LibraryThing: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:LibraryThing Logo medium.png|300px|dereita|]]
'''LibraryThing''' é unha [[aplicación web]] de catalogación social para almacenar e compartir listaxes de libros coa fin de establecer un catálogo ordenado e etiquetado <ref>Susan L. Gibbons (2007) ''The Academic Library and the Net Gen Student: Making the Connections''. American Library Association, páx.67 </ref> que permite as valoracións e os comentarios e que posibilita conectarse con xente con gustos semellantes <ref>Jeffries, S. (2008). ''Social Cataloging Tools: a Comparison and Application for Librarians'', ''Library Hi Tech'', Vol. 25, Nº 10</ref>, destínase tanto a particulares como a autores, bibliotecas e editoriais. Desenvolvida polo estadounidense Tim Spalding, subiuna por vez primeira a [[internet]] de forma pública o [[29 de agosto]] de [[2005]]<ref>Sterken, V. ''Analysis of user generated metadata in the LibraryThing folksonomy'', tese de doutoramento inédita, Universidade Libre de Bruxelas, 2008. [http://www.abd-bvd.be/cah/papers/2009-1_Sterken.pdf Resume]</ref>. En maio de 2006 AbeBooks mercou o 40% da compañía, que dous anos despois adquiriu [[Amazon]]. Desde o ano 2009 Cambridge Information Group ten unha participación minoritaria e Booker é o distribuídor mundial dos produtos LibraryThing para as bibliotecas <ref>[http://www.bowker.com/en-US/aboutus/press_room/2009/pr_01222009.shtml ''CIG Makes Equity Investment in LibraryThing''. Booker.com]</ref>. En xullo de 2013 tiña máis de 1&nbsp;700&nbsp;000 usuarios rexistrados e máis de 83&nbsp;000&nbsp;000 de libros catalogados<ref>[http://glg.librarything.com/zeitgeist Estatísticas de LibraryThing, consultado o 10 de xullo de 2013]</ref>.
 
== Funcións ==
A inscrición na web é gratuíta mais só permite inserir un máximo de 200 libros, sendo preciso pagar unha cota anual ou vitalicia para engadir máis. A función máis importante de LibraryThing é a catalogación automática de libros, importándoos de bases de datos de distribuidores e bibliotecas por medio do protocolo [[Z39.50]]<ref>[http://schools.natlib.govt.nz/mi/node/578 National Library of New Zealand. Services to Schools]</ref>, totalizando unhas 700 fontes dispoñibles de todo o mundo, aínda que polo de agora non hai ningunha galega, que fornecen rexistros [[MARC]] e [[Dublin Core]] a LibraryThing. Tras enviar o [[ISBN]] ou algunha palabra clave como o título ou o autor e atopar o libro e a edición correcta prémese para engadilo ao catálogo do usuario. Se o libro ou a edición atopadas non están dispoñibles ou os datos non son correctos pódese engadir manualmente ou modificar o rexistro posteriormente. Tamén se poden importar libros polo ISBN ou do catálogo doutro membro.
 
A función "Recomendacións", aparecida en abril de 2006, fornece recomendacións de libros baseadas en nubes de etiquetas <ref> Andreas W. Neumann (2009) ''Recommender Systems for Information Providers: Designing Customer Centric Paths to Information''. Springer, páx. 41</ref> cos que os usuarios poden catalogar os seus libros, e tamén amosa as recomendacións de lectura a partir dun libro ou dun autor específico.
 
== Notas ==