Claudio II o Gótico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 4090796 de CommonsDelinker (conversa)+foto
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Antoninianus Claudius II-RIC 0137.jpg|miniatura|dereita|Claudio II nun [[antoniniano]] conmemorando a súa equidade (<small>[[Aequitas|AEQUITAS]] [[Augusto (título)|AUGUSTI]]</small>)]]
'''Marcus Aurelius Claudius Augustus''' ([[Iliria]], [[Sirmium]], [[10 de maio]] de [[214]] - xaneiro de [[270]]) foi un [[emperador romano]]. Naceu no seo dunha prestixiosa familia e distinguiuse axiña na defensa do paso das [[Termópilas]] no ano [[250]], ao nomealo o emperador [[Decio]] para esa tarefa pola invasión dos [[godo]]s.
 
Baixo o emperador [[Valeriano]], foi nomeado gobernador de [[Iliria]] e sostivo a súa provincia ceibe dos ataques dos bárbaros durante dez anos, converténdose deste xeito nun dos mellores xenerais do emperador [[Galieno]], e o [[Senado romano|Senado]] agradecido levantoulle estatuas ó seu favor en [[Roma]].
 
Durante a rebelión de [[Aureolo]], Galieno morreu asasinado nunha conxura no sitio de [[Milano]] e parece ser que Claudio permitiu ese asasinato e en setembro do [[268]] é nomeado emperador polo Senado, despois de ser aclamado polas tropas.
Liña 20:
 
== Morte ==
En maio do [[270]], Claudio II atópase en [[Pannonia]], preparando unha expedición contra Oriente, cando caeu enfermo da [[peste]] que decimara os godos. Morreu en [[Sirmium]], despois de recomendar o seu mellor xeneral, [[Aureliano]], para a púrpura imperial.
 
O seu irmán, [[Quintilo]], usurpou o poder pouco despois da súa morte, pero [[Aureliano]] foi recoñecido e vitoreado polas lexións e o Senado, sendo nomeado emperador no [[270]].