Cultura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo lingua
Miguelferig (conversa | contribucións)
ligazón
Liña 32:
 
== Vantaxes da cultura ==
A principal vantaxe da cultural é o chamado '''mecanismo adaptativo''': a capacidade de responder ao medio por medio da mudanza de hábitos, máis rápida do que unha posíbel [[evolución]] biolóxica. O home non precisou, por exemplo, desenvolver longa [[pelaxe]] e grosas capas de gordura baixo a pel para vivir en ambientes máis fríos – el simplemente adaptouse co uso de [[roupa]]s, do [[lume]] e de [[vivenda]]s. A evolución cultural é máis rápida que a biolóxica. Así e todo, ao rexeitar a evolución biolóxica, o home tórnase dependente da cultura, pois esta actúa substituíndo elementos que constituirían o ser humano; a falta dun destes elementos (i.e., a supresión dun aspecto da cultura) causaría o mesmo efecto dunha amputación ou defecto físico, talvez aínda peor.
 
Alén diso a cultura é tamén un '''mecanismo cumulativo'''. As modificacións realizadas por unha xeración pasan á xeración seguinte, de modo que a cultura transformase perdendo e incorporando aspectos máis adecuados á sobrevivencia, reducindo o esforzo das novas xeracións.