A divina comedia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m + info e refs.
Liña 2:
[[Ficheiro:Alighieri - Divina Commedia, Nel mille quatro cento septe et due nel quarto mese adi cinque et sei - 2384293 id00022000 Scan00006.jpg|thumb|''Comencia la Comedia'', 1472]]
 
'''''A Divina Comedia''''', tamén coñecida como '''''Comedia''''' ou '''''Divina Comedia''''' (en [[Lingua italiana|italiano]] ''Commedia'' /{komˈmɛdja/ ou ''Divina Commedia'' /diˈvina komˈmɛdja/) é un [[poema]] de [[Dante Alighieri]] escrito en [[lingua vernácula]], o [[dialecto]] [[Toscana|toscano]] de [[Florencia]], entre [[1308]] e a súa morte en [[1321]]. O adxectivo ''Divina'', atribuído a [[Giovanni Boccaccio|Boccaccio]], atópase soamente a partir da edición impresa en [[1555]] por Ludovico Dolce. A ''Commedia'' é a obra de Dante máis coñecida e unha importante testemuña da [[Civilización occidental|civilización]] [[Idade Media|medieval]]. Coñecida e estudada en todo o mundo, considérase unha das obras mestras da [[literatura]] do mundo de tódolos tempos<ref>Vexa [[Harold Bloom]] (The Western Canon: The Books and School of the Ages ){{en}}, ''Il canone occidentale'', Bompiani, Milano, 1996 {{it}}, [[Erich Auerbach]], ''Studi su Dante'', Feltrinelli, Milano 1964 {{it}} ''e al.''. Esta catalogada nos ''Grandes Libros do mundo [[Occidente|occidental]]'' ''Great Books of the Western World'' {{en}}.</ref>.
 
Foi traducida ao galego por [[Darío Xohán Cabana]], publicada en [[1990]] polo Servizo Central de Publicacións da Consellaría da Presidencia e Administración Pública, e galardoada u ano máis tarde coa Medalla de Ouro de [[Florencia]]<ref>[http://www.culturagalega.org/lg3/novidade_xenero.php?Cod_prdccn=2766 Ficha] no sitio web LG3.</ref>. Con todo, volvería ser retraducida polo mesmo tradutor e publicada de novo por [[Edicións da Curuxa]] en [[2014]]<ref>[http://edicionsdacuruxa.blogspot.com.es/2014/11/a-divina-comedia-de-dante-alighieri.html ''A Divina Comedia de Dante Alighieri''], na páxina web de Edicións da Curuxa.</ref>.
 
== Composición ==
A ''A Divina Comedia'' está dividida en tres cánticos compostos por trinta e tres [[canto (Poesía|cantos]] cada un.
 
Os tres cánticos chamados ''cantiche'' (plural en italiano de ''cantica'') son : ''Inferno'' ([[Inferno]]), ''Purgatorio'' ([[Purgatorio]]) e ''Paradiso'' ([[Paraíso]]); O ''Inferno'' contén un canto adicional de apertura. O poeta narra unha viaxe a través dos tres reinos supra terrenais que o levan á visión da [[Santa Trindade|Trindade]]. A súa representación [[Imaxinación|imaxinaria]] e [[Alegoría|alegórica]] do inframundo [[Cristianismo|cristián]] é un dos cumios da visión do mundo medieval desenvolvido pola [[Igrexa Católica]].