Río Ibaizabal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios
Liña 13:
O '''Ibaizabal''' é un [[río]] de [[Biscaia]], no norte de [[España]]. Etimolóxicamente ven de ''ibai'', "río" e ''zabal'', "ancho" en éuscaro, é dicir «río ancho».
 
Nace na fronteira de Biscaia con [[Áraba]] e [[Guipúscoa]], preto de [[Elorrio]], de varios arroios dos montes [[Anboto]] e [[Udalaitz]], na [[Cornixa Cantábrica]]. Adóitaselle denominar Ibaizabal a partir da unión do Zumelegui e o Arrázola, que se unen no val de [[Axpe Achondo]].
 
Corre en dirección noroeste polo chamado Val do Ibaizabal e atravesa o [[Duranguesado]]. Conflúe en [[Basauri]] co [[Río Nervión|Nervión]], un río de similar caudal e lonxitude, e xuntos corren en dirección noroeste. Á altura de [[Bilbao]] forman a [[ría de Bilbao]] (tamén chamada ría do Nervión ou do Ibaizabal), que desemboca no [[mar Cantábrico]].
 
En todo o seu percorrido, fóra da súa parte alta, as súas beiras están altamente urbanizadas e industrializadas, principalmenete con industrias metalúrxicas e químicas (papeleiras) o que deteriora a calidade das augas e altera os ecosistemas propios das súas beiras ao verse canalizado e encaixonado en moitos tramos da súa canle. As reformas do saneamento melloraron moito a calidade das súas augas.