393.002
edicións
m (Arranxos varios) |
|||
En [[bioloxía]] e [[microbioloxía]], un '''quiste''' é un estadio en repouso ou [[dormencia|durmente]] dun microorganismo, xeralmente unha [[bacteria]] ou [[protista]] e tamén algúns animais [[invertebrado]]s, que axuda a ese organismo a sobrevivir en condicións ambientais desfavorables. Pode considerarse como un estadio de animación suspendida, no cal os procesos [[metabolismo|metabólicos]] da célula quedan ralentizados e a célula cesa todas as actividades como a alimentación e locomoción. O '''enquistamento''' tamén axuda aos microbios a dispersarse doadamente desde un [[hóspede]] a outro ou a un ambiente máis favorable. Cando os microbios enquistados chega a un ambiente favorable para o seu crecemento e supervivencia, a parede do quiste rompe por un proceso chamado ''exquistación'' ou desenquistación.
As condicións ambientais desfavorables como a falta de nutrientes ou oxíxeno, as temperaturas extremas, a falta de humidade e a presenza de compostos químicos tóxicos, que non contribúen ao crecemento do [[microbio]]<ref name="Nester">Eugene W. Nester, Denise G. Anderson, C. Evans Roberts Jr., Nancy N. Pearsall, Martha T. Nester; ''Microbiology: A Human Perspective'', 2004, Fourth Edition, ISBN 0-07-291924-8</ref> desencadean a formación do quiste.
== Formación de quistes en distintos grupos ==
=== En protistas ===
Os [[protista]]s, especialmente os [[protozoo]]s parasitos, son a miúdo expostos a condicións moi duras en varios estadios do seu ciclo vital. Por exemplo, ''[[Entamoeba histolytica]]'', un parasito intestinal común que causa [[disentería]], ten que resistir o ambiente moi ácido do [[estómago]] antes de que alcance o [[intestino]], e soportar varias condicións impredicibles como o [[desecamento]] e a falta de nutrientes mentres está fóra do seu hóspede.<ref name="MedMicro">
=== En invertebrados ===
* [[Trofozoíto]]
* [[Criptobiose]]
[[Categoría:Microbioloxía]]
|