Diferenzas entre revisións de «Positivismo»

Curiosamente, nos últimos escritos da súa vida, Comte deriva cara posturas sentimentalistas e irracionais elaborando unha Relixión da Humanidade, na que se rendería culto ós grandes homes de ciencia, así como a toda unha serie disparatada de personalidades moi variadas, entre as que incluso atópanse amigos persoais seus. Esta relixión positiva gozou dalgunha implantación social en cidades como Londres, París e Río de Xaneiro.
 
De todas formas, a deriva relixiosa do positivismo non foi secundada por autores posteriores, por exemplo Mach, que se mantivo dentro dos marxes dun cientificismo extremo. Baixo a influencia deste último e a do austríaco [[Ludwig Wittgenstein]] (1889-1951), o positivismo cientificista transformase no século XX dando lugar ó [[Neopositivismoneopositivismo]]. O manifesto fundacional deste publicouse en 1929 co nome de ''Wissenschaftliche Weltauffassung: Der Wiener Kreis'' (''Concepción científica do mundo: Círculo de Viena''). Este caracterizase por presentar un enfoque da metodoloxía científica elaborado de forma precisa por medio da [[lóxica]] formal, así como por intentar reducir toda investigación científica ó método e linguaxe da [[física]] (fisicalismo). A través deste programa filosófico e científico o neopositivismo contribuíu a impulsar notablemente a [[filosofía da ciencia]] durante o século XX.
 
En [[Dereitodereito]], denomínase [[positivismo xurídico]] á ciencia xurídica que só admite a existencia de leis positivas. Consisten unicamente en convencións humanas excluíndo que haxa outras leis de maior rango, ben de carácter natural ou ben de carácter teolóxico.
 
== Notas ==
10.315

edicións