Solidaritat Catalana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 3 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3050198
Liña 6:
O proxecto de lei de xurisdicións que poñía so competencia militar calquera ofensa ó [[exército]] ou á unidade da patria española axuntou os partidos e políticos cataláns nunha fronte común que recibiu o nome de Solidaritat Catalana. O manifesto da Solidaritat Catalana que se publicou o mesmo día que se aprobaba a lei, chamaba os cataláns a recibiren os deputados de [[Cataluña]] que viñan de Madrid para homenaxealos e manifestaren o rexeitamento popular á lei.
 
A campaña electoral das eleccións xerais de 1907 celebráronse no medio dun clima altamente violento que acabou cun atentado en [[Hostafrancs]] ([[Barcelona]]) contra [[Francesc Cambó]] da [[Lliga Regionalista]] e contra [[Nicolás Salmerón]] da [[Unión Republicana (España 1903)|Unión Republicana]]. A vitoria da Solidaritat foi total conseguindo 41 dos 44 escanos que había en xogo. O triunfo de Solidaritat que agrupaba a todos os partidos cataláns con excepción dos lerrouxistas e socialistas puxo fin ó [[caciquismo]] en Cataluña e permitiu que [[Enric Prat de la Riba]] presidise a [[Deputación de Barcelona]].
 
A fronte formada por rexionalistas, republicanos, carlistas, federais e nacionalistas de esquerdas, sufriu os seus altos e baixos ata desaparecer cos sucesos da [[Semana Tráxica]] (1909). As diferenzas e desavinzas eran tan grandes entre os grupos que a compoñían que nas eleccións anticipadas de 1908 serán lerrouxistas os que se impoñerán á liga solidaria. Nas eleccións provinciais de 1909 irán xa por separado.