Philadelphia Eagles: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Traducido da wikipedia en lingua inglesa (en:Philadelphia Eagles)
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 68:
Tras unha moi boa temporada 1961, ao ano seguinte chegaron malos tempos. Jerry Wolman, previa consulta co seu vello amigo Brandon Sturrock, comprou a franquía en 1963 aos "Happy Hundred", un grupo de inversores que foran donos do equipo desde 1949 até 1963, por 5.505.000 [[dólar estadounidense|dólares]] (cantidade actualmente equivalente a 42.621.864 dólares). Anos despois, en 1969, hai unha nova mudanza de propietario coa chegada de Leonard Tose, quen compra a franquía por 16.155.000 dólares (104.421.112 dólares actualmente), por entón récord para unha franquía deportiva profesional. O primeiro acto de Tose á fronte do equipo foi o de despedir ao adestrador Joe Kuharich, que levaba un decepcionante rexistro de 24 vitorial por 41 derrotas e 1 empate en cinco anos. En substitución de Kuharich, asinou ao ex-xogador do club Pete Retzlaff como director xeral e a Jerry Williams como adestrador. Coa fusión da NFL e a AFL en 1970, os Eagles foron colocados na [[NFC Leste]] cos seus arquirrivais [[New York Giants]], os [[Washington Redskins]] e os [[Dallas Cowboys]]. A súa rivalidade cos de [[Nova York]] é a máis antiga da NFC Leste, xa que se remonta até [[1993]], sendo aínda hoxe considerada como unha das rivalidades máis grandes da NFL.
 
En 1976, Dick Vermeil foi contratado como adestrador dos Eagles procedente da UCLA (Universidade de California Os Ánxeles). O equipo de Fildelfia tan só conseguira entre 1962 e 1975 unha temporada con máis vitorias que derrotas. Con todo, da man de Vermeil e do quarterback [[Ron Jaworski]] o equipo se clasifica aos playoffs durante catro temporadas consecutivas a partir de 1978.
 
== Xogadores ==