Diferenzas entre revisións de «Philadelphia Eagles»

Traducido da wikipedia en lingua inglesa (en:Philadelphia Eagles)
(Traducido da wikipedia en lingua inglesa (en:Philadelphia Eagles))
 
Despois da temporada 1947, os Eagles mudáronse dende o Connie Mack Stadium ao Franklin Field da Universidade de Pensilvania. Este estadio permitía acoller até 60.000 espectadores, aumentando os anteriores 30.000 do Connie Mack.<ref name="The Eagles Encyclopedia">{{cite book|title=The Eagles Encyclopedia |last=Didinger |first=Ray |author2=Robert S. Lyons |year=2005 |publisher=Temple University Press|isbn=1-59213-449-1 |url=}}</ref> En 1969 o estadio mudou o céspede por AstroTurf, sendo a primeira franquía da NFL en utilizar céspede artificial. En 1960, os Eagles gañaron o seu terceiro campionato da NFL, baixo o liderado dos futuros membros do [[Pro Football Hall of Fame]] Norm van Brocklin e Chuck Bednarik; o adestrador en xefe era Buck Shaw. Os Eagles de 1960, cun marcador de 17-13, convertéronse no único equipo en derrotar a [[Vince Lombardi]] e os seus [[Green Bay Packers]] nos playoffs.<ref>{{cita web|url=http://bleacherreport.com/articles/32885-philadelphia-eagles-the-1960-nfl-champions|título=Philadelphia Eagles: The 1960 NFL Champions|data=26 de xuño de 2008|autor=Klinkner, Chris|lingua=inglés}}</ref>
 
=== Caída e rexurdimento (1961-1975) ===
Tras unha moi boa temporada 1961, ao ano seguinte chegaron malos tempos. Jerry Wolman, previa consulta co seu vello amigo Brandon Sturrock, comprou a franquía en 1963 aos "Happy Hundred", un grupo de inversores que foran donos do equipo desde 1949 até 1963, por 5.505.000 [[dólar estadounidense|dólares]] (cantidade actualmente equivalente a 42.621.864 dólares). Anos despois, en 1969, hai unha nova mudanza de propietario coa chegada de Leonard Tose, quen compra a franquía por 16.155.000 dólares (104.421.112 dólares actualmente), por entón récord para unha franquía deportiva profesional. O primeiro acto de Tose á fronte do equipo foi o de despedir ao adestrador Joe Kuharich, que levaba un decepcionante rexistro de 24 vitorial por 41 derrotas e 1 empate en cinco anos. En substitución de Kuharich, asinou ao ex-xogador do club Pete Retzlaff como director xeral e a Jerry Williams como adestrador. Coa fusión da NFL e a AFL en 1970, os Eagles foron colocados na [[NFC Leste]] cos seus arquirrivais [[New York Giants]], os [[Washington Redskins]] e os [[Dallas Cowboys]]. A súa rivalidade cos de [[Nova York]] é a máis antiga da NFC Leste, xa que se remonta até [[1993]], sendo aínda hoxe considerada como unha das rivalidades máis grandes da NFL.
 
En 1976, Dick Vermeil foi contratado como adestrador dos Eagles procedente da UCLA (Universidade de California Os Ánxeles).
 
== Xogadores ==
56.543

edicións