Museo Thyssen-Bornemisza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Elisardojm (conversa | contribucións)
Achegar
Liña 20:
| Web = [http://www.museothyssen.org/ www.museothyssen.org]
}}
O '''Museo Thyssen-Bornemisza''' é unha [[pinacoteca]] de mestres antigos e modernos situada en [[Madrid]] ([[España]]). A súa existencia débese ao acordo de [[arrendamento]] ([[1988]]) e á posterior adquisición, por parte do Goberno español ([[1993]]), do núcleo máis valioso da colección privada reunida ao longo de sete décadas pola [[familia Thyssen-Bornemisza]]. Este fondo artístico aportouachegou numerosos exemplos de pintores estranxeiros ausentes dos museos españois, desde o [[pintura gótica|gótico]] dos séculos [[século XIV|XIV]] e [[século XV|XV]] ([[Duccio]], [[Jan van Eyck]]) ata o ''[[pop art]]'' e os [[anos 1980]] ([[Roy Lichtenstein]], [[Lucian Freud]]), polo que veu a complementar o repertorio exposto nos dous principais centros estatais, o [[Museo do Prado]] e o [[Museo Raíña Sofía|Raíña Sofía]]. A apertura do Museo Thyssen-Bornemisza en 1992 deu lugar, ao unirse a estes dous museos, ao chamado ''[[Triángulo da Arte]]'' do [[paseo del Prado]], área museística de Madrid que concentra o acervo pictórico máis importante de España.
 
A institución, xestionada por unha [[fundación (dereito)|fundación]] baixo control público, ten a súa sede nun edificio histórico, o [[Palacio de Villahermosa]], onde exhibe o groso da súa colección: máis de 700 obras (outras sesenta expóñense en depósito no [[MNAC]] de [[Barcelona]]). Grazas a un anexo sumado en [[2004]] ampliou a súa exhibición cunhas 240 pezas máis, prestadas por [[Carmen Cervera]], viúva do [[Hans Heinrich Thyssen-Bornemisza|barón Thyssen]]. Paralelamente, o museo alberga múltiples exposicións temporais.