Clon: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
ligazón
m Arranxos varios
Liña 1:
En [[xenética]], un '''clon''' ([[Lingua grega|grego]] κλώνος ''klōn'', ‘fillo’) é un conxunto de seres xeneticamente idénticos que descenden dun mesmo individuo por mecanismos de reprodución asexual.
O termo foi creado en [[1903]] por H. J. Webber coa explícita intención de contribuír ao desenvolvemento léxico da entón nova ciencia da [[xenética]], e ese uso é o único válido na linguaxe científica. Respondía á necesidade de referirse a unha variedade de cultivo multiplicada exclusivamente de maneira vexetativa (mediante esquejes ou estacas), como era e é común respecto das árbores froiteiras. Os individuos xerados así son xeneticamente idénticos, o mesmo que os que se obteñen por [[Partenoxénese|partenogénesis]] ou mesmo por mecanismos sexuais de reprodución cando a [[Cigosidade|homocigosis]] é completa e a [[recombinación xenética]] imposible. Pode chamarse reprodución clonal á [[reprodución asexual]], aínda que non é un uso moi estendido.
 
Nos últimos decenios foi crecendo outra acepción, popularizada pola prensa e o cine, de acordo coa cal un clon é un individuo idéntico a outro obtido por técnicas xenéticas máis ou menos imaxinarias. Os clons así definidos non existen, na medida en que o [[fenotipo]] non depende só do [[Xenotipo|genotipo]], senón de mecanismos epigenéticos e de desenvolvemento nos que interveñen outros factores. Este uso actual do termo clon pode rastrexarse até o libro ''O shock do futuro'' ([[1970]]) do influente [[xornalista]] e activista estadounidense Alvin Toffler.
 
Na natureza a reprodución asexual ou clonal é moi frecuente, especialmente entre organismos unicelulares, como [[bacterias]] e moitos protistas, aínda que case sempre alternando con fases de [[reprodución sexual]] (ou parasexual), que aumentan a diversidade xenotípica da poboación.
Liña 9:
Do uso de clon deriva o de clonación. A clonación é a acción de producir unha entidade biolóxica ([[Xene|gene]], [[cromosoma]], [[célula]] ou [[Ser vivo|organismo]]) xeneticamente idéntica a outra a partir dunha existente. En contextos científicos o termo úsase principalmente para a [[reprodución]] idéntica de moléculas hereditarias ([[Clonación|clonación de ADN]]).
 
A clonación de organismos é practicada sen coñecementos técnicos especiais na maioría das plantas vivaces, por medio de esquejes ou estacas. En animais prodúcense novos individuos a partir de fragmentos do corpo doutros en grupos relativamente simples, como as [[Turbelarios|planarias]], ou con elevadas capacidades de rexeneración espontánea, como [[anélidos]] (lombrigas de terra) ou [[equinodermos]] (estrelas de mar).
 
A clonación artificial de vertebrados baséase en substituír o núcleo dun [[óvulo]] sen fecundar, polo núcleo dunha célula adulta do individuo que se quere clonar. Resulta así o equivalente a un [[cigoto]] viable. A técnica (chamada de transferencia nuclear) aplicouse con éxito a ras desde [[1952]], pero non se logrou con [[mamíferos]] até hai unha década.