Vésperas sicilianas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
ampliación e arranxos
m Arranxos varios
Liña 16:
Por '''Vésperas sicilianas''', termo acuñado xa no [[século XV]],<ref name=EC>[http://web.archive.org/web/http://www.enciclopediacatolica.com/v/visperassicilianas.htm ''Vísperas sicilianas''] na Enciclopedia Católica {{es}}. Consultado o 4 de novembro de 2016.</ref> coñécese o acontecemento histórico da matanza de franceses en [[Sicilia]] no ano [[1282]], que acabou causando a división do [[Reino de Sicilia]] (que comprendía a illa e todo o sur da [[península Itálica]], até os [[Estados Pontificios]]), e a fin da presenza [[Anjou|anxevina]] na illa, substituída pola influencia da [[Reino de Aragón|Coroa de Aragón]], coa coroación de [[Constanza II de Sicilia]] e os seu esposo [[Pedro III de Aragón]] como reis de Sicilia, e relegando ao anterior rei [[Carlos de Anjou|Carlos I de Anjou]] ao ''Reino da Sicilia continental'' ([[Reino de Nápoles]]).
 
O [[30 de marzo]] de [[1282]], cando as campás das igrexas de [[Palermo]] chamaban ao oficio de vésperas, produciuse un levantamento do pobo da cidade, que masacrou a gornición francesa (anxevina) presente nela. O levantamento estendeuse a outras localidades da illa, como [[Corleone]] e [[Mesina]], até que foron completamente expulsados os franceses. Os sicilianos chamaron na súa axuda o rei Pedro III de Aragón, que podía alegar en favor da súa causa os dereitos da súa muller Constanza, filla do falecido rei [[Manfredo de Sicilia|Manfredo]], da casa de [[Hohenstaufen]], que gobernou o [[Reino de Sicilia]] até a súa derrota e morte a mans de Carlos de Anjou na [[Batalla de Benevento (1266)|batalla de Benevento]], o [[26 de febreiro]] de [[1266]].
 
Os acontecementos relativos ás Vésperas sicilianas encóntranse relatados en varias crónicas medievais, entre as que cabe citar a famosa Crónica de [[Ramón Muntaner]], onde se afirma que a chispa que prendeu a rebelión en Palermo foi a aldraxe que uns anxevinos perpetraron a unhas damas sicilianas.
Liña 32:
 
O papa [[Clemente III]], temendo polos bens da Igrexa en Sicilia ao subir ao poder a dinastía Hohenstaufen, rexeita o matrimonio entre Constanza e o [[emperador]] Henrique VI. Clemente insta ao emperador a renderlle xuramento de vasalaxe, pero o emperador négase. O papa decide entón dar o seu apoio a [[Tancredo de Sicilia]], fillo bastardo de Roger II, que morre en [[1194]].
[[Ficheiro:Frederick II and eagle.jpg|miniatura|[[Federico II Hohenstaufen]], emperador do [[Sacro Imperio]] e rei de [[Sicilia]].]]
 
Tras cerca de un século de dominación normanda, os dereitos sobre o Reino de Sicilia recaeron entón en [[Federico II Hohenstaufen]], emperador do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]], que era fillo de Constanza I de Sicilia, a última raíña de Sicilia da dinastía Hauteville. O seu reinado estivo protagonizado polo conflito coa [[Santa Sede]], que se enmarcaba no complicado enfrontamento entre [[güelfos e xibelinos|xibelinos e güelfos]], dúas faccións encabezadas, respectivamente, polo [[Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico|emperador]] o o [[papa]]. Federico II foi un poderoso monarca, e os sucesivos pontífices pouco puideron facer contra el, salvo excomungalo.
Liña 40:
[[Ficheiro:Palazzo Reale di Napoli - Carlo I d'Angiò.jpg|miniatura||260px|esquerda|[[Carlos de Anjou]], coroado como [[Carlos I de Sicilia]]<br>Palacio Real de Nápoles.]]
 
Pero, á hora da verdade, cinguir a coroa e contar co apoio do [[papa]] non equivalía realmente a posuír o Reino. En efecto, pese a que o Reino de Sicilia se encontraba nunha situación inestábel (debida en parte a que o propio pontífice se dedicara a fomentar as tensións entre a nobreza feudal do Reino), todo o territorio seguía en mans dos [[Hohenstaufen]]. Ocupaba o trono [[Manfredo de Sicilia|Manfredo]], fillo ilexítimo de Federico II. Carlos de Anjou armou un poderoso exército e dirixiuse ao sur de [[Italia]], onde derrotou aos sicilianos na [[Batalla de Benevento (1266)|batalla de Benevento]] ([[26 de febreiro]] de [[1266]]), na que morreu Manfredo.
 
