Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios
 
== Proceso de Burgos ==
Natural da localidade guipuscoana de [[Tolosa, España|Tolosa]], estudou comercio e delineación e foi mecánico de profesión. Comezou a súa militancia política durante a [[década de 1960]], militando na organización sindical ilegal Comisións Obreiras.
 
Entre 1966 e [[1966|1967]] comezou a militar en [[Euskadi Ta Askatasuna]] (ETA), que por aquel entón estaba aínda nunha primeira fase do seu desenvolvemento (aínda non cometera ningún asasinato). Identificado pola [[Garda Civil]] en novembro de 1967 mentres repartía panfletos subversivas, foxe desta e pasa á clandestinidade. Cando ETA cometeu os seus primeiros asasinatos políticos en 1968 (José Pardines e Melitón Mazás) a represión do réxime franquista contra a aínda incipiente ETA se intensificou, detendo a moitos dos seus membros e deixando á organización practicamente desarticulada. Jokin Gorostidi foi detido pola Garda Civil en [[Éibar]] o [[8 de marzo]] de [[1969]].
 
Cun fin exemplarizante, o goberno organizou un macroproceso xudicial contra dezaseis membros de ETA, entre eles Gorostidi, que foron acusados dos asasinatos de Pardines, Manzanas e do taxista Fermín Monasterio. Este proceso, coñecido como [[Proceso de Burgos]] celebrouse en decembro de 1970 e foi un dos episodios máis convulsos do Tardofranquismo. Gorostidi foi condenado a dúas penas de morte, pero as presións que recibiu o goberno de Franco dende numerosas instancias nacionais e internacionais fixo que ós condenados á morte en devandito proceso, entre eles Gorostidi, se lles fosen conmutadas as condas a morte por penas de cárcere.
Tras saír do cárcere pasou a militar na organización política independentista e socialista [[Herri Alderdi Sozialista Iraultzailea]] (HASI, nome en [[Lingua éuscara|éuscaro]] traducible como Partido Socialista Revolucionario Popular). En [[1978]] HASI foi un dos partidos políticos que formaron a coalición electoral [[Herri Batasuna]] (HB). Dende a fundación de Herri Batasuna en outubro de 1978 até abril de 1992, Gorostidi formou parte da Mesa Nacional (dirección colexiada) de HB.
 
Dentro da Mesa Nacional, Gorostidi foi durante moitos anos o encargado de relacións internacionais e tamén o responsable da tesouraría da coalición. Foi elixido por primeira vez [[Parlamento Vasco|parlamentario vasco]] en [[1980]]. Sería reelixido noutras 3 ocasións, permanecendo neste cargo até [[1994]]. Tamén foi un dos cargos electos de HB que en febreiro de 1981 participaron nos incidentes nos que se impediu ao rei de España intervir na [[Casa de Xuntas de Gernika|Casa de Xuntas de Guernica]] entoando o "[[Eusko Gudariak]]". Por este feito foi procesado.
 
En [[1992]] non foi renovado como membro da Mesa Nacional, pasando a ser membro unicamente do ''Biltzarra'' (Asemblea) da coalición. A partir de devandito momento e sobre todo tras cesar como parlamentario en 1994, quedaría afastado da primeira liña da política.
381.287

edicións