar moeda en Hungría e asignaba o país de Bela a Orda. Ao pouco tempo escribía ao emperador do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]], [[Federico II]], instándolle a que renunciase ao seu trono. Só a morte de Ögödei en [[1241]] salvou á Cristiandade occidental.
 
=== Relacións co Gran Khan Güyük ===
O seu gran carisma e virtual independencia non foi suficiente para ser elixido polo ''kurultai'', que tardou en optar por Güyük como Gran Khan.
 
Batu estableceu a súa capital en [[Sarai]] e dende alí gobernaba sobre os príncipes rusos aos que esixía unha fidelidade persoal. Pretendeu tamén dirixir a política en [[Xeorxia]] a prol de [[David Narin]], pero o Gran Khan [[Güyük]] interferiu e impuxo como soberano ao liberado do poder dos turcos [[David Ulu]]. Güyük quixo poñer de manifesto a súa superior autoridade; recibiu a [[Alexandre Nevski]] e púxoo ao fronte do sur de [[Rusia]] e a [[André II]] confirmoulle o trono de Vladimir-Suzdal.
 
Por fin [[Güyük]] chamou a Batu a Mongolia. Advertido este pola viúva de [[Tolui]], [[Sorghaghtani Beki]], de que podía ser unha trampa, dirixiuse a Mongolia co seu poderoso e temido exército. [[Güyük]] saíu ao seu encontro facendo o propio. Cando o choque parecía inevitable, Güyük faleceu en circunstancias pouco claras.
Liña 23:
Batu convocou un ''[[kurultai]]'' nos seus extensos dominios e, co fin de desprazar a dinastía de Ögödei, propuxo a [[Mongke]]. As familias de Ögödei e de [[Chagatai]] alegaron que o ''kurultai'' non era válido por celebrarse lonxe das sacras terras de Mongolia. Daquela Batu mandou a Mongke co seu fillo [[Sartaq]] e o seu irmán [[Berke]] a Kodoe Aral onde foi recoñecido definitivamente como Gran Khan no ano [[1251]].
 
Estas e outras incidencias animaron á rebelión aos príncipes rusos dirixidos por André II. Batu reaccionou ordenando unha dura expedición punitiva mediante a que recuperou o control dos seus estados.
 
O seu prestixio como o gran sustentador do Gran Khan conferiulle un enorme grao de independencia aínda que non opuxo dificultades para a confección do gran censo que [[Mongke]] ordenou facer en todo o Imperio. Cando se iniciaban os preparativos dunha nova invasión de [[Europa]] faleceu deixando ao seu fillo [[Sartaq]] o goberno do subkhanato.