George S. Patton: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 44:
|sinatura_tamaño=175
}}
'''George Smith Patton Jr.''', nado en [[San Gabriel, California|San Gabriel]], ([[California]]), o [[11 de novembro]] de [[1885]] e finado en [[Heidelberg]], ([[Alemaña]]) o [[21 de decembro]] de [[1945]], coñecido tamén como o '''Xeneralxeneral Patton''', foi un oficial do [[Exército dos Estados Unidos de América|exército dos Estados Unidos]]. Comandou o 7º Exército dos Estados Unidos nos teatros de operacións [[Teatro de operacións Europeo na Segunda Guerra Mundial|de Europa]] e [[Teatro de operacións Mediterráneo na Segunda Guerra Mundial|do Mediterráneo]] durante a [[Segunda Guerra Mundial]], aínda que é máis coñecido por liderar o 3º Exército dos Estados Unidos en [[Fronte Occidental (Segunda Guerra Mundial)|Francia e Alemaña]] trala [[Desembarco de Normandía|invasión de Normandía]] por parte dos [[Aliados da Segunda Guerra Mundial|Aliados]] en xuño de 1944.
 
Nado en 1885 no seo dunha familia cunha longa tradición militar, Patton asistiu ó [[Instituto Militar de Virxinia]] e posteriormente á [[Academia Militar dos Estados Unidos]] en [[West Point, Nova York|West Point]]. Participou nos [[Xogos Olímpicos de 1912]] na disciplina de [[péntatlon moderno|péntatlon]], acadando a quinta posición. Tras esta participación, Patton estudou [[esgrima]] en [[Francia]], e deseñou o [[Sabre de Cabalería M1913]], que pasaría a ser coñecido como a "Espada Patton" e do que o Departamento de Guerra ordenou producir 20 000 unidades en 1913. Nese mesmo ano Patton foi destinado como "Mestre da Espada" e principal instrutor dun novo curso de loita con espadas na Mounted Service School de [[Fort Riley, Kansas|Fort Riley]], Kansas.