Diferenzas entre revisións de «Zhang Heng»

m
Arranxos varios
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
m (Arranxos varios)
== O detector de terremotos ==
[[Ficheiro:EastHanSeismograph.JPG|miniatura|esquerda|150px|Réplica do detector de terremotos de Zhāng Héng.]]
O traballo máis famoso de Zhang Heng foi o "detector de terremotos" que perfeccionou no ano [[132]], mil setecentos anos antes do primeiro [[sismógrafo]] europeo.
 
Zhang asombrou á corte imperial con este dispositivo, que podía detectar terremotos tan distantes que ninguén próximo o sentía sequera.
 
Era un dispositivo en forma de xerra, ao que se lle adherían varias cabezas en bronce de dragóns, cada unha cunha bóla tamén de bronce na súa boca; ao redor do pé tiña varios sapos de bronce coas bocas abertas. Se a máquina detectaba un tremor de terra, unha bóla de bronce, automaticamente, soltábase e caía na boca dun dos sapos. A posición do sapo en cuestión indicaba a dirección da cal procedía o tremor.
 
Nunha famosa ocasión unha bóla caeu sen que se observara ningún terremoto perceptíbel; pero, varios días despois, chegou un mensaxeiro con noticias dun terremoto en [[Kasu]], a 600 [[quilómetro]]s da corte e na dirección indicada pola máquina.
* Needham, Joseph (1986): ''Science and Civilization in China: Volume 3, Mathematics and the Sciences of the Heavens and the Earth''. Taipei: Caves Books, Ltd.
* Needham, Joseph (1986): ''Science and Civilization in China: Volume 4, Physics and Physical Technology, Part 2: Mechanical Engineering''. Taipei: Caves Books, Ltd.
* Temple, Robert. (1986): ''The Genius of China: 3.000 Years of Science, Discovery, and Invention.'' Con prefacio de Joseph Needham. New York: Simon and Schuster, Inc. ISBN 0-671-62028-2
 
=== Ligazóns externas ===
393.002

edicións