Antonio Salieri: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Antonio Salieri painted by Joseph Willibrord Mähler.jpg|miniatura|Antonio Salieri.]]
 
'''Antonio Salieri''', nado en [[Legnago]] o [[18 de agosto]] de [[1750]] e finado en [[Viena]] o [[7 de maio]] de [[1825]], foi un [[compositor]] de [[música sacra]], [[música clásica|clásica]] e [[ópera]] e un [[director de orquestra]] [[Italia|italianoitalia]]no.
 
==Traxectoria==
Pasou a maior parte da súa vida na Corte Imperial de [[Viena]], para a que foi compositor e Mestre de capela. A súa filosofía artística resúmese no título dunha das súas óperas célebres: '''''Prima la musica e poi le parole'''''.
 
Músico de gran valía e dotado de gran talento, adicouse á ensinanza. Viu o seu nome vencellado a unha presunta rivalidade con [[Wolfgang Amadeus Mozart]], rivalidade que contén ademais de acusacións de plaxio, unha máis grave, que é a de causar a morte do compositor de Salzburgo, episodio sen ningunha base histórica e que foi recreado primeiro nun poema polo poeta [[Alexander Pushkin]], no que se inspirou o compositor [[Nikolai Rimski-Kórsakov]] para facer unha ópera de nome ''Mozart e Salieri''. Posteriormente o escritor británico [[Peter Shaffer]] adaptouna para escribir a obra de teatro ''[[Amadeus]]'', levada á gran pantalla con éxito de público e crítica polo [[director de cine|director]] [[Milos Forman]] nunha película homónima que recibiu 8 premios [[Oscar]].
 
Durante a súa carreira tivo como alumnos a futuros músicos destinados a ser famosos, como [[Ludwig van Beethoven|Beethoven]], [[Franz Schubert|Schubert]], [[Franz Liszt|Liszt]], [[Carl Czerny|Czerny]], [[Johann Nepomuk Hummel|Hummel]] e un dos fillos do propio Mozart.
 
===Comezos===
Após de estudar [[violín]] con [[Giuseppe Tartini]], trasladouse trala morte dos seus pais a carón do seu irmán Francesco, primeiro a [[Padua]] e logo a [[Venecia]], para aprender a arte do [[contrapunto]] na escola de [[Giovanni Pescetti]]. En Venecia coñeceu a [[Leopoldo Gassmann]], ''Kapellmeister'' en Viena, que o levou con el en 1770 á capital austriaca, á corte de [[Xosé II de Habsburgo]]. Á morte de Gassmann, en 1774, asumiu o papel de compositor da corte.
 
Xa neste posto, despois das súas primeiras óperas (''Le Donne letterate'', de 1770, e ''Armida'', de 1771), seguiu a composición da ópera que o consagrou no panorama musical da época, ''[[L'Europa riconosciuta]]'', encargada pola emperatriz [[María Tareixa I de Austria]] e que inaugurou o 3 de agosto de 1778 o ''Nuovo Regio Ducal Teatro'' (actual [[Teatro de La Scala]]) de [[Milán]]. Esa mesma ópera escenificouse na reapertura do teatro o 7 de decembro de 2004 tras un longo período de restauración.
 
Salieri, que coñecera en Venecia a [[Pietro Metastasio|Metastasio]] e a [[Franz Joseph Haydn|Haydn]], do que foi moi amigo, viaxou moito durante a súa vida para seguir as representacións das súas moitas óperas. Viviu durante certo tempo en [[París]] (onde coñeceu a [[Christoph Willibald Gluck|Gluck]], a [[Niccolò Piccinni|Piccinni]] e a [[Hermann Hasse|Hasse]]), Milán, Venecia e [[Roma]]. Foi un dos autores máis prolíficos, tanto en música de cámara e sacra como de óperas "á italiana"' da súa época.