María I de Inglaterra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=pesar
m Arranxos varios
Liña 1:
:''[[María Tudor]] é o nome tanto de [[María I de Inglaterra]] como da irmá do pai desta, [[María Tudor (raíña consorte de Francia)|María Tudor, raiña consorte de Francia]]''.
{{Ficha de nobre
|nome = María I de Inglaterra e Irlanda
Liña 30:
|escudo = Coat of Arms of England (1554-1558).svg
|firma = Mary I Signature.svg
}}
 
'''María I''' ('''Mary I''' en [[Lingua inglesa|inglés]]), nada o [[18 de febreiro]] de [[1516]] e finada o [[17 de novembro]] de [[1558]], foi [[Monarquía británica|Raíña de Inglaterra]] e de [[Irlanda]], da [[casa de Tudor]], dende o [[19 de xullo]] de [[1553]] ata a súa morte. Hoxe en día é lembrada pola súa tentativa de restablecer o [[catolicismo]] como relixión oficial, despois do [[movemento protestante]] iniciado nos reinados anteriores. Para iso mandou perseguir e executar a preto de 300 presuntos herexes, o que lle valeu o alcume de ''Bloody Mary'' (María, a sanguinaria). Moitas das súas iniciativas políticas nesta esfera foron abandonadas pola súa sucesora [[Isabel I de Inglaterra|Isabel I]] trala súa morte.
Liña 37:
María foi a quinta filla nada do primeiro casamento de [[Henrique VIII de Inglaterra]] con [[Catarina de Aragón]] e a única en chegar á idade adulta. Naceu no [[palacio de Placentia]], sito no lugar de [[Greenwich]], e recibiu o [[bautismo]] poucos días despois do seu nacemento, tendo ao Cardeal [[Thomas Wolsey]] como padriño. Durante a súa nenez, María amosouse como unha rapaza precoz e fráxil, con mala [[visión]] e propensa a fortes [[xaqueca]]s. O seu pai concedeulle unha corte de seu no Castelo de Ludlow e varias prerrogativas normalmente atribuídas ao [[Príncipe de Gales]]. A educación de María ficou a cargo da súa nai e de Margarida, Condesa de Salisbury (filla de [[George, Duque de Clarence]]), unha das mulleres máis cultas do seu tempo. A princesa aprendeu [[latín]], [[Lingua castelá|castelán]], [[Lingua francesa|francés]], [[Lingua grega|grego]], [[ciencia]]s, [[teoloxía]] e [[música]]. Aos catro anos xa tocaba á [[arpa]]. A cuestión do seu casamento foi motivo de manobras e negociacións diplomáticas dende moi cedo. Entre os seus pretendentes, elixidos de acordo aos interese políticos do pai, atopábanse: Francisco, Duque da Bretaña e herdeiro de [[Francisco I de Francia]], o seu irmán máis novo e futuro [[Henrique II de Francia|Henrique II]], o propio Francisco I e o emperador [[Carlos I de España|Carlos V do Sacro Imperio Romano Xermánico]].
 
Entre tanto, o matrimonio dos seus pais atopábase en crise. Dende [[1527]] Henrique VIII tentaba anula-lo, co obxectivo de casar con [[Ana Bolena]], quen lle parecía máis apta para producir un fillo home. Tódalas tentativas para que [[Santa Sé|Roma]] o declarase nulo fallaron na súa contra. No inicio de [[1533]], [[Thomas Cranmer]], [[arquidiocese católica latina de Canterbury|arcebispo de Canterbury]], declarou o casamento con Catarina de Aragón inválido, tornando lexítimo o recente casamento con Ana Bolena. Para evitar un apelo de Catarina ao Papa, Inglaterra cortou as relacións co [[Vaticano]] e Henrique VIII foi declarado xefe da nova [[Igrexa de Inglaterra]]. Para María, estes eventos tiveron consecuencias drásticas. De princesa de Inglaterra e herdeira da coroa, pasou a ser considerada filla ilexítima con tan só o dereito de tratamento de ''Lady Mary''. Trala disolución da corte de Ludlow, María converteuse na dama de compañía da súa irmá acabada de nacer: [[Isabel I de Inglaterra|Isabel]]. Ademais foi afastada da súa nai, séndolle prohibida a súa visita, e en [[1536]], a asistencia ao seu funeral. Este tratamento foi interpretado como inxusto na [[Inglaterra]] e no resto da [[Europa]] da época, contribuíndo á crecente impopularidade de Ana Bolena.
 
Trala execución de [[Ana Bolena]] en [[1536]], tamén Isabel foi declarada ilexítima, uníndose a María na condición de ex-princesa. [[Xoana Seymour|Jane Seymour]], a madrasta seguinte, deu a luz ao tan desexado herdeiro: o futuro [[Eduardo VI de Inglaterra]], afastando definitivamente, a María e a Isabel como herdeiras do trono. A derradeira muller de Henrique VIII, [[Catarina Parr]], conseguiu reconciliar ao rei coas súas fillas e, en [[1544]], a pesar de ser consideradas ilexítimas, María e Isabel foron recoñecidas polo Parlamento como segunda e terceira na liña de sucesión. Trala morte do seu pai, Henrique VIII, a maioría dos privilexios de María fóranlle de novo restablecidos, porén, María rexeitou en todo momento converterse á fe anglicana, permanecendo fiel á relixión católica.
Liña 52:
A primeira Acta do Parlamento baixo o mando de María foi validar retroactivamente o casamento de [[Henrique VIII de Inglaterra]] con [[Catarina de Aragón]], repondo a súa lexitimidade.
 
