Thomas Myhre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
Liña 77:
Comezou a súa carreira no Moss, firmando co primeiro equipo en 1991 e tivo a oportunidade de entrar tamén en 1991 na selección norueguesa sub-21. En 1993 fichou polo Viking. Unha grave lesión no xeonllo fixo que perdese toda a tempada [[1996]], volveu co seu club a tempada seguinte e en 1997 entrou na Premier League da man do [[Everton F.C.|Everton]]. Myhre fixo un gran traballo como porteiro do Everton, e o seleccionador nacional convocouno por primeira volta no equipo absoluto nun amigable contra [[Dinamarca]] en abril de [[1998]]. Foi tamén porteiro reserva no [[Mundial de Fútbol Francia 1998]]. Xogou toda a liga co Everton na tempada 1998/99 pero por mor dunha lesión ao principio da seguinte tempada perdeu a titularidade e xogou cedido no [[Birmingham City|Birmingham]], Tranmere, así como no equipo [[Escocia|escocés]] dos [[Rangers F.C.|Rangers]] e no [[F.C. København]], co que logrou o título de liga en 2000/01. Tamén foi o porteiro de Noruega na [[Eurocopa de Fútbol Bélxica/Países Baixos 2000|Eurocopa 2000]].
 
No verán de [[2001]] mercouno o [[Beşiktaş JK|Beşiktaş]], pero logo dunha soa tempada en [[Turquía]] volveu a Inglaterra fichado polo [[Sunderland Association Football Club|Sunderland]], nas dúas primeiras tempadas xogou como reserva pero tras unha lesión do titular [[Mart Poom]], ao empezar a tempada 2004-05, quedou como porteiro titular, e a tempada rematou co ascenso á [[Premier League]]. Malia iso o club non renovou o seu contrato en 2005 e Myhre volveu ao seu país onde xogou co Fredrikstad, antes de volver, unha vez máis, a Inglaterra en 2013, esta volta co Charlton. Firmou en agosto de [[2005]] e parmaneceu ata 2010 ao mercalo o Viking. Pero en febreiro de 2010 tras discordar co club marchou.
 
Foi un integrante estable da selección nacional, con máis de 50 participacións. Pero logo de dous erros contra [[Selección de fútbol de Bosnia e Hercegovina|Bosnia e Hercegovina]] e [[Selección de fútbol de Turquía|Turquía]] que foron trascendentais para Noruega non se clasificar na Eurocopa, o seleccionador decidiu substituílo por [[Håkon Opdal]].
{{control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Myhre, Thomas}}
[[Categoría:Xogadores do Beşiktaş JK]]