Diferenzas entre revisións de «El Masnou»

m
Arranxos varios
(engado control de autoridades)
m (Arranxos varios)
|sitio web = [http://www.elmasnou.net www.elmasnou.net]
}}
[[Ficheiro:Chiesa El Masnou.jpg|miniatura|200px|Igrexa do Masnou]]'''El Masnou''' é un concello da costa do [[Maresme]], na [[provincia de Barcelona]], [[Cataluña]]. Está situado a 17  km ao nordés de [[Barcelona]], entre os termos municipais de [[Montgat]] e [[Premià de Mar]]. Ten unha poboación de 22.536 habitantes.
 
== Historia ==
O actual termo municipal do Masnou pertenceu, antigamente, a Sant Fèlix de [[Alella]] e a Sant Martí de [[Teià]], pobos lindeiros relativamente afastados do mar para protexerse dos ataques dos piratas. A súa poboación vivía da agricultura e a pesca e, na praia establecéronse as comunidades de pescadores. Contaba con estaleiros propios onde se construían grandes veleiros e embarcacións de pesca.
 
Co paso do tempo foron construíndose masías fortificadas próximas á praia e, a partir de [[1812]], coa proclamación da ''Constitución Liberal'', a vila puido escoller alcalde. No entanto, a segregación e independencia do Masnou respecto de Teià non se produciu ata [[1825]]. O novo municipio incorporou o barrio de [[Ocata]] e, posteriormente, en [[1846]] o barrio de [[Alella|Alella del Mar]], chamado tamén ''Cases del Mar''.
 
El Masnou conserva ata o día de hoxe os títulos de "Vila Benéfica" concedido en [[1902]] polo rei [[Afonso XIII]], con motivo da construción dun asilo benéfico (a Casa Benéfica) e o de "Ilustrísima Vila", concedido en [[1909]], tamén por Afonso XIII, pola construción, sen axuda ningunha, da Escola Nacional (actual escola de Ocata).
 
El Masnou foi lugar de veraneo para a alta burguesía catalá que deixou o seu sinal nos diversos chalés e "torres" construídos durante os séculos [[século XIX|XIX]] e [[século XX|XX]].
== Economía ==
Na actualidade, a agricultura desapareceu case por completo. Outrora estaba dedicada ao cultivo de froitas, hortalizas e verduras.
Actualmente, o seu principal e case único cultivo é o da flor, especialmente o [[Caraveleira|caravel]] que se exporta a case toda [[Europa]].
 
A industria é máis importante. Predomina o sector do téxtil (xéneros de punto), encabezadas pola compañía DOGI. Hai tamén industrias dedicadas á construción, á cerámica, ao vidro (Ramón Clemente) e produtos farmacéuticos (Alcon-Cusí).
393.002

edicións