Amañadas as cuestións inmediatas, María, daquela con 37 anos de idade, comezou a procurar marido para asegura-la descendencia. Nun principio parecía inclinada en aceptar a Eduardo Courtenay, Conde de Devon, porén, mudou de idea cando o seu curmán, o Emperador[[Carlos V]] suxeriulle ao seu único fillo, o [[Filipe II de España|Príncipe Filipe]]. Tanto o Parlamento como os seus principais conselleiros pregáronlle que reconsiderase a decisión, xa que temían que o casamento causase a perda de independencia de Inglaterra baixo a temida [[España]] católica. Ante isto, María mantívose firme, o que iniciou unha onda de protestas populares que ameazaba revolta. O Duque de Suffolk decidiu entón subornar coa coroa a [[Isabel I de Inglaterra|Isabel]], a irmá da raíña, sendo apoiado pola revolta popular de [[Thomas Wyatt]]. A tentativa foi esmagada. Sendo Wyatt e Suffolk executados, xunto a [[Xoana Grey]], quen nada tiña que ver coa rebelión. A Princesa Isabel, como beneficiaria da manobra, converteuse no branco da sospeita sendo apreixada na [[Torre de Londres]]. Filipe de España esixiu que fose executada para eliminar futuras conspiracións. A pesar das intencións de Filipe, María negouse a asinar a orde, decidindo no seu lugar botar á súa irmá da corte, apreixándoa baixo cadea domiciliaria.
 
[[Ficheiro:Portrait of Philip II of Spain by Sofonisba Anguissola - 002b.jpg|[[Filipe II de España]]|200px|miniatura|esquerda]]
María e Filipe casaron o [[25 de xullo]] de [[1554]] na [[Catedral de Winchester]]. Nos termos do contrato, Filipe pasou a ser designado como Rei de Inglaterra. O seu casamento cun herdeiro estranxeiro e católico marcou a fin da popularidade da raíña entre os ingleses, orgullosos da súa independencia. María, porén, ficou extremadamente feliz coa súa unión con Filipe II, once anos máis novo ca ela. No mes de novembro de [[1554]], pensou que quedara embarazada, descubríndose máis tarde que fora un embarazo psicolóxico. Despois de pasar catorce meses en Inglaterra, Filipe decidiu volver a España baixo un falso pretexto; xa que, ao contrario que María, el non tiña interese ningún nela.
 
A raíña entón adicouse ao seu proxecto persoal de reverter a ruptura con [[Roma]] establecida polo seu pai e o establecemento do [[protestantismo]] establecido polo seu irmán [[Eduardo VI]]. [[Reginald Pole]], un cardeal católico, foi nomeado conselleiro persoal e Arcebispo da [[Canterbury]]. Xuntos aboliron as reformas relixiosas de Eduardo VI e deron comezo ao que hoxe en día se coñece como as [[persecucións marianas]]. Nos tres anos seguintes preto de 300 persoas foron queimadas na fogueira por herexía incluíndo a [[Thomas Cranmer]] (ex Arcebispo da Canterbury), [[Nicholas Ridley]] (ex-bispo de [[Londres]]) e o reformista [[Hugh Latimer]]. Estes actos, dos cales María non foi a única responsable moral, valéronlle o alcume de ''Bloody Mary'' e o aumento da súa impopularidade entre os ingleses. Nos vindeiros reinados, a súa memoria foi vilipendiada, en parte pola propaganda relixiosa protestante. [[John Foxe]] escribiu un libro titulado ''The Actes and Monuments of these latter and perilous Dayes, touching matters of the Church, wherein are comprehended and described the great Persecution and horrible Troubles that have been wrought and practised by the Romishe Prelates, Epeciallye in this Realme of England and Scotland, from the yeare of our Lorde a thousande to the time now present'', abreviadamente ''The Book of Martyrs'', onde basicamente transformaba a María nunha vilá, a pesar de que a súa irmá Isabel, máis tarde equilibrou a balanza das persecucións en favor dos protestantes.
 
Filipe volveu a Inglaterra en [[1557]], despois de ter herdado a coroa de España e o control dos [[Países Baixos]] trala abdicación do seu pai, co obxectivo de convencer a María para entrar nunha guerra contra Francia. María concordou, a pesar da forte obxección popular. Como resultado da guerra, as tropas inglesas foron derrotadas, perdendo Inglaterra a posesión de [[Calais]], a derradeira reliquia das posesións continentais inglesas, que en tempos incluían a [[Normandía]] e a [[Aquitania]]. Como resultado da volta de Filipe, María volveu a sufrir un embarazo psicolóxico, chegando a ditar no seu testamento onde Filipe era nomeado rexente de Inglaterra mentres a criatura non nacese.