Poucos anos despois, a resistencia siciliana, organizada por [[Conradino de Hohenstaufen|Conradino]], o neto de Federico II, aínda un neno, e con apoio dos [[güelfos e xibelinos|xibelinos]] italianos, efectuou un intento de recuperar o poder. Non o lograron, pois Carlos derrotounos, capturou a Conradino e ordenou que fora decapitado. Con isto, Carlos de Anjou convertiuse no dono do sur de Italia e Sicilia.
Liña 50:
== A rebelión ==
=== O estalido ===
Na primavera de [[1282]] [[Carlos de Anjou]] preparábase, en [[Nápoles]], para encabezar unha [[cruzada]] contra o [[imperio Bizantino]] e tomar [[Constantinopla]]. Considerábase herdeiro dos príncipes cruzados e, como tal, pretendía restaurar o desaparecido [[imperio Latino]]. Así, en augas do porto de [[Mesina]] esperaban as escuadras napolitana e [[Provenza|provenzalprovenza]]l listas para zarpar a comezos de abril. Pero un inesperado suceso obrigouno a cambiar de plans: o [[30 de marzo]] estalou en [[Palermo]] unha grande insurrección contra os franceses. Existen distintas versións sobre como se desencadearon os feitos.
 
A versión tradicional sitúa a chispa que encendeu a revolta na igrexa do Espírito Santo de Palermo, na que se festexaba o [[luns de Pascua]] e numerosos habitantes da cidade se reuniran para asistir aos oficios vespertinos. Na praza, xunto ao templo, os fieis esperaban a hora de iniciar as vésperas cando chegou un grupo de franceses borrachos. Un deles, un sarxento, dirixiuse a unha moza casada e empezou a molestala. O seu esposo, furioso, sacou un coitelo e apuñalouno. Os demais franceses acudiron a socorrer ao sarxento, e a vingalo, pero os palermitanos, máis numerosos, rodeáronos e lles deron morte xusto no momento en que as campás da igrexa e as de toda a cidade comezaban a tocar.
Liña 67:
[[Ficheiro:Charles II of Naples.jpg|miniatura|125px|esquerda|Carlos II.]]
[[Ficheiro:Federico III.jpg|miniatura|125px|esquerda|Federico II.<ref>Coñecido usualmente como Federico III.</ref>]]
A guerra enrte os sicilianos e aragoneses contra os anxevinos proseguiu tras as mortes de [[Carlos I de Sicilia|Carlos I de Anjou]] e de [[Pedro III de Aragón|Pedro I de Sicilia]]. Tras o falecemento de [[Carlos de Anjou|Carlos I]] en xaneiro de [[1285]] e de [[Pedro III de Aragón]] en novembro dese mesmo ano, o reino de Sicilia dividiuse en dúas partes de forma permanente (''Regnum Siciliae ultra farum'', Sicilia, e ''Regnum Siciliae citra farum'', Nápoles). Pero como ambos os reis e os seus sucesores intitulábanse como rei de Sicilia, para distinguilos emprégase ''rei de Nápoles'' para o da parte continental, e ''rei de Sicilia'' para o da parte insular, tamén coñecido como ''rei de Trinacria''.<ref>José María de Francisco Olmos (2003): [http://revistas.ucm.es/byd/11321873/articulos/RGID0303120057A.PDF ''El «Coronato» napolitano. Una moneda documental y propagandística.''] ''Revista General de Información y Documentación'', Vol. 13, núm. 1. Universidad Complutense de Madrid, páx. 58.</ref> <ref>John Platts (1825): [http://books.google.es/books?id=jeFHAAAAMAAJ&pg=PA473&vq=&lr=&as_brr=3&source=gbs_search_s&cad=0 ''A universal biography: chronologically arranged...'']. Sherwood, Jones & Co., Vol. 3, páx. 473.</ref> <ref>Gaetano Moroni (1854): [http://books.google.es/books?id=iL1DAAAAIAAJ&pg=PA199&vq=&as_brr=3&source=gbs_search_s&cad=0 ''Dizionario di erudizione storico-ecclesiastica''.] Vol. XLV, páx. 199.</ref>
 
A contenda foi sostida polos seus herdeiros [[Carlos II de Sicilia]] (1285-1309), pola parte anxevina, e [[Afonso III de Aragón|Afonso III]] e [[Xaime II de Aragón|Xaime II]] pola aragonesa. Finalmente, tras o esgotamento do exército anxevino, asinouse en [[1302]] a [[paz de Caltabellota]], que supuxo
Liña 75:
 
=== Unión final dos dous Reinos ===
Os dous Reinos estiveron separados até [[1442]], cando o rei de [[Coroa de Aragón|Aragón]] [[Afonso V de Aragón|Afonso V o Magnánimo]] conquistou o [[Reino de Nápoles]] e unificou ambos os Reinos. O Reino de Sicilia desvinculouse da [[Anjou|casa de Anjou]] e constitiuse en dominio dos reis de [[Coroa de Aragón|Aragón]], non da corte nin do [[Coroa de Aragón|Reino de Aragón]], senón do propio rei e a título individual.
 
== As vésperas sicilianas na cultura ==