Nogueira común: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 21:
[[Ficheiro:Juglans regia MHNT.BOT.2007.40.64.jpg|miniatura|Noces de ''Juglans regia''.]]
 
A '''nogueira común''' ('''''Juglans regia''''') é unha [[árbore]] nativa dos [[Balcáns]], Asia central e do suroeste pasando polos montes [[Himalaias]] ata o sueste da [[China]]. Os bosques nativos máis grandes atópanse no [[Kirguizistán]], a uns 1000-20001000–2000 m de altitude, especialmente en Arslanbob na provincia de [[Jalal-Abad]]. Cultivada en [[Galicia]] dende a antigüidade, naturalizada no leste do país.
Recibe tamén en galego os nomes de '''caroleira''' e '''coucheira'''<ref>''Termos esenciais de botánica'' Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo-Universidade de Santiago de Compostela, 2002</ref>.
 
== Descrición ==
A nogueira común é unha árbore caducifolia que chega a medir ata 25 ou 35 metros, con troncos grosos de ata 2 metros de diámetro e cilíndricos. En xeral o tronco é curto e a carrouceira ampla, en especial nos exemplares illados é unha especie que esixe zonas ben soleadas para medrar ben. A casca é suave de cor gris prateado, espallada con amplas gretas máis ásperas. A raíz principal, moi desenvolvida, pode penetrar ata unha profundidade de 3 m e as laterais poden acadar unha distancia de 15 m a partir da base do tronco. Coma tódalas nogueiras o [[endocarpo]] das pólas máis finas ten bolsas de aire. As follas ordénanse en espirais de entre 25 e 40&nbsp;cm son imparipinnadas, con de 5 a 9 follas por grupo. As follas máis longas son as tres de cada ápice. 10-1810–18&nbsp;cm ó longo e 6-86–8&nbsp;cm ó ancho. O par de follas basais é moito máis pequeno: 5-85–8&nbsp;cm de lonxitude. As flores masculinas son [[amentos]] colgantes de 5 a 10&nbsp;cm de lonxitude, as femininas son terminais, agrúpanse en acios de dúas a cinco flores que, no outono, maduran en forma dun froito de casca verde e semiflexible que cobre unha carabuña engurrada de cor marrón: a [[Noz (froito da nogueira)|noz]]. O froito enteiro, incluída a casca, cae no outono. A semente é grande, cuberta dunha pel fina e comestible.
 
== Cultivo e usos ==