Pireneos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Amalgama > amálgama.
Almaffi (conversa | contribucións)
Liña 94:
Entre as [[aves]], o rei indiscutíbel e o [[quebraosos]]. Extinguido en case toda [[Europa]], é no Pireneo onde a especie encontrou o seu último refuxio, actualmente en expansión e provendo exemplares para proxectos de cría e recuperación nos [[Alpes]]. Crese que existen unhas 90-95 parellas e 500-600 quebraosos. O gran depredador dos aires pirenaicos é a [[aguia real]], seguida dunha amálgama de especies nocturnas e diúrnas como son os [[abelleiro]]s, [[miñato real|miñatos reais]] ou negros, [[falcón]]s, [[lagarteiro]]s, [[bufo|bufos reais]] ou o rarísimo [[moucho boreal]] que pasou de considerarse extinto a ofrecer una poboación en torno ás 80 parellas, así como aves necrófagas, como o [[voitre común|voitre leonado]], os [[voitre pequeno|voitres pequenos]] e ultimamente un recén chegado en expansión, o [[voitre negro]].
 
No bosque a [[pita do monte]] atópase en perigo de extinción. Xunto a ela, unhas 120 especies de pequenas aves entre as que destacan o [[peto negro]] e o [[peto real]]. Na alta montaña vive unha das grandes xoias pirenaicas, a [[perdiz brancadas neves]] ou lagópodo alpino.
 
== Notas ==