Abebe Bikila: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Abebe Bikila maratona olimpica Roma 1960.jpg||miniatura|300px|Abebe Bikila na Maratón dos Xogos Olímpicos de Roma]]
 
'''Abebe Bikila''' (en [[lingua amhárica|amhárico]] አበበ ቢቂላ), nado o [[7 de agosto]] de [[1932]] e finado o [[25 de outubro]] de [[1973]], foi un corredor de [[Maratón (atletismo)|maratóns]], [[Etiopía|etíope]], dúas veces campión olímpico, en Roma (1960) e Toquio (1964).
 
== Biografía ==
Axente de policía e garda do corpo personal do derradeiro emperador, [[Haile Selassie]], Abebe Bikila (consérvase a orde onomástica etíope, na que en primeiro lugar se cita o apelido - Abebe - e logo o nome propio - Bikila-), nado en [[Mout]] en [[Etiopia]], converteuse nun heroe nacional despois de obter a medalla de ouro na [[Xogos Olímpicos de 1960|XVII Olimpíada]] en Roma.
 
Desde os Xogos celebrados en [[Roma]] no ano [[1960]], circula a lenda de que Bikila venceu e correu toda a distancia completa da [[maratón (atletismo)|maratón]], máis de 42  km, descalzo. En realidade comezou calzado, mais tendo problemas con unha das zapatillas no transcurso da carreira, decidíu continuar o resto sen calzado. Por outra banda, e como curiosidade, naquela carreira, Bikila pasou ao lado do [[Obelisco de Axum]], que fora trasladado a [[Italia]] logo da [[guerra de Etiopía]] na década de 1930 (o monumento, sería definitivamente restituído a Etiopía o [[18 de abril]] de [[2005]]).
 
Catro anos despois Bikila presentouse, en peor forma física, nas [[Xogos Olímpicos de 1964|Olimpíadas de Toquio, 1964]]. Fora operado de [[apendicite]] seis semanas antes da carreira, e apenas tivo tempo para se preparar. Nesta ocasión correu calzado e venceu de novo. Bikila converteuse no primeiro atleta que vencía na maratón en dúas olimpíadas, e estabelecendo aínda o mellor tempo mundial da distancia.
 
O [[30 de xullo]] de [[1967]], durante unha maratón, Bikila sofreu unha grave leixón de peroné, da que foi tratado en [[Alemaña]]. Nos [[Xogos Olímpicos de 1968]], celebrados na [[Cidade de México]], Bikila resintíuse da leixón xa na saída, aínda que correu uns 17  km, veuse obrigado a retirarse. Foi a súa última maratón. Mais o vencedor sería o seu compatriota [[Mamo Wolde]].
 
No [[1969]], Bikila tivo un accidente automobilístico preto de [[Addis Abeba]]. Non se recuperou dos traumas sufridos e, poucos anos despois, faleceu, con tan só 41 anos de idade.