Diferenzas entre revisións de «Guillerme III de Sicilia»

m
Arranxos varios
m (engado a Categoría:Finados en 1198 mediante HotCat)
m (Arranxos varios)
 
{{Ficha de nobre
|nome = Guillerme III de Sicilia
}}
 
'''Guillerme III de Sicilia''', nado probabelmente contra [[1186]],<ref name=G/> e finado en [[1198]] en Schloß Hohenems, [[Alemaña]],<ref name=T>[http://fmg.ac/Projects/MedLands/SICILY.htm#_Toc174790034 Tancred King of Sicily].</ref> foi [[Reino de Sicilia|rei de Sicilia]] durante un breve período, do [[20 de febreiro]] ao [[25 de decembro]] de [[1194]], baixo a rexencia da súa nai.
 
Foi o último descendente da casa dos [[casa de Hauteville|Hauteville]] que reinou no Reino de Sicilia antes da chegada da casa dos [[Hohenstaufen]].
Guillerme foi o segundo fillo e sucesor do rei [[Tancredo de Sicilia|Tancredo]] e da súa esposa [[Sibila de Acerra]].<ref name=T/>
 
Subiu ao trono o [[20 de febreiro]] de [[1194]] tras a morte de seu pai. Desde setembro do ano anterior era correi tras a súbita morte do seu irmán maior [[Roger III de Sicilia|Roger III]]), porque seu pai, pouco antes de falecer, coroárao simbolicamente para asegurar a continuidade dinástica e contrarrestar as pretensións xermánicas dos [[Hohenstaufen]], que reclamban o trono dos normandos desde a morte sen descendencia do rei [[Guillerme II de Sicilia|Guillerme II]].<ref name=G>[http://www.treccani.it/enciclopedia/guglielmo-iii-d-altavilla-re-di-sicilia_(Dizionario-Biografico)/ Guglielmo III d'Altavilla, re di Sicilia].</ref> Debido á súa curta idade, quedou baixo a [[rexencia]] da súa nai (como sucedera co seu irmán Roger).
 
A historiografía considera porén pouco probábel que Tancredo puidera asistir a esta coroación, iniciativa que seguramente fora obra de Sibila que, como rexente na que recaera a carga de organizar a resistencia na illa contra as tropas de [[Henrique VI, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico|Henrique VI Hohenstaufen]], que viña reclamando o Reino desde varios anos antes baseándose nos dereitos da súa esposa, [[Constanza I de Sicilia]], filla póstuma do rei [[Roger II de Sicilia]], e pretendente lexítima desde [[1189]].<ref name=G/>
=== Derrocamento e morte ===
 
En maio de [[1194]], Henrique VI volveu a [[Italia]], onde acaba de morrer Tancredo. O exército Imperial encontrou pouca resistencia e Henrique foi coroado como rei de Sicilia o [[25 de decembro]]. O mozo Guillerme foi capturado e obrigado a ceder a súa coroa. Foi torturado antes de que lle sacaran os ollos de ser castrado. Despois foi enviado ao exilio a [[Alemaña]] (talvez a [[Alsacia]] ou ao hoxe [[cantón dos Grisóns]]), onde morreu en condicións escuras, probabelmente pouco despois.{{Harvnp|Bogdan|2003|p= 114}}
 
Henrique Hohenstaufen emprendeu nese mesmo día un masacre sanguento dos baróns normandos. Os nobres e os bispos que asistiran á coroación do seu rival Tancredo foron queimados vivos nun campo cerca de [[Palermo]], a cincocentos metros do palacio real. Henrique fixo logo desenterrar os restos de Tancredo e do seu fillo Roger, aos que lles arricou as súas coroas de ouro antes de mandar decapitar os seus cadáveres. O único fillo do seu matrimonio con Constanza, o futuro [[Federico II Hohenstaufen|Fededrico II]], naceu ao día seguinte en Iesi, cerca de [[Ancona]].{{Harvnp|Bogdan|2003|p= 114}}
 
Segundo algunhas fontes, Guillerme III morreu en torno ao ano [[1198]], prisioneiro en Schloß Hohenems (Alemaña).<ref name=T/>
|19= 19. Isabel de Sevilla
}}
 
 
{{Sucesión
=== Ligazóns externas ===
* Francesco Panarelli, [http://www.treccani.it/enciclopedia/guglielmo-iii-d-altavilla-re-di-sicilia_(Dizionario-Biografico)/ Guglielmo III d'Altavilla, re di Sicilia], en ''Dizionario Biografico'' Treccani {{it}}. Consultada o 9 de novembro de 2016.
* [http://fmg.ac/Projects/MedLands/SICILY.htm#_Toc174790034 Guillaume (1186-1198), son of Tancred di Lecce], en Projects/MedLands {{en}}. Consultada o 9 de novembro de 2016.
 
{{ORDENAR:Guillerme III de Sicilia}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Guillerme III de Sicilia}}
 
[[Categoría:Reis de Sicilia]]
[[Categoría:Historia de Sicilia]]
393.002

edicións