Diferenzas entre revisións de «Sufraxio indirecto»

m
→‎top: Arranxos varios
m (Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera])
m (→‎top: Arranxos varios)
Denomínase '''sufraxio indirecto''' ou elección indirecta aquel no que os votantes elixen a uns representantes que, á súa vez, deben constituír un corpo electoral, chamado [[Colexio electoral (concepto)|Colexio electoral]], para elixir ao cargo público correspondente.
 
O modelo de elección indirecta aplícase indistintamente nos países [[democracia|democráticos]]. A súa aplicación práctica obsérvase case sempre na elección do [[Primeiro Ministro]] ou [[Presidente do Goberno]] e, en xeral, do titular do [[poder executivo]]. Neste caso os cidadáns elixen aos membros da Asemblea ou [[Parlamento]] e é este órgano o que elixe ao xefe do poder executivo. De igual xeito acontece nalgúns [[república|sistemas republicanos]] democráticos nos que o [[Xefe do Estado]] non é elixido directamente polos cidadáns, senón que estes elixen primeiro uns representantes que constitúen os verdadeiros electores. Este é o caso do [[Presidente dos Estados Unidos]].
 
Por extensión, o termo '''sufraxio indirecto''' aplícase a todos os procesos electorais, sexan ou non políticos nos que se elixe por graos aos representantes. Así poderán ser de segundo grao, terceiro grao etc, segundo o número de corpos de electores que sexa preciso elixir para determinar o resultado final.
393.002

edicións