Diferenzas entre revisións de «Caprinos»

m
Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}}
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}})
m (Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}})
A dos '''caprinos''' (''Caprinae'') é unha [[subfamilia]] de [[mamíferos]] [[artiodáctilos]] [[ruminantes]] da [[familia (bioloxía)|familia]] dos [[bóvidos]].
 
Inclúe dúas importantes [[fauna|especies domésticas]], a [[cabra]] e a [[ovella]], e moitas outras silvestres, algunhas delas obxecto de [[cinexética|caza]] como, por exemplo, a [[cabra montesa]] (''Capra pyrenaica''), o [[carneiro bravo]] ou muflón ou os [[Rupicapra|rebezos]].
 
== Características ==
Aínda que a maioría das especies dos caprinos son gregarias e teñen estruturas corporais bastante robustas, diveren en moitos aspectos. Por exemplo, o [[boi almiscreiro]] (''[[Ovibos moschatus]]'') está adaptado ao frío extremo da [[tundra]] ártica; a cabra das Montañas Rochosas (''[[Oreamnos americanus]]'') está especializada para vivir en terreoos moi accidentados, e o urial (''[[Ovis orientalis]]'') ocupa unha ampla rexión árida, que inclúe zonas [[deserto|desérticas]], desde [[Cachemira]] até [[Irán]].
 
Os membros deste grupo varían considerabelmente en tamaño e peso, que poden oscilar desde pouco máis de 1 m e menos de 3o kg do goral gris (''[[Naemorhedus goral]]''), até case 2,5 m de lonxitude e 350  kg de peso do boi almiscreiro (que, en catividade, pode alcanzar máis dos 650  kg).
 
Os estilos de vida dos caprinos pódense clasificar en dous grandes grupos, o dos 'defensores dos recursos', que son territoriais e defenden unha área pequena rica en alimento contra outros membros da mesma especie, e o dos 'pastores', que se reúnen en mandas e vagan libremente a través dun territorio máis grande, xeralmente menos rico en alimento.
 
== En Galicia ==
Á parte das dúas especies domésticas, os caprinos salvaxes presentes en [[Galicia]] son o [[rebezo pirenaico]] (''Rupricapra pyrenaica'') e a [[cabra montesa]] (''Capra pyrenaica'').<ref name=DS> Díaz d'a Silva ''el al.'' (2007), p. 139.</ref>
 
O '''rebezo''', que en tempos pasados fora moi común nas serras galegas lindantes con [[Asturias]] e [[provincia de León|León]], estivo a piques da extinción pero, na acualidade, está recolonizando estes hábitats a causa das medidas para a protercción da especeie e, sobre toso, da súa reintrodución na montaña leonesa.<ref name=DS/>
 
A '''cabra montesa''' autóctona, ''Capra pyrenaica lusitanica'', que vivira nas serras orientais e sudorientais, extingiuse a mediados do [[século XIX]]). Na actualidade inténtase repoboar coa subespecie ''C. p. victoriae''.<ref name=DS/>
 
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==
393.002

edicións