Diferenzas entre revisións de «Branquiúros»

m
→‎top: Arranxos varios
m (→‎top: Arranxos varios)
Os '''branquiúros''' ('''Branchiura''') son unha [[subclase]] de [[crustáceos]] [[maxilópodos]] que comprende unhas 130 [[especies]]<ref name=Brusca>Brusca, R. C. & Brusca, G. J., 2005. ''Invertebrados'', 2ª edición. McGraw-Hill-Interamericana, Madrid (etc.), XXVI+1005 pp. ISBN 0-87893-097-3.</ref> clasificadas todas nunha soa [[orde (bioloxía)|orde]], os arguloides ('''Arguloida'''), e unha soa [[familia (bioloxía)|familia]], os argúlidos ('''Argulidae'''), composta polos [[xénero (bioloxía)|xéneros]] ''[[Argulus]]'', ''[[Dolops]]'' e ''[[Chonopeltis]]''.
 
Os branquiúros son fundamentalmente [[ectoparasito]]s de [[peixes]] mariños e de auga doce, aínda que tamén hai algunhas especies de vida libre. A diferenza dos [[copépodos]], ademais do único ollo fusionado, posúen dous [[ollo simple|ollos simples]] a cada lado da cabeza.
 
O corpo dos branquiúros é traslúcido, ata o punto de que o que mellor se aprecia é a zona abdominal, onde se encontra o aparato dixestivo. Estes [[parasito]]s adoitan fixarse ás [[branquia]]s dun peixe, ás veces en cantidades tan grandes que poden causar a morte do animal [[hóspede]]. As súas [[mandíbula (artrópodos)|mandíbulas]] están reducidas, presentan beiras cortantes e están aloxadas dentro dun aparato en forma de [[estilete]] chamado probóscide, mentres que os [[apéndice (artrópodos)|apéndices]] se reducen, sen chegaren a desaparecer de todo. A diferenza dos copépodos parasitos, os branquiúros non recuperan a súa forma libre unha vez que iniciaron a súa etapa parasitaria ata o final da súa vida na época de apareamento.
393.002

edicións