Jean-Bertrand Aristide: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Clinton&Aristide.jpg|miniatura|Aristide con [[Bill Clinton]] en 1994]]
 
'''Jean-Bertrand Aristide''', nado en [[Port Salut]] o [[15 de xullo]] de [[1953]], é un [[Política|político]] e [[Sacerdocio|sacerdote]] [[salesiano]] [[Haití|haitiano]], portavoz da [[Teoloxía da liberación]]. Presidente Constitucional de Haití ([[1991]]; [[1995]] a [[1996]]; e [[2001]] a [[2004]]), sendo o primeiro elixido democraticamente na historia da república, índose do país tralo [[golpe de estado]] do 2004.
 
== Primeiros anos ==
Liña 7:
Aristide naceu en Port-Salut. Asistiu a unha escola [[salesianos|salesiana]] en [[Porto Príncipe]], e logo a College Notre Dame, onde se graduou en 1974. Posteriormente fixo un curso de noviciado en La Vega, [[República Dominicana]], antes de retornar a Haití para estudar filosofía no Grand Seminaire Notre Dame e psicoloxía na Universidade de Haití. Unha vez concluídos os seus estudios en 1979, viaxou a Europa e estudou en Italia, despois en Canadá e en Israel. Aristide volveu a Haití en 1983 para ser ordenado sacerdote salesiano, dominando diversos idiomas ademais das súas linguas maternas, francés e crioulo, como o español, o inglés e o italiano.
 
Aristide fíxose cura dunha pequena parroquia en [[Porto Príncipe]] e máis grande dun dos barrios miseria de La Saline, onde era coñecido polo alcume [[crioulo haitiano|crioulo]] de "Titide" ou "Titid" (pequeno Aristide). Aristide converteuse nunha figura líder da á máis radical da igrexa católica en Haití, dando sermóns en radios católicas nacionais. Nunha entrevista en xaneiro de 1988, Aristide dixo: "O imperialismo americano sustentou ao goberno de Haití. As eleccións non son a saída, as eleccións son un modo de aqueles no poder controlar ao pobo. A solución é a revolución, primeiro no espírito do Evanxeo; Xesús non podía aceptar que o pobo pase fame. É un conflito entre clases, entre ricos e pobres. O meu traballo é de predicar e organizar..."
 
Aristide foi expulsado da orde salesiana en 1988. Os salesianos indicaron que as actividades políticas do cura 'incitaban ao odio e á violencia' e non correspondían co seu rol de clérigo. Coa súa nova condición de laico aumentou o seu activismo político, antes opuxérase ao ditador [[Jean-Claude Duvalier]] (ou Bébé Doc) e despois do seu derrocamento, aos gobernos militares posteriores que estableceran unha sorte de "neoduvalierismo". Aristide sufriu varios intentos de asasinatos por escuadróns da morte patrocinados polo réxime imperante liderado en 1988 polo militar Henri Namphy, logrando sobrevivir a todos os atentados. A pesar da súa oposición ao fraudulento sistema electoral, decidiu lanzarse como candidato presidencial, despois de ofrecerse garantías desde as organizacións internacionais patrocinantes dos comicios para poñer fin á ditadura de Haití ininterrompidamente establecida desde a mesma independencia do país. Aristide logra ganar contundentemente con máis do 60% dos votos.
Liña 20:
Sobre a saída de Aristide existe gran controversia. Os seus partidarios e tamén -en xeral- os sectores vinculados á esquerda, cualifican os acontecementos do 29 de febreiro de 2004 como un secuestro perpetrado polas grandes potencias imperialistas, en contubernio coa dereita haitiana e os ex militares. Desta maneira, Aristide sería obrigado a abandonar o seu cargo e levado á forza fóra do país. Outras fontes indican que a saída de Aristide foi unha consecuencia inevitable do seu errático proceder, a partir do seu segundo mandato presidencial. Neste caso acúase a Aristide de ter levado adiante un goberno autoritario, personalista e sen disposición para dialogar coa oposición, que cada vez se fixo máis numerosa. A isto engadiríaselle a súa responsabilidade de ter armado e financiado bandas das barriadas populares (chiméres) e ter utilizado politicamente a Policía Nacional de Haití para reprimir a oposición.
 
O certo é que nos días previos á a súa renuncia, a situación do país era desastrosa. Sucedíanse as protestas contra o seu goberno, que a policía nacional reprimía con dureza ("masacre da Scierie"). Grupos armados, como a Fronte de Resistencia da [[Artibonite]], tomaran importantes cidades do país: Gonaïves (5 de febreiro), [[Cap-Haïtien]] (11 de febreiro).
 
Logo da súa defenestración, Aristide foi acollido na [[República Centroafricana]]. o 31 de maio estableceuse en [[Suráfrica]].
Liña 62:
}}
 
{{ORDENAR:Aristide, Jean}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Aristide, Jean}}
[[Categoría:Presidentes de Haití]]
[[Categoría:Sacerdotes católicos de Haití]]