Rexionalismo galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 17:
 
*'''A corrente liberal''': é a que pasou con mellor consideración á posterioridade. Liderada por [[Manuel Murguía]], esta tendencia era de carácter progresista. Eran contrarios á centralización político-económica e cultural, e defendían a existencia dun poder lexislativo propio para Galiza. Desta corrente naceu igualmente a visión do país como "nación viva", achegándose ao modelo de nación defendido pola intelectualidade [[Alemaña|alemá]] e separándose da visión da nación [[Francia|francesa]], baseada no pacto entre individuos.
 
*'''A corrente tradicionalista''': era a segunda con maior número de simpatizantes, e estaba enfrontada á corrente liberal. Estaba liderada por [[Alfredo Brañas]]. Tratábase dunha corrente de carácter puramente conservador. Aínda que era contraria ao centralismo e ao capitalismo, tamén estaba en contra do liberalismo, de xeito que o seu obxectivo era o reestabelecemento da antiga orde política e social.
*'''A corrente federalista''': estaba liderada por [[Aureliano Pereira]], e a maioría dos seus simpatizantes pertencían ao [[Partido Republicano Federal]]. Afirma Luís Obelleiro que esta corrente defendeu o marco definido no "Proyecto de Constitución para el futuro Estado Gallego".
 
*'''A corrente federalista''': estaba liderada por [[Aureliano Pereira]], e a maioría dos seus simpatizantes pertencían ao [[Partido Republicano Federal]]. Afirma Luís Obelleiro que esta corrente defendeu o marco definido no "Proyecto de Constitución para el futuro Estado Gallego".
 
Calquera das tres correntes eran partidarias da autonomía política de Galiza, a cal debía recuperar e preservar as súas particularidades identitarias culturais e lingüísticas.
Liña 31 ⟶ 29:
 
===Balance do labor dos rexionalistas===
O rexionalismo realizou un gran labor político de transición entre o [[provincialismo]] e o [[nacionalismo]]. Aínda así, fracasou relativamente no sentido de que non deu implicado un número considerábel de cidadáns galegos, nin tampouco logrou atraer as elites económicas (burguesía, fidalguía e clero). Alén disto, sufriu unha gran crise cando faleceu [[Alfredo Brañas]] e cando [[Aureliano Pereira]] pasou a formar parte do partido liberal-fusionista. De todos os modos, o camiño para o posterior [[nacionalismo galego]] xa estaba preparado.
 
== Véxase tamén